Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

luns, 5 de marzo de 2018

O noso clube comparte lecturas


     Reloxos extraordinarios, o Tempo, a Morte, os Outros, Cidade Oculta... e moito misterio ocupan as páxinas desta novela de Laura Gallego.

     O protagonista, Jonathan, debe atopar un reloxo especial - o reloxo Deveraux - antes de doce horas. Está nun lugar da Cidade Antiga, pero esta cidade ten a capacidade de transformarse... 

     Os membros do noso Clube de Lectura están a pasear polas rúas desta cidade con dúas caras axudando a Jonathan a descubrir que misterio oculta o Señor Marqués e o reloxo Deveraux.


 
 
                             

venres, 23 de febreiro de 2018

Día de Rosalía

              Os nosos rapaces lembran á poetisa galega Rosalía de Castro que cumpriría 181 anos este 24 de febreiro de 2018.
            Unha escritora universal comprometida con Galicia e a súa lingua que nos deixou unha poesía persoal.

                               Esta exposición que honra a súa figura.


            

venres, 9 de febreiro de 2018

O AMOR E A AMIZADE


 
O 14 de febreiro, día de San Valentín, é coñecido como o día dos namorados ou
día do amor e a amizade.
 
Un dos símbolos deste día é un corazón, ou a cor vermella ademais dun neno alado cos ollos vendados e armado de arco e frechas que vén sendo Cupido. 
 
Na mitoloxía romana era o deus do desexo amoroso – fillo de Venus ( deusa do amor , a beleza e a fertilidade ) e de Marte ( fillo da guerra ); na mitoloxía grega chamábase Eros.

   O tema do amor é un tema universal que atopamos en lendas, mitos, novelas, poesía, pintura, cartas, música, teatro, cine... 
    Na entrada da Biblioteca realizouse unha exposición con novelas, poemarios, teatro e cine que forman parte dos nosos fondos.
      
Ante o toque do amor, todos se converten en poetas” (Platón, filósofo grego)

                    Velaquí tedes unha mostra da mesma      















mércores, 24 de xaneiro de 2018

O PENSAMENTO NO HUMANISMO E NA ILUSTRACIÓN

            O Departamento de Xeografía e Historia participou no lema deste ano de PLAMBE : "Aprender a pensar desde a Biblioteca Escolar". 
           O alumnado desta materia de 3º de ESO  realizou un traballo de investigación sobre pensadores e pensadoras do  Humanismo e o de 4º de ESO sobre pensadores e pensadoras da  Ilustración en Galicia e en Europa. 
        Nesta exposición pódese descubrir a maneira de PENSAR  de persoeiros tan relevantes como Maquiavelo, Erasmo de Rotterdam, Luisa Sigea de Velasco, Olimpia Fulvia Morata, Rousseau, Adam Smith, Pai Sarmiento, Pai Cernadas de Castro...
          Os traballos foron expostos posteriormente nos corredores do Centro para toda a Comunidade Educativa e aquí tedes unha mostra nun mosaico de imaxes.

mércores, 17 de xaneiro de 2018

Clube de lectura



  O Equipo de Dinamización da Biblioteca ten unha boa nova: o inicio do noso CLUBE DE LECTURA !
           
                Será un espazo que nos permitirá abrir as portas a un mundo novo, un espazo de liberdade no que compartir opinións, inquietudes, intereses e experiencias, un espazo para compartir emocións e sentimentos, ademais  de activar o espírito crítico...
                  Axudaranos a REFLEXIONAR E PENSAR !!!  


              Os membros do clube son mozos de 1º e 2º de ESO que se reunirán os xoves na sala de lectura "Carlos Casares" para descubrir e compartir o mundo agochado nos libros.
                A nosa primeira proposta lectora ten moito que ver co lema deste ano das Bibliotecas Escolares :
"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" .

 

martes, 19 de decembro de 2017

LER EN NADAL !!!

          
O EQUIPO 
DE DINAMIZACIÓN
 DA BIBLIOTECA
QUERE COMPARTIR CON TODOS VÓS
 A MAXIA DO NADAL  !!!

A MAXIA QUE SE AGOCHA NOS LIBROS !!!

 AQUÍ TEDES UN ANO MÁIS 
A NOSA PROPOSTA DE 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS !!!

Pasade un Bo Nadal cun libro na man !!!


                                     

domingo, 17 de decembro de 2017

POETAS EN NADAL !

            O alumnado de Primaria neste Nadal 2017 botaron a andar a súa imaxinación nun obradoiro de escrita creativa co nome de:“Para o Nadal celebrar...desta tócanos rimar”. 
        Os rapaces (individualmente ou en grupos) escribiron rimas ou pequenos poemas en tarxetas verdes que versaban sobre o Nadal, ben inventadas ou copiadas. E con todas elas, colocadas en horizontal, confeccionaron árbores de Nadal para colocar nos corredores exteriores da Biblioteca. 
    Aquí tedes unha pequena mostra do resultado. 
 


   Unhas árbores máxicas e diferentes !!!