Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
luns, 24 de setembro de 2018
BENVIDA AO NOVO CURSO 2018-19!
Ola a tod@s!
Comezamos un novo curso cheo de novos proxectos e, que mellor que facelo con música?
Para abrir boca o alumnado de 3º de Primaria a 4º de ESO e o resto da comunidade educativa puidemos gozar cun recital músico-poético da man do cantautor Manoele de Felisa, que fixo unha homenaxe musical aos poetas galegos e co que presentamos o lema da Biblioteca deste curso:"Poéticas diversas na biblioteca escolar".
Grande actuación para o comezo dun gran curso. Moitas grazas por acompañarnos!
martes, 5 de xuño de 2018
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Un ano máis deixamos as nosas recomendacións lectoras para o verán !

O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESÉXALLES A TODOS OS USUARIOS UN FELIZ VERÁN !

luns, 14 de maio de 2018
PEDRO PÉREZ
O noso persoeiro deste ano é Pedro Pérez , un estremeño que estivo moi vinculado a Boqueixón por exercer de veterinario durante anos.
A súa entrega aos habitantes deste Concello, en especial a Ponte Ledesma foi tal que creou unha Fundación que leva o seu nome.
O obxectivo de dita Fundación é o apoio á formación universitaria de estudantes boqueixoneses preferentemente de medicina ou veterinaria.
![]() |
| Quen foi Pedro Pérez e que vinculación tivo con Boqueixón . |
![]() |
| A Fundación de Pedro Pérez |
![]() |
| Documentos relacionados coa Fundación |
MARÍA VICTORIA MORENO
O alumnado de 4º de ESO realizou un traballo de investigación sobre a figura homenaxeada este 17 de maio.
Descubriron a María Victoria Moreno e ofrecéronlle á Comunidade Educativa unha mostra do seu labor no ámbito literario, educativo e tamén no plano persoal.
Aquí volo deixamos !
sábado, 12 de maio de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
xoves, 10 de maio de 2018
domingo, 29 de abril de 2018
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018
O 17 de maio homenaxeamos a figura de María Victoria Moreno, unha estremeña que optou por Galicia e a súa lingua.
Ofrecémosvos nesta ligazón material diverso sobre
esta muller que dedicou a súa vida á docencia e á escrita. Con esta proposta da Real Academia Galega podedes achegarvos á súa vida, á súa profesión e ao seu pensamento.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












