Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

luns, 18 de febreiro de 2019

AMBIENTAMOS A BIBLIO PARA O ENTROIDO

Achégase o Entroido e desde a Biblioteca, logo de realizar os obradoiros de elaboración de atranques e regueifas, queremos pedir a vosa colaboración para crear ambiente. Pedímosvos que elaboredes algún gorro relacionado coa temática dos Xenerais da Ulla e o entreguedes na Biblio, onde os expoñeremos durante estas semanas.
Algúns alumn@s de 1º de ESO xa se puxeron mans á obra, así que vos deixamos unha mostra para darvos inspiración.
Animádevos!!

mércores, 13 de febreiro de 2019

VAN CHEGANDO OS XENERAIS!

Como o eixe central que nos artella este curso é o tema dos Xenerais do Ulla, que nos toca moi de preto, na Biblioteca, xunto co departamento de Xeografía e Historia queremos ir quentando motores de cara o Entroido cunha exposición sobre a figura histórica dos Xenerais elaborada polo alumnado de 4º de ESO. Podedes atopala no taboleiro de entrada á Biblioteca.

Non tardedes en visitala!!




luns, 11 de febreiro de 2019

14 DE FEBREIRO NA BIBLIOTECA

Desde as lupercais pasando por San Valentín, o amor está presente en todas as facetas da nosa vida. Que mellor para representar algo tan abstracto que a música e/ou a poesía! 

Na Biblioteca queremos adicar estes días a poñer banda sonora e poética ao día máis romántico do ano. Facede a vosa contribución escollendo unha canción de amor ou unha poesía que consideredes apropiada para o momento e incluídea no muro que se xunta. Simplemente tedes que facer doble click e abrirase un post onde poderedes escribir e engadir a ligazón a un vídeo, unha imaxe ou unha páxina web se o precisades. Por suposto podedes incluír o motivo da escolla e/ou o voso nome pero non é necesario.

Animádevos a participar, estades tod@s convidad@s!!!


Hecho con Padlet

luns, 4 de febreiro de 2019

DÍA DA PAZ NO CPI

Este curso celebramos o día da Paz todos xuntos, os pequenos de Infantil, Primaria e os de Secundaria.
O alumnado leu frases famosas relacionadas coa paz e a concordia, houbo exposicións sobre figuras clave, decoramos a Biblioteca para a ocasión, fixemos unha exposición de libros para os máis pequenos e cantamos e bailamos xuntos unha canción.

Como mostra velaquí tedes a sección da Biblioteca de Infantil e Primaria:


luns, 17 de decembro de 2018

LECTURAS PARA O NADAL

Chegamos ao final deste trimestre e con el ao Nadal. Desde a Biblioteca queremos recomendarvos unhas lecturas estupendas que vos van a animar estas vacacións e que xa tedes dispoñibles en préstamo. Non dubidedes en facer os vosos comentarios cando as rematedes.
Felices Festas!!






luns, 12 de novembro de 2018

A TRACA FINAL... O SAMAGOSTO!!

Por fin chegou a tan esperada celebración do Samagosto e non decepcionou!
En Infantil e Primaria os rapaces elaboraron uns contos de medo


e a continuación pasaron polo Túnel do Samaín:
Logo de comer unhas castañas todos xuntos, o alumnado de Secundaria fixo unha lectura dos mellores relatos de medo presentados na Biblioteca cunha estupenda ambientación en directo dos alumn@s de Música de 4º de ESO. Fabuloso resultado e noraboa a tod@s!!


mércores, 31 de outubro de 2018

MERGULLÁMONOS NO SAMAÍN

Estamos quentando motores para o Samaín, que este ano sabedes que será máis ben Samagosto. Aínda que a celebración principal será o día 6 de novembro, a Biblioteca xa puxo as galas para recibilo con decoración propia e as máscaras elaboradas para o concurso de Halloween e o alumnado de música de 4º de ESO xa está a tope coa ambientación dos vosos relatos de medo. Ademais fixemos unha selección de lecturas de terror para que pasedes unha noite de Samaín totalmente terrorífica. 
Estades preparados???