Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Amosando publicacións coa etiqueta SAMAÍN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAMAÍN. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de novembro de 2020

CREACIÓNS DO SAMAÍN

Rematou este Samaín e velaquí tedes o resultado de todas as propostas. En primeiro lugar queremos que vexades as calaveritas literarias e o poema colaborativo "Eu teño medo de...". Para disfrutalos só tedes que pinchar na imaxe de abaixo.


E agora podedes acceder aos relatos do concurso de historias de terror "The spooky story contest":



Noraboa a tod@s @s participantes! Gran traballo!

xoves, 29 de outubro de 2020

ACHEGÁMONOS A UN SAMAGOSTO DE MEDO

 Estámonos achegando ao Samaín e aínda que esteamos nesta situación tan excepcional, desde a Biblioteca queremos seguir colaborando para celebrar este día tan especial.

O alumnado de 1º de ESO fará unha lectura dramatizada do relato Medo, eu? de Fina Casalderrey, crearase un poema colectivo baixo o título: Eu téñolle medo a... e xunto co departamento de inglés convócase un concurso de historias de terror en inglés, que se publicarán neste blog.

Animádevos a participar, tedes ata o 2 de novembro!





luns, 12 de novembro de 2018

A TRACA FINAL... O SAMAGOSTO!!

Por fin chegou a tan esperada celebración do Samagosto e non decepcionou!
En Infantil e Primaria os rapaces elaboraron uns contos de medo


e a continuación pasaron polo Túnel do Samaín:
Logo de comer unhas castañas todos xuntos, o alumnado de Secundaria fixo unha lectura dos mellores relatos de medo presentados na Biblioteca cunha estupenda ambientación en directo dos alumn@s de Música de 4º de ESO. Fabuloso resultado e noraboa a tod@s!!


mércores, 31 de outubro de 2018

MERGULLÁMONOS NO SAMAÍN

Estamos quentando motores para o Samaín, que este ano sabedes que será máis ben Samagosto. Aínda que a celebración principal será o día 6 de novembro, a Biblioteca xa puxo as galas para recibilo con decoración propia e as máscaras elaboradas para o concurso de Halloween e o alumnado de música de 4º de ESO xa está a tope coa ambientación dos vosos relatos de medo. Ademais fixemos unha selección de lecturas de terror para que pasedes unha noite de Samaín totalmente terrorífica. 
Estades preparados???










domingo, 14 de outubro de 2018

QUENTANDO PARA O SAMAÍN

QUEREDES PASALO DE MEDO?
SACADE O STEPHEN KING QUE LEVADES DENTRO E ESCRIBIDE UN RELATO DE MEDO, CANTO MÁIS TERRORÍFICO MELLOR.

ENTREGÁDEO NA BIBLIOTECA ATA O 26 DE OUTUBRO E OS MELLORES LERANSE O DÍA DO SAMAÍN CUNHA AMBIENTACIÓN MOI ESPECIAL DA MAN DOS ALUMNOS DE MÚSICA DE 4º.
ANIMÁDEVOS!



venres, 3 de novembro de 2017

Unha de medo, por favor !!!

Ambientamos a porta da nosa Biblioteca 

Exposición dos textos do obradoiro de escritura creativa .

    O noso alumnado de Primaria participou nun obradoiro de escritura creativa no que fomentaron a súa creatividade e imaxinación, traballaron a competencia lingüística a través da narrativa -neste caso o conto- , potenciaron o traballo cooperativo e entraron en contacto coa narrativa de terror.

      Así con motivo da celebración do Samaín, cada clase elaborou e decorou contos de terror en gran grupo, pequeno grupo ou individualmente e o formato era libre.

    Dende o luns 23 ata o martes 31 de outubro, na biblioteca houbo un expositor de libros con temática do Samaín para ser consultados, pescudar ideas ou simplemente gozar da súa lectura.

    Todos os contos quedaron expostos o luns 30 de outubro nos corredores da biblioteca e o martes 31 os titores/as baixaron co alumnado a ler os contos dos compañeiros/as.

Exposición de libros de medo para os nosos pequenos ou maiores !!!

Damos outra volta polo Samaín !

             Queredes ver o resultado da decoración e exposición dos libros de MEDO do SAMAÍN 2017 ! 
             Aquí vos deixamos unha galería de imaxes ! 



Grazas aos colaboradores e aos usuarios polo traballo e participación !!!


             


martes, 24 de outubro de 2017

SAMAÍN 2017


                    Os nosos colaboradores non lle teñen medo ao traballo e xa comezaron coa ambientación da Biblioteca para celebrar o SAMAÍN 2017 !

            Na sala de lectura Carlos Casares faremos unha exposición de libros fantásticos, de terror, de suspense... que será terrorífica!

                        Atrevédevos e  pasade a fronteira do MEDO !

