Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

venres, 27 de xaneiro de 2017

Unha de ARTE , por favor !

Arcimboldo
            Pintor italiano do século XVI coñecido polas súas representacións do rostro humano a partir de flores, froitas, plantas, animais ou obxectos.
       A partir da obra deste artista, o alumnado de Primaria creou cadros feitos coas súas fotos e cubriron o seu rostro con recortes de froitas. 
        Con este proxecto, animouse aos máis pequenos ao consumo de froita ao tempo que se divertiron facendo as súas propias obras de arte.

        Aquí tedes unha mostra da exposición que ocupou parte dos corredores do centro.

martes, 20 de decembro de 2016

Nadal 2016

https://issuu.com/issuu-reader3-embed-files/latest/document-page-reader.html

                         O Equipo da Biblioteca deséxavos un Bo Nadal 2016 ! 
                         Neste tempo de lecer as lecturas son unha boa compañía.

                         E se clicades en RECOMENDACIÓNS NADAL 2016  accederedes ás nosas recomendacións .

luns, 7 de novembro de 2016

OS NOSOS PEQUENOS PÁSANO DE MEDO !!!



        No mes de outubro- un ano máis- ,  o Equipo da Biblioteca buscou libros de temática axeitada para celebrar o Samaín , unha festa pagá para celebrar as colleitas, o final do outono e o comenzo do inverno.
     Decorou a biblioteca con cadros, esqueletes, e fixo unha pequena exposición de libros.



    

Un marcapáxinas de ARTE E MEDO


     O alumnado de 1º de ESO botou a voar a súa imaxinación e elaborou un marcapáxinas persoal terrorífico .

     Se clicades neste enlace poderedes ver os seus traballos.  METE MEDO A ARTE QUE TEÑEN !!!



venres, 4 de novembro de 2016

Samaín e Halloween van da man !


   
 
   O Departamento de Inglés celebrou o Samaín cunha exposición de cabazas moi especial. O tema central foi AS ARTES _lema das Bibliotecas Escolares_ na que o alumnado tiña que deixar voar a súa imaxinación .
    Aquí vos ofrecemos unha mostra das súas OBRAS DE ARTE .

                   Happy Halloween e Feliz Samaín!








martes, 11 de outubro de 2016

O PAPAGAIO


                             Estamos de noraboa!

Acaba de nacer 'O Papagaio', un xornal en galego para o alumnado de Primaria e Secundaria.


  Chega ás nosas mans un novo xornal en galego, en papel, dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria. Terá dez números, un ao mes, e descansará os meses de verán.
  Tratará temas de actualidade relacionados coa ciencia, a tecnoloxía, a ecoloxía, a historia, a arte, a cultura... E tamén terá unha sección de banda deseñada e unha tira humorística.

Está á nosa disposición na rede . Premendo na imaxe accederemos ao primeiro número.



https://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html



NOVIDADES

O EQUIPO DA BIBLIOTECA “XOSÉ NEIRA VILAS” INFORMA ...

                      TEDES Á VOSA DISPOSICIÓN AS SEGUINTES NOVIDADES !