Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

sábado, 30 de setembro de 2017

O PERGAMIÑO VINDEL, UNHA XOIA DA NOSA LITERATURA


       





 Chega a Galicia
        o Pergamiño Vindel 



 
The Morgan Library & Museum de Nueva York, cedeulle á Universidade de Vigo o Pergamiño Vindel, un manuscrito escrito a catro columnas en tinta negra, vermella e azul que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax, o trobador da ría de Vigo.

Este texto da literatura medieval galego-portuguesa estará exposto no Museo do Mar de Galicia durante cinco meses.

O pergamiño Vindel do século XIII é a única mostra musicada ( só a última cantiga non está acompañada de pentagramas ) que se conserva do cancioneiro profano da Idade Media xunto co Pergamiño Sharrer que recolle sete composicións de Don Dinís, rei de Portugal.

O seu nome débese ao libreiro Pedro Vindel (1865-1921) que o atopou fortuitamente en 1914 mentres desmontaba as gardas dun exemplar do texto De officiis de Cicerón, un volume do século XIV coa encadernación do século XVIII, é dicir, facía de forro !

        Cantiga de amigo de  Martín Códax          
                                   
    

mércores, 13 de setembro de 2017


O Equipo da Biblioteca dávos a benvida !
Comezamos unha nova andaina e cun novo lema para este curso escolar 2017/2018 : "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" .
Ralph W. Emerson ( século XIX, político e pensador estadounidense) :
“ O PENSAMENTO É A SEMENTA DA ACCIÓN “.

Un lema que nos invita a desenvolver o noso pensamento crítico, que nos invita a aprender a pensar... Como ? Pois, a través de contos, de lecturas de ficción, de investigacións, da poesía, co cine, do teatro, da música, das actividades compartidas...
O motor que nos vai guiar é a curiosidade, a capacidade de asombro e a necesidade de buscar respostas a tantos e tantos misterios e fenómenos que nos rodean.
Se queredes acompañarnos as portas están abertas e xuntos atoparemos as respostas !

venres, 23 de xuño de 2017

sábado, 3 de xuño de 2017

O NOSO PERSOEIRO BOQUEIXONÉS

         Un ciclista entre nós. O noso persoeiro é Vicente López Carril, ciclista de fama internacional. Queredes saber algo máis del. Premede na imaxe.

https://issuu.com/home/docs/presentaci__n_de_vicente_carril_/edit/embed

venres, 2 de xuño de 2017

UN MURAL PARA CARLOS CASARES


Co gallo do día das Letras Galegas, adicado este ano a Carlos Casares, fixemos un mural para decorar o escenario do salón de actos onde  tiveron lugar todas as actuacións da Semana Cultural.
Que chulo lles quedou ! A que si !

OS PROFES TAMÉN LÍAN


    Os nosos MESTRES trouxeron unha fotografía de cando pequenos acompañada dun libro que lles gustara moito sendo moi noviños. 

QUE IDEA TAN ORIXINAL !


 

PADRIÑOS E AFILLADOS


       Durante todo o curso, estivemos traballando na biblioteca con este proxecto iniciado a ano pasado. Os nenos de 5 anos de Infantil foron agora os que lle leron os contos aos de 6º, os seus padriños. Antes, viñan lendo os maiores aos máis pequenos pero agora que xa saben ler, satisfacíalles máis facer ó outro xeito.