Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

martes, 19 de decembro de 2017

LER EN NADAL !!!

          
O EQUIPO 
DE DINAMIZACIÓN
 DA BIBLIOTECA
QUERE COMPARTIR CON TODOS VÓS
 A MAXIA DO NADAL  !!!

A MAXIA QUE SE AGOCHA NOS LIBROS !!!

 AQUÍ TEDES UN ANO MÁIS 
A NOSA PROPOSTA DE 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS !!!

Pasade un Bo Nadal cun libro na man !!!


                                     

domingo, 17 de decembro de 2017

POETAS EN NADAL !

            O alumnado de Primaria neste Nadal 2017 botaron a andar a súa imaxinación nun obradoiro de escrita creativa co nome de:“Para o Nadal celebrar...desta tócanos rimar”. 
        Os rapaces (individualmente ou en grupos) escribiron rimas ou pequenos poemas en tarxetas verdes que versaban sobre o Nadal, ben inventadas ou copiadas. E con todas elas, colocadas en horizontal, confeccionaron árbores de Nadal para colocar nos corredores exteriores da Biblioteca. 
    Aquí tedes unha pequena mostra do resultado. 
 


   Unhas árbores máxicas e diferentes !!!

martes, 28 de novembro de 2017

En negro contra a violencia

      A Federación de ANPAS COMPOSTELA propuxo unhas lecturas que moven conciencias contra a violencia de xénero. Son obras literarias en lingua galega que abordan a violencia de orixe sexista. 

       Algunhas destas obras tédelas a disposición na nosa Biblioteca:
  • Os nenos da varíola de María Solar
  • Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas
  • O diario violeta de Carlota de Gemma Lienas
  • Palabras envelenadas de Maite Caranza
  • Rapazas de Agustín Fernández Paz
  • O inferno de Marta de Pascual Alapont
  • Un animal chamado néboa de Ledicia Costas

                               Boas recomendacións e boas lecturas !

venres, 3 de novembro de 2017

Unha de medo, por favor !!!

Ambientamos a porta da nosa Biblioteca 

Exposición dos textos do obradoiro de escritura creativa .

    O noso alumnado de Primaria participou nun obradoiro de escritura creativa no que fomentaron a súa creatividade e imaxinación, traballaron a competencia lingüística a través da narrativa -neste caso o conto- , potenciaron o traballo cooperativo e entraron en contacto coa narrativa de terror.

      Así con motivo da celebración do Samaín, cada clase elaborou e decorou contos de terror en gran grupo, pequeno grupo ou individualmente e o formato era libre.

    Dende o luns 23 ata o martes 31 de outubro, na biblioteca houbo un expositor de libros con temática do Samaín para ser consultados, pescudar ideas ou simplemente gozar da súa lectura.

    Todos os contos quedaron expostos o luns 30 de outubro nos corredores da biblioteca e o martes 31 os titores/as baixaron co alumnado a ler os contos dos compañeiros/as.

Exposición de libros de medo para os nosos pequenos ou maiores !!!

Damos outra volta polo Samaín !

             Queredes ver o resultado da decoración e exposición dos libros de MEDO do SAMAÍN 2017
             Aquí vos deixamos unha galería de imaxes ! 



Grazas aos colaboradores e aos usuarios polo traballo e participación !!!


             


martes, 24 de outubro de 2017

SAMAÍN 2017


                    Os nosos colaboradores non lle teñen medo ao traballo e xa comezaron coa ambientación da Biblioteca para celebrar o SAMAÍN 2017 !

            Na sala de lectura Carlos Casares faremos unha exposición de libros fantásticos, de terror, de suspense... que será terrorífica!

                        Atrevédevos e  pasade a fronteira do MEDO !

    

domingo, 22 de outubro de 2017

EU RECOMENDO...




O escritor Fernando Aramburu foi distinguido co Premio Nacional de Narrativa pola súa novela Patria


       O xurado destacou a profundidade psicolóxica dos personaxes, a tensión narrativa e a integración dos puntos de vista.
Patria é a historia metafórica dos anos máis escuros de Euskadi, un libro centrado nun lugar simbólico de todos os sitios que sufriron esas décadas de dor.
A Bittori mátanlle o marido - O Txato - despois de facerlle a vida imposible no pobo con pintadas, ameazas. A Miren, o seu álter ego, encérranlle a Joxe Mari, o fillo terrorista, nunha afastada prisión andaluza. A dor, a covardía, a morte ... móvense arredor dos personaxes.

xoves, 19 de outubro de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA


           24 DE OUTUBRO , DÍA DAS  BIBLIOTECAS 
            O día 24 de outubro é o Día da Biblioteca e conmemórase desde 1997 en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada no 1992 durante o conflito dos Balcáns.   


