Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

luns, 4 de febreiro de 2019

DÍA DA PAZ NO CPI

Este curso celebramos o día da Paz todos xuntos, os pequenos de Infantil, Primaria e os de Secundaria.
O alumnado leu frases famosas relacionadas coa paz e a concordia, houbo exposicións sobre figuras clave, decoramos a Biblioteca para a ocasión, fixemos unha exposición de libros para os máis pequenos e cantamos e bailamos xuntos unha canción.

Como mostra velaquí tedes a sección da Biblioteca de Infantil e Primaria:


luns, 17 de decembro de 2018

LECTURAS PARA O NADAL

Chegamos ao final deste trimestre e con el ao Nadal. Desde a Biblioteca queremos recomendarvos unhas lecturas estupendas que vos van a animar estas vacacións e que xa tedes dispoñibles en préstamo. Non dubidedes en facer os vosos comentarios cando as rematedes.
Felices Festas!!






luns, 12 de novembro de 2018

A TRACA FINAL... O SAMAGOSTO!!

Por fin chegou a tan esperada celebración do Samagosto e non decepcionou!
En Infantil e Primaria os rapaces elaboraron uns contos de medo


e a continuación pasaron polo Túnel do Samaín:
Logo de comer unhas castañas todos xuntos, o alumnado de Secundaria fixo unha lectura dos mellores relatos de medo presentados na Biblioteca cunha estupenda ambientación en directo dos alumn@s de Música de 4º de ESO. Fabuloso resultado e noraboa a tod@s!!


mércores, 31 de outubro de 2018

MERGULLÁMONOS NO SAMAÍN

Estamos quentando motores para o Samaín, que este ano sabedes que será máis ben Samagosto. Aínda que a celebración principal será o día 6 de novembro, a Biblioteca xa puxo as galas para recibilo con decoración propia e as máscaras elaboradas para o concurso de Halloween e o alumnado de música de 4º de ESO xa está a tope coa ambientación dos vosos relatos de medo. Ademais fixemos unha selección de lecturas de terror para que pasedes unha noite de Samaín totalmente terrorífica. 
Estades preparados???










venres, 26 de outubro de 2018

CARTEL CLUB DE LECTURA

Mirade que tremendo cartel nos fixeron os alumn@s de 3º de ESO xunto coa súa profesora Ana en E. Plástica! Moitísimas grazas!!
Agora só falta que tod@s vos animedes a participar no Club de Lectura 😉. Agardámosvos na Biblioteca!!


martes, 23 de outubro de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA



Queremos celebrar este 24 de outubro, día da Biblioteca, facéndovos partícipes dos fondos da nosa biblioteca. Na mesa expositor da entrada do edificio de Secundaria hai uns exemplares de libros que van ser expurgados así que, que mellor que cadaquén leve o que máis lle interese?!
Simplemente tedes que escoller o exemplar (ou exemplares) que vos interesen e levalos para a vosa biblioteca persoal.

Botade un ollo e apurade antes de que se rematen!!

domingo, 14 de outubro de 2018

QUENTANDO PARA O SAMAÍN

QUEREDES PASALO DE MEDO?
SACADE O STEPHEN KING QUE LEVADES DENTRO E ESCRIBIDE UN RELATO DE MEDO, CANTO MÁIS TERRORÍFICO MELLOR.

ENTREGÁDEO NA BIBLIOTECA ATA O 26 DE OUTUBRO E OS MELLORES LERANSE O DÍA DO SAMAÍN CUNHA AMBIENTACIÓN MOI ESPECIAL DA MAN DOS ALUMNOS DE MÚSICA DE 4º.
ANIMÁDEVOS!