Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Amosando publicacións coa etiqueta 30 DE XANEIRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 30 DE XANEIRO. Amosar todas as publicacións

martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Desde a semana pasada estivemos traballando sobre a paz, os tipos de violencia e como evitala. Comezamos cunha exposición realizada polo alumnado voluntario da biblioteca, que seleccionou materiais do máis variado sobre o tema:





Ademais, sumámonos á celebración do centro do día 28 poñendo cancións relacionadas coa paz e a non violencia. Podedes ver o resumo do acto no seguinte vídeo.

Por último, o alumnado de Valores Éticos de 1º e 2º están realizando uns posters sobre o tema que poderedes desfrutar en breve.

Entre tod@s podemos acabar coa violencia!



mércores, 10 de febreiro de 2021

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ

Por mor do mal tempo o 1 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Tivemos exposicións de símbolos da paz, elaborados polo alumnado de Valores e Relixión conxuntamente; de pombas da paz que elaboraron as titorías de 1º da ESO.








Tamén os departamentos de Ed. Física e Música organizaron unha coreografía para o tema "Jerusalema" que quixeron interpretar malia o mal tempo. 


O resultado do concurso de fotografía proposto desde o Instagram da biblioteca coñecerase en breve.

Noraboa a todxs xs participantes!














xoves, 28 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O próximo 30 de xaneiro celebrarase o Día Escolar da Paz e da Non Violencia e por suposto, desde a biblioteca queremos sumarnos ás conmemoracións.

Estivemos colaborando cos departamentos de Ed. Física e Música na organización dunha coreografía que se representará o día 29 de xaneiro durante o 2º recreo sempre que o tempo o permita. De non ser o caso, realizarase o luns 1 de febreiro.

Ademais, queremos anunciarvos que queremos inaugurar o instagram da biblioteca organizando un concurso de fotografía para alumnado do centro. O lema do concurso é "Fotos para a paz" e participar é moi sinxelo, só tedes que subir a Instagram unha foto que inspire paz, non violencia ou amor mencionando o Instagram da biblioteca (@biblioforte) e fichándoa co hashtag #Paz2021cpiantonioorzacouto.

Tedes de prazo ata o domingo 7 de febreiro. Animádevos e vémonos nas redes!!











venres, 31 de xaneiro de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

A última semana de xaneiro realizáronse no noso centro unha serie de actividades que nos invitaron a reflexionar sobre a PAZ, temática central destes días.
A paz vai intimamente ligada á convivencia e á colaboración, que foi precisamente o que fixemos xunto co profesorado de Relixión, Valores Éticos e Educación Plástica, motivando a todo o alumnado para elaborar estes fermosos murais que vedes a continuación:





Durante o recreo do venres 31 de xaneiro, todo o centro participou nun acto no que se deu lectura a un manifesto sobre a paz, recitouse un bonito poema de Gloria Fuertes e, para rematar, cantamos todos xuntos a canción "Apertas que voan", de Paco Nogueiras.