    

luns, 7 de novembro de 2016

OS NOSOS PEQUENOS PÁSANO DE MEDO !!!



        No mes de outubro- un ano máis- ,  o Equipo da Biblioteca buscou libros de temática axeitada para celebrar o Samaín , unha festa pagá para celebrar as colleitas, o final do outono e o comenzo do inverno.
     Decorou a biblioteca con cadros, esqueletes, e fixo unha pequena exposición de libros.



    

Un marcapáxinas de ARTE E MEDO


     O alumnado de 1º de ESO botou a voar a súa imaxinación e elaborou un marcapáxinas persoal terrorífico .

     Se clicades neste enlace poderedes ver os seus traballos.  METE MEDO A ARTE QUE TEÑEN !!!



venres, 4 de novembro de 2016

Samaín e Halloween van da man !


   
 
   O Departamento de Inglés celebrou o Samaín cunha exposición de cabazas moi especial. O tema central foi AS ARTES _lema das Bibliotecas Escolares_ na que o alumnado tiña que deixar voar a súa imaxinación .
    Aquí vos ofrecemos unha mostra das súas OBRAS DE ARTE .

                   Happy Halloween e Feliz Samaín!








mércores, 25 de maio de 2016

GAÑADORES

        Eis os nosos premiados! Grazas pola  vosa participación e noraboa a todos!

Premiados da actividade do Samaín da lectura dramatizada de Precísase fantasma!
Premiados no Concurso : Quen é o noso persoeiro enigmático? Manuel María

venres, 20 de novembro de 2015

UN SAMAÍN DE MEDO!



         Unha ano máis decoramos a nosa Biblioteca e ademais foi escenario dunha sesión de lectura dramatizada co alumnado de 1º de ESO . O texto seleccionado foi o titulado Precísase fantasma de Arthur Conan Doyle que forma parte dos relatos de pantasmas de Steven Zorn.


       A continuación o alumnado respondeu a un cuestionario de xeito colaborativo ( grupos de catro alumnos) sobre a historia narrada.






                     Mesmo houbo debate sobre as posibles respostas!



 E os gañadores foron:
-Iván Liñares
-Rubén Ferreiro
-Raúl Castro
-Álex García
                                     NORABOA!

sábado, 15 de novembro de 2014

SAMAÍN


 


   SAMAÍN 
 
TALLER LITERARIO  




 
 
                   Os nosos alumnos foron escritores 
                   por un día durante a celebración 
                   do Samaín 2014 
                   continuando o poema do escritor
                   X.P. Docampo que comezaba así :
                   Eu téñolle medo a... 
 
 
       A que lle terán medo ? 
 
 

 Eu téñolle medo a ...

ás inxustizas
ás arañas
á pobreza
a estar só
a perder a esperanza
a perder a humanidade
a perder a xustiza
a perder a cautela
á escuridade
a que ninguén me queira
a ser inútil
ás serpes
ós ladróns
ás pantasmas
a cans como os pastores alemáns
a ir en avión
a suspender un curso ou exames
ós extraterrestres ós tronos
a estar soa na vida
a non encontrar traballo
a morrer pronto
a non divertirme
a non ter familia e amigos
ós borrachos conducindo
a que arda a miña casa
a que un raio mate a alguén que eu queira
a ser pobre e non ter casa
á indiferenza
a que me eviten
a que me coma un oso
a que meu irmán morra nun accidente
a algunhas películas de terror
á tristeza
a que as persoas que quero deixen de quererme
á enfermidade
ás pelexas
a envellecer
a non cumprir os meus soños
a que morra a miña besta
ó desamor
a morrer xoven
a facer mal
ós lobos
a quedar soa pola noite
a que se lle conto algo
a alguén non me crea
a que as miñas amigas me abandonen
a abrir os ollos e non ver o amencer
á xente mala
ó karma
a que o meu can morra
a non ter recursos e depender dos demais
ó mar a quedar sen ninguén
a que me berren
ás vacas, touros e algúns cabalos
a cans grandes
a ficar insensible ás inxustizas
a algunhas alturas
á contaminación
ós espazos pequenos
ós medos
á amizade
ós políticos
á guerra
a min mesma
a que chegue un punto no que todo estea controlado pola tecnoloxía
ás bandas
ós accidentes
a quedar inválida
ás malas amizades
ó amor
ós problemas
a que ninguén queira ser o meu amigo
a morrer só
ós exames con malas notas ...


              Autores : alumnado do CPI “ Antonio Orza Couto “

venres, 14 de novembro de 2014

SAMAÍN

SAMAÍN 2014  
 Queredes saber que ben o   pasamos , pois adiante !!!


Os nosos pequechos meten MEDO !!!                       

                          A nosa biblioteca estaba chulísima !!!

Samaín 2014