Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

mércores, 8 de xuño de 2022

COMPARTIMOS LECTURAS CON INFANTIL

 Por fin puidemos realizar as lecturas compartidas que levamos tempo agardando! O alumnado de 6ºA e B cóntanlle contos aos nenos de Infantil de 4 e 5 anos. Pasaron un rato ben divertido!













luns, 6 de xuño de 2022

HOMENAXEADO DAS LETRAS GALEGAS

Non só nos adicamos este mes á figura de Francisco Tettamancy, o homenaxeado do Día das Letras Galegas deste ano, Florencio Delgado Gurriarán, tamén tivo o seu oco.

Podedes ver este fantástico mural elaborado polo alumnado de 1º da ESO nos corredores do edificio de Secundaria:



E logo de moito traballar, o alumnado de 2º da ESO rematou uns estupendos programas de radio adicados á figura de Florencio Delgado e á súa obra. Escoitádeos porque non teñen desperdicio!



martes, 17 de maio de 2022

TETTAMANCY:"QUE FAGO EU EN BOQUEIXÓN?"

Logo de semanas de traballo buscando información, gravando e preparando, presentámosvos o resultado do proxecto realizado por alumnado de 3º da ESO sobre a figura de Francisco Tettamancy Gastón e a relación que atopamos entre este autor e Boqueixón. 

O proxecto estivo coordinado pola profesora de Lingua Galega, Marifé Pérez García e polo Equipo da biblioteca.

Queremos agradecerlle á veciñanza de Lestedo e a Rocío Liñares que nos cederan desinteresadamente eses fantásticos traxes de xenerais.

Velaquí tedes o resultado!
 

luns, 2 de maio de 2022

GAÑADORAS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS

 


Aquí tedes as gañadoras do Concurso de Microrrelatos ¡Sea breve, por favor!:


Uxía Verde Gómez por "Amor"

Nerea Mareque Vázquez por "El pozo"

Aldara Prado Giadás por "Una visita inesperada"


A entrega de premios terá lugar na Biblioteca este venres, día 6 de maio, durante o primeiro recreo. Non dubidedes en pasar por alí.


Noraboa ás premiadas e a todxs xs participantes!

venres, 22 de abril de 2022

RECOMENDACIÓNS PARA O DÍA DO LIBRO 2022

Desde a biblioteca queremos compartir con tod@s vós as nosas recomendacións lectoras para que desfrutedes nesta Semana do Libro. Ademais, podedes consultar outras propostas interesantes que nos están a chegar a través da nosa conta de Instagram @biblioforte.

Boa lectura!


xoves, 7 de abril de 2022

RECOMENDAMOS AS NOSAS LECTURAS NO DÍA DO LIBRO



Queres estrearte como booktuber? Envíanos un vídeo ao correo da biblioteca (bibliotecaforte@gmail.com) coa recomendación dun dos teus libros favoritos, explicando que ten que o fai tan especial. Recompilaremos todos os vídeos que nos enviedes e publicarémolos para descubrir lecturas para desfrutar este Día do Libro.

Se o teu non é o vídeo e prefires a fotografía, envíanos a foto dun libro que mereza ser recomendado e explícanos os motivos da túa elección. Pode ser a través do correo ou do Instagram co hashtag #amiñalecturarecomendada e etiquetándonos (@biblioforte).

Animádevos, tedes ata o 20 de abril!


CONCURSO DE MICRORRELATOS