Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

mércores, 31 de maio de 2017

VERSIONANDO A ARTE !

Presentámosvos o Proxecto de Versionando a ARTE !!! FANTÁSTICO TRABALLO VERSIONAMOS A ARTE ! PhotoPeach

luns, 29 de maio de 2017

SELFIES LECTORES


       Co fin de potenciar a lectura en familia, propuxemos una nova tarefa dende a biblioteca. Esta vez, tratouse de facer un selfie en familia no momento que se lle adica á lectura na casa. 
        GRANDES SELFIES !!!!   GRATAS LECTURAS !!!!





mércores, 24 de maio de 2017

MARCADORES PERSOAIS


      Cada titoría fixo o deseño propio duns marcadores para ir á Biblioteca co fin de sinalar o espazo onde se sacou un libro para logo volver a colocalo no seu sitio.
      O deseño e o coloreado eran de estilo libre para logo plastificalos e que duren un tempo.




martes, 23 de maio de 2017

ENCONTRO CON HAKAN CASARES

                            
   Desde o ano 1963 celebramos o Día das letras Galegas, un día no que homenaxeamos a unha figura senlleira do mundo da cultura galega. Este ano congratulámonos coa presenza no noso centro de Hakan Casares Berg, fillo de Carlos Casares a quen lle dedicamos este 17 de maio.
   Nunha entrevista Hakan sinalaba que se sentía orgulloso e satisfeito de que a Real Academia Galega decidise dedicarlle a seu pai o Día das Letras Galegas do ano 2017 e nós sentimos o mesmo orgullo e satisfacción porque o seu fillo compartira con nós a vida e obra dun grande das nosas letras e da nosa cultura.
  Dise que ás veces unha imaxe vale que mil palabras, e pode ser porque unha fotografía de Carlos Casares recolle a súa participación no 1º Día das Letras Galegas de 1963 dedicado a Rosalía de Castro, unha imaxe do pasado que se fai presente e é hoxe cando nós lle rendemos a el , ao contador de historias , a nosa sincera homenaxe. 
 
Encontro con Hakan Casares

  

  A nosa homenaxe especial foi pórlle o nome de Carlos Casares á Sala de Lectura da nosa Biblioteca.



   



  


Hakan Casares mostrouse emocionado e agradecido por este detalle en memoria de seu pai e nós igualmente xa que a presenza do contador de historias permanecerá para sempre entre nós.













 

venres, 19 de maio de 2017

Encontro literario

                O alumnado de 3º e 4º da ESO compartiu con María Lorenzo e Manuel Iglesias Turnes a maxia da escrita e descubriron algúns dos seus segredos sobre a creación literaria. Unha tarde amena na que os nosos mozos e mozas se achegaron ao mundo de quen escribe desde moi noviña e de quen comezou a facelo algo máis tarde. 
                Aquí vos deixamos unha mostra deste encontro.


                          

xoves, 18 de maio de 2017

Taller de modelado

            O alumnado de 3º de ESO mostrou grandes dotes para o modelado en barro no taller impartido por Diego Vidal, ex alumno do noso centro . Aquí vos deixamos a proba do seu magnífico traballo. Foron uns grandes artistas do barro !


xoves, 11 de maio de 2017

CARLOS CASARES


    HOMENAXEAMOS E LEMOS A CARLOS CASARES ! 

EXPOSICIÓN SOBRE A OBRA DE CARLOS CASARES