Ola a tod@s!
Como sabedes mañá xoves, 23 de abril é o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor e aínda que este ano toca celebralo en confinamento, non por iso ten que ser un día menos especial. Non hai máis que ler esta bonita reflexión do escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago:
Como é ben certo que os libros nos falan distinto a cada un de nós e en vista de que non é posible abrir a biblioteca para que levedes as nosas recomendacións, propoñémosvos que compartades con nós eses libros que vos acompañan nesta corentena.
Para iso queremos que nos fagades chegar as vosas lecturas favoritas nun pequeno vídeo onde nos ensinedes a portada do libro, nos digades o título e o autor/a e nos leades as primeiras liñas (ou o primeiro poema se é de poesía). Non é necesario que saiades vós completos, podedes enfocar o libro sen máis.
Por suposto, se non é posible gravar un vídeo, unha gravación de audio tamén será ben recibida.
Enviade as vosas propostas ao correo da biblio: bibliotecaforte@gmail.com ao longo desta semana.
Animádevos a participar, estades tod@s convidados!
Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
mércores, 22 de abril de 2020
DÍA INTERNACIONAL DA TERRA
As nenas e nenos de Educación Infantil en colaboración coas familias quixeron celebrar con nós o Día Internacional da Terra, enviándonos fotografías das súas hortas, xardíns e plantas e así achegarnos ao exterior, á primavera e á natureza.
Pinchando na imaxe podedes ver o resultado. Moitas grazas!!
Pinchando na imaxe podedes ver o resultado. Moitas grazas!!
xoves, 5 de marzo de 2020
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Dende a Biblioteca sumámonos á celebración desta xornada tan especial para todas as mulleres e colaboramos co profesorado do centro e os diferentes equipos de dinamización para realizar actividades que poñan en valor a necesidade de concienciar a toda a comunidade educativa sobre a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.
No edificio de Secundaria poderedes contemplar varias exposicións:
"Blasfemia": impactantes fotografías de Sara Pardo Lareo (ex-alumna do noso centro) que non deixarán indiferente a ninguén.
"A muller galega nun mundo de homes": rendemos homenaxe a varias mulleres galegas
que se fixeron un oco en ámbitos reservados case en exclusiva para os homes.


Ilustracións, citas, letras de cancións, poemas... propostos polo alumnado en diferentes materias:
Mulleres anónimas e figuras relevantes: De xeito simbólico, as escaleiras do centro están decoradas cos nomes de mulleres relevantes e anónimas que, paso a paso, foron subindo un chanzo tras outro para acadar as metas que se propuxeron.
E, para poñerlle un pouco de música a este día, deixámosvos unha fermosa canción de Guadi Galego, titulada "Matriarcas" :
xoves, 13 de febreiro de 2020
TEMPO DE ENTROIDO!
Está chegando o Entroido ao noso CPI. Dende a Biblioteca dámoslle a benvida con esta presentación elaborada polo Equipo de Dinamización sobre esta celebración tan importante na nosa terra. Nela atoparedes información variada sobre a festa e poderedes coñecer diferentes personaxes típicos destas datas en toda Galicia.
Ademais, toda a comunidade educativa pode desfrutar dunha colorida exposición (situada no vestíbulo do edificio de Secundaria) sobre as máscaras máis representativas das catro provincias galegas:
Ademais, toda a comunidade educativa pode desfrutar dunha colorida exposición (situada no vestíbulo do edificio de Secundaria) sobre as máscaras máis representativas das catro provincias galegas:
venres, 31 de xaneiro de 2020
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
A última semana de xaneiro realizáronse no noso centro unha serie de actividades que nos invitaron a reflexionar sobre a PAZ, temática central destes días.
A paz vai intimamente ligada á convivencia e á colaboración, que foi precisamente o que fixemos xunto co profesorado de Relixión, Valores Éticos e Educación Plástica, motivando a todo o alumnado para elaborar estes fermosos murais que vedes a continuación:
Durante o recreo do venres 31 de xaneiro, todo o centro participou nun acto no que se deu lectura a un manifesto sobre a paz, recitouse un bonito poema de Gloria Fuertes e, para rematar, cantamos todos xuntos a canción "Apertas que voan", de Paco Nogueiras.
domingo, 19 de xaneiro de 2020
VISÍTANOS SONIA MIRÓN
O mércores 15 contamos coa visita da escritora Sonia Mirón. Tivo un encontro na Biblio co alumnado de 2º de ESO, que estiveron lendo o seu libro "Si tú quieres". Nel debateron sobre a obra e o alumnado tivo a posibilidade de resolver todas as dúbidas que lles quedaron. Remataron cunha firma de libros. Moitas grazas Sonia!
mércores, 15 de xaneiro de 2020
RECIBIMOS AS MALETAS VIAXEIRAS!
Hoxe recibimos na Biblio as maletas viaxeiras de igualdade. Podedes disfrutar do material durante todo este mes na entrada da biblio de Secundaria. Animádevos e pasade a botarlle un ollo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)