Ambientamos a porta da nosa Biblioteca |
Exposición dos textos do obradoiro de escritura creativa . |
O noso alumnado de Primaria participou nun obradoiro de escritura creativa no que fomentaron a súa creatividade e imaxinación, traballaron a
competencia lingüística a través da narrativa -neste caso o conto- , potenciaron o traballo cooperativo e entraron en contacto coa narrativa de terror.
Así con motivo da
celebración do Samaín, cada clase elaborou e decorou contos de
terror en gran grupo, pequeno grupo ou individualmente e o formato
era libre.
Dende
o luns 23 ata o martes 31 de outubro, na biblioteca houbo un
expositor de libros con temática do Samaín para ser consultados,
pescudar ideas ou simplemente gozar da súa lectura.
Todos
os contos quedaron expostos o luns 30 de outubro nos corredores da
biblioteca e o martes 31 os titores/as baixaron co alumnado a ler os
contos dos compañeiros/as.
Exposición de libros de medo para os nosos pequenos ou maiores !!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario