Estamos quentando motores para o Samaín, que este ano sabedes que será máis ben Samagosto. Aínda que a celebración principal será o día 6 de novembro, a Biblioteca xa puxo as galas para recibilo con decoración propia e as máscaras elaboradas para o concurso de Halloween e o alumnado de música de 4º de ESO xa está a tope coa ambientación dos vosos relatos de medo. Ademais fixemos unha selección de lecturas de terror para que pasedes unha noite de Samaín totalmente terrorífica.
Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
mércores, 31 de outubro de 2018
venres, 26 de outubro de 2018
CARTEL CLUB DE LECTURA
Mirade que tremendo cartel nos fixeron os alumn@s de 3º de ESO xunto coa súa profesora Ana en E. Plástica! Moitísimas grazas!!
Agora só falta que tod@s vos animedes a participar no Club de Lectura 😉. Agardámosvos na Biblioteca!!
Agora só falta que tod@s vos animedes a participar no Club de Lectura 😉. Agardámosvos na Biblioteca!!
martes, 23 de outubro de 2018
DÍA DA BIBLIOTECA
Queremos
celebrar este 24 de outubro, día da Biblioteca, facéndovos partícipes dos fondos
da nosa biblioteca. Na mesa expositor da entrada do edificio de Secundaria hai uns
exemplares de libros que van ser expurgados así que, que mellor que cadaquén leve o que máis lle interese?!
Simplemente tedes que escoller o exemplar (ou exemplares)
que vos interesen e levalos para a vosa biblioteca persoal.
Botade un ollo e apurade antes de que se rematen!!
domingo, 14 de outubro de 2018
QUENTANDO PARA O SAMAÍN
QUEREDES PASALO DE MEDO?
SACADE O STEPHEN KING QUE LEVADES DENTRO E ESCRIBIDE UN RELATO DE MEDO, CANTO MÁIS TERRORÍFICO MELLOR.
ENTREGÁDEO NA BIBLIOTECA ATA O 26 DE OUTUBRO E OS MELLORES LERANSE O DÍA DO SAMAÍN CUNHA AMBIENTACIÓN MOI ESPECIAL DA MAN DOS ALUMNOS DE MÚSICA DE 4º.
ANIMÁDEVOS!
luns, 24 de setembro de 2018
BENVIDA AO NOVO CURSO 2018-19!
Ola a tod@s!
Comezamos un novo curso cheo de novos proxectos e, que mellor que facelo con música?
Para abrir boca o alumnado de 3º de Primaria a 4º de ESO e o resto da comunidade educativa puidemos gozar cun recital músico-poético da man do cantautor Manoele de Felisa, que fixo unha homenaxe musical aos poetas galegos e co que presentamos o lema da Biblioteca deste curso:"Poéticas diversas na biblioteca escolar".
Grande actuación para o comezo dun gran curso. Moitas grazas por acompañarnos!
martes, 5 de xuño de 2018
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Un ano máis deixamos as nosas recomendacións lectoras para o verán !

O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESÉXALLES A TODOS OS USUARIOS UN FELIZ VERÁN !

luns, 14 de maio de 2018
PEDRO PÉREZ
O noso persoeiro deste ano é Pedro Pérez , un estremeño que estivo moi vinculado a Boqueixón por exercer de veterinario durante anos.
A súa entrega aos habitantes deste Concello, en especial a Ponte Ledesma foi tal que creou unha Fundación que leva o seu nome.
O obxectivo de dita Fundación é o apoio á formación universitaria de estudantes boqueixoneses preferentemente de medicina ou veterinaria.
![]() |
Quen foi Pedro Pérez e que vinculación tivo con Boqueixón . |
![]() |
A Fundación de Pedro Pérez |
![]() |
Documentos relacionados coa Fundación |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)