Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

domingo, 29 de abril de 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018


       

      O 17 de maio homenaxeamos a figura de María Victoria Moreno, unha estremeña que optou por Galicia e a súa lingua.
            
        Ofrecémosvos nesta ligazón material diverso sobre  esta muller que dedicou a súa vida á docencia e á escrita. Con esta proposta da Real Academia Galega podedes achegarvos á súa vida, á súa profesión e ao seu pensamento. 
                         Primavera das Letras 
              


venres, 20 de abril de 2018

A LER ...

    



      O noso clube comeza outra aventura lectora. Agora eliximos Wonder, la lección de August. 

   Adentrarémonos nas vivencias de August, un neno de 10 anos que naceu co síndrome de Treacher Collins. 

A CONCURSAR !!!


                O Equipo de Dinamización inicia a finais de abril o concurso   Investigamos e xogamos .

           Os Departamentos Didácticos aportaron frases célebres de persoeiros de diferentes áreas do coñecemento : Historia, Filosofía, Literatura, Arte... e todas elas versan sobre o lema "Pensar desde a Biblioteca Escolar ".

       Nos corredores e escaleiras do Centro haberá distribuídos 22 paneis que conteñen  as palabras das frases, pero desordenadas; o alumnado debe organizar correctamente a frase, averiguar o nome do autor ou autora e a área do coñecemento na que destacou.
         

  Na busca dos datos poden navegar na Rede ou utilizar os fondos bibliográficos da nosa Biblioteca. 

 


              Os gañadores recibirán o premio durante a Semana Cultural o día 18 de maio.







xoves, 5 de abril de 2018

INVENTIGANDO...


   
 
O alumnado de Cultura Clásica de 3º de ESO tamén se sumou ao lema deste ano de PLAMBE: “ Aprender a pensar desde a Biblioteca Escolar”.



Nesta ocasión, o alumnado realizou unha investigación sobre os inicios do pensamento racional e da filosofía, o nacemento da ciencia (matemáticas, física e astronomía) e da medicina, os comezos da educación nun sistema regrado, a aparición do teatro como xénero lúdico e educativo e os primeiros enxeños e inventos.


Os resultados destas investigacións plasmáronse nuns pósters explicativos que se expuxeron nos corredores máis próximos á Biblioteca e que os propios alumnos se encargaron de presentar aos compañeiros durante as horas de clase da semana.


                   
EXPOSICIÓN NOS CORREDORES

venres, 9 de marzo de 2018

8 de marzo

              O alumnado de 3º de ESO 
celebra o 
8 de marzo.

 Tres mulleres únicas e diferentes: 
Louise Bourgeois
Frida Kahlo

  Yayoi Kusama

        Na aula de Plástica os alumnos plasmaron a visión que tiñan da obra artística destas tres mulleres e  na aula de Lingua Galega realizaron un traballo de investigación arredor da vida e obra artística de cada unha delas.

       A obra artística de Yayoi, Louise e Frida é autobiográfica, marcada polos avatares da vida e a súa relación cos homes. Defenderon por enriba de todo o seu papel como mulleres e artistas e a ARTE foi a canle de comunicación que lles permitiu expresarse libremente. 






luns, 5 de marzo de 2018

O noso clube comparte lecturas


     Reloxos extraordinarios, o Tempo, a Morte, os Outros, Cidade Oculta... e moito misterio ocupan as páxinas desta novela de Laura Gallego.

     O protagonista, Jonathan, debe atopar un reloxo especial - o reloxo Deveraux - antes de doce horas. Está nun lugar da Cidade Antiga, pero esta cidade ten a capacidade de transformarse... 

     Os membros do noso Clube de Lectura están a pasear polas rúas desta cidade con dúas caras axudando a Jonathan a descubrir que misterio oculta o Señor Marqués e o reloxo Deveraux.