            A biblioteca é o lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura e un instrumento de mellora da formación e convivencia humana. 
              E este ano celebrámolo poñendo en valor O PENSAMENTO E OS LIBROS !   E así ...

    A Biblioteca convídavos a PENSAR !
    Como ? Pois co cine, música, teatro, libros !

          Desta volta imos PENSAR a través dos LIBROS !

  Existe un LIBRO para TODO ! Para vivir aventuras, para emocionarse, para viaxar, para evadirse, para ensinar... Pero, tamén hai libros que son capaces de cambiar a túa visión da vida.
Son moitos os libros que nos fan REFLEXIONAR e rompen as fronteiras da nosa forma de PENSAR !
  Aquí vos deixamos unha pequena mostra deses libros que poden activar o voso PENSAMENTO !  

Juan Salvador Gaviota de Richard Bach

Hai quen obedece as súas propias regras, hai quen encontra pracer en superarse a si mesmo, hai quen adiviña o que está máis alá do que ven os seus ollos, hai quen prefire voar a comprar e comer...

 
El principito de Antoine de Saint-Exupéry
Esta obra traducida a máis de 100 idiomas, narra a historia dun aviador que tras sufrir un accidente no deserto del Sáhara encontra un neno que vén dun asteroide. Contaralle a historia da súa viaxe a través de varios planetas en busca dun verdadeiro amigo, ata chegar á Terra onde finalmente entenderá o verdadeiro sentido do amor e da amizade. 
 

Cometas en el cielo de Khaled Hosseini

Nesta novela aprendemos ensinanzas da man de Amir -un neno rico de Kabul- e Hassan -fillo dun dos empregados do pai de Amir-. Son dous nenos que a pesar de vir de contextos diferentes manterán unha amizade, pero sometida a toda clase de probas.

El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher

Este libro chega ao corazón e resulta ser unha experiencia que expande a mente. Posúe unha profundas ensinanzas sinxelas e humildes a través dunha prosa chea de beleza.


El monje que vendió su Ferrari de Robin Sharma

Julian Mantle é un exitoso avogado que despois de vivir unha vida chea de estrés e gobernada polos cartos decide abandonalo todo ao sufrir un infarto e comezará unha viaxe que o levará a enfrontarse aos grandes misterios da vida.

El Alquimista de Paulo Coelho

Santiago, un mozo pastor que tras soñar varias noites que descobre un tesouro escondido nas pirámides de Exipto, decide emprender unha longa viaxe que o levará a encontrarse co seu destino.


Mil soles espléndidos de Khaled Hosseini
Historia que xira en torno á amizade de dúas mulleres afganas que proveñen de dous mundos diferentes. Porén as súas vidas entrelazaranse non só por obra do azar, senón tamén por todos os sucesos que tiveron lugar en Afganistán durante los últimos trinta anos.





 

mércores, 18 de outubro de 2017

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA


     O escritor Fernando Aramburu foi distinguido co Premio Nacional de Narrativa pola súa novela Patria.

       O xurado destacou a profundidade psicolóxica dos personaxes, a tensión narrativa e a integración dos puntos de vista.
    Patria é a historia metafórica dos anos máis escuros de Euskadi, un libro centrado nun lugar simbólico de todos os sitios que sufriron esas décadas de dor.
      A Bittori mátanlle o marido - O Txato - despois de facerlle a vida imposible no pobo con pintadas, ameazas. A Miren, o seu álter ego, encérranlle a Joxe Mari, o fillo terrorista, nunha afastada prisión andaluza. A dor, a covardía, a morte ... móvense arredor dos personaxes.

luns, 2 de outubro de 2017

COLABORANDO !!!



    Os nosos colaboradores xa se puxeron a argallar “cousiñas” para a nosa Biblioteca.
    Aquí os tedes decorando as letras que servirán de guía para os nosos usuarios. Dese xeito atoparán máis facilmente os fondos bibliográficos ! 
    Só teñen que buscar a primeira letra do apelido do autor, e listo !  

