Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

xoves, 26 de setembro de 2024

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

 


Os 46 estados membros do Consello de Europa animan a máis de 700 millóns de europeos e europeas a aprenderen máis linguas a calquera idade, dentro e fóra da escola. Convencido de que a diversidade lingüística é unha ferramentapara lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento clave na rica herdanza cultural do noso continente, o Consello de Europa promove o plurilingüismo en toda Europa.
Por iniciativa do Consello de Europa en Estrasburgo, o Día europeo das Linguas vense celebrando, desde 2001, o 26 de setembro de cada ano.

Aproveitemos para celebrar o galego, a nosa lingua, e valorar o noso patrimonio.



venres, 20 de setembro de 2024

CHUS PATO PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2024

 A calidade da produción poética galega acada un ano máis o Premio Nacional de Poesía 2024, nesta ocasión para Chus Pato.

  


O xurado considera a súa obra Sonora como "experimental, unha expansiva e concentrada conversación entre o poema e a morte, aquela que, trala orfandadeda nai, arrastra os lectores cara aos abismos da propia linaxe" e di do poemario que "crea espazos textuais ateigados de fugas: retóricas, semánticas, capaces de hibridar distintos códigos nos que se desprega toda a súa inextinguible potencia sonora".






BEA LEMA PREMIO NACIONAL DO CÓMIC 2024

 A ilustradora e autora de cómic Bea Lema Rivera, nada na Coruña en 1985, foi galardoada co Premio Nacional do Cómic 2024.

O xurado destacou O corpo de Cristo por ser "unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que trascenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao uso do humor e a unha mirada poética".