Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

xoves, 13 de febreiro de 2020

TEMPO DE ENTROIDO!

Está chegando o Entroido ao noso CPI. Dende a Biblioteca dámoslle a benvida con esta presentación elaborada polo Equipo de Dinamización sobre esta celebración tan importante na nosa terra. Nela atoparedes información variada sobre a festa e poderedes coñecer diferentes personaxes típicos destas datas en toda Galicia.




Ademais, toda a comunidade educativa pode desfrutar dunha colorida exposición (situada no vestíbulo do edificio de Secundaria) sobre as máscaras máis representativas das catro provincias galegas:


venres, 31 de xaneiro de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

A última semana de xaneiro realizáronse no noso centro unha serie de actividades que nos invitaron a reflexionar sobre a PAZ, temática central destes días.
A paz vai intimamente ligada á convivencia e á colaboración, que foi precisamente o que fixemos xunto co profesorado de Relixión, Valores Éticos e Educación Plástica, motivando a todo o alumnado para elaborar estes fermosos murais que vedes a continuación:





Durante o recreo do venres 31 de xaneiro, todo o centro participou nun acto no que se deu lectura a un manifesto sobre a paz, recitouse un bonito poema de Gloria Fuertes e, para rematar, cantamos todos xuntos a canción "Apertas que voan", de Paco Nogueiras.



 

domingo, 19 de xaneiro de 2020

VISÍTANOS SONIA MIRÓN

O mércores 15 contamos coa visita da escritora Sonia Mirón. Tivo un encontro na Biblio co alumnado de 2º de ESO, que estiveron lendo o seu libro "Si tú quieres". Nel debateron sobre a obra e o alumnado tivo a posibilidade de resolver todas as dúbidas que lles quedaron. Remataron cunha firma de libros. Moitas grazas Sonia!





mércores, 15 de xaneiro de 2020

RECIBIMOS AS MALETAS VIAXEIRAS!

Hoxe recibimos na Biblio as maletas viaxeiras de igualdade. Podedes disfrutar do material durante todo este mes na entrada da biblio de Secundaria. Animádevos e pasade a botarlle un ollo!


xoves, 19 de decembro de 2019

GOZA COA LECTURA NO NADAL

Ola a tod@s!

Un ano máis desde a biblioteca queremos propoñervos unhas lecturas que seguro vos van facer máis entretido este Nadal. Con este tempo nada mellor que sentarse tranquilamente cun