             Mirade que ben quedaron os andeis , xa teñen vestido novo !               























sábado, 30 de setembro de 2017

O PERGAMIÑO VINDEL, UNHA XOIA DA NOSA LITERATURA


       





 Chega a Galicia
        o Pergamiño Vindel 



 
The Morgan Library & Museum de Nueva York, cedeulle á Universidade de Vigo o Pergamiño Vindel, un manuscrito escrito a catro columnas en tinta negra, vermella e azul que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax, o trobador da ría de Vigo.

Este texto da literatura medieval galego-portuguesa estará exposto no Museo do Mar de Galicia durante cinco meses.

O pergamiño Vindel do século XIII é a única mostra musicada ( só a última cantiga non está acompañada de pentagramas ) que se conserva do cancioneiro profano da Idade Media xunto co Pergamiño Sharrer que recolle sete composicións de Don Dinís, rei de Portugal.

O seu nome débese ao libreiro Pedro Vindel (1865-1921) que o atopou fortuitamente en 1914 mentres desmontaba as gardas dun exemplar do texto De officiis de Cicerón, un volume do século XIV coa encadernación do século XVIII, é dicir, facía de forro !

        Cantiga de amigo de  Martín Códax          
                                   
    

mércores, 13 de setembro de 2017


O Equipo da Biblioteca dávos a benvida !
Comezamos unha nova andaina e cun novo lema para este curso escolar 2017/2018 : "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" .
Ralph W. Emerson ( século XIX, político e pensador estadounidense) :
“ O PENSAMENTO É A SEMENTA DA ACCIÓN “.

Un lema que nos invita a desenvolver o noso pensamento crítico, que nos invita a aprender a pensar... Como ? Pois, a través de contos, de lecturas de ficción, de investigacións, da poesía, co cine, do teatro, da música, das actividades compartidas...
O motor que nos vai guiar é a curiosidade, a capacidade de asombro e a necesidade de buscar respostas a tantos e tantos misterios e fenómenos que nos rodean.
Se queredes acompañarnos as portas están abertas e xuntos atoparemos as respostas !

venres, 23 de xuño de 2017

sábado, 3 de xuño de 2017

O NOSO PERSOEIRO BOQUEIXONÉS

         Un ciclista entre nós. O noso persoeiro é Vicente López Carril, ciclista de fama internacional. Queredes saber algo máis del. Premede na imaxe.

https://issuu.com/home/docs/presentaci__n_de_vicente_carril_/edit/embed

venres, 2 de xuño de 2017

UN MURAL PARA CARLOS CASARES


Co gallo do día das Letras Galegas, adicado este ano a Carlos Casares, fixemos un mural para decorar o escenario do salón de actos onde  tiveron lugar todas as actuacións da Semana Cultural.
Que chulo lles quedou ! A que si !

OS PROFES TAMÉN LÍAN


    Os nosos MESTRES trouxeron unha fotografía de cando pequenos acompañada dun libro que lles gustara moito sendo moi noviños. 

QUE IDEA TAN ORIXINAL !


 

PADRIÑOS E AFILLADOS


       Durante todo o curso, estivemos traballando na biblioteca con este proxecto iniciado a ano pasado. Os nenos de 5 anos de Infantil foron agora os que lle leron os contos aos de 6º, os seus padriños. Antes, viñan lendo os maiores aos máis pequenos pero agora que xa saben ler, satisfacíalles máis facer ó outro xeito.




xoves, 1 de xuño de 2017

A NOSA MASCOTA


Mediante diferentes técnicas, este ano propuxémonos  darlle forma á mascota da nosa Biblioteca, un rato. Utilizouse book-art, lá, pasta de modelar, cartón, etc.




CONTACONTOS


   

A familia Otero Redondo brindounos a oportunidade de facer un contacontos xunto cos seus nenos, Brais e Breixo. Os contos que nos presentaron en video, lectura e musicado foron Orellas de Bolboreta e O cazo de Lorenzo. Ámbolos dous libros teñen teñen un significado especial porque os protagonistas teñen alguna diferenza respecto aos demais nenos e ensinan como superar esas diferenzas.  


mércores, 31 de maio de 2017

VERSIONANDO A ARTE !

Presentámosvos o Proxecto de Versionando a ARTE !!! FANTÁSTICO TRABALLO VERSIONAMOS A ARTE ! PhotoPeach

luns, 29 de maio de 2017

SELFIES LECTORES


       Co fin de potenciar a lectura en familia, propuxemos una nova tarefa dende a biblioteca. Esta vez, tratouse de facer un selfie en familia no momento que se lle adica á lectura na casa. 
        GRANDES SELFIES !!!!   GRATAS LECTURAS !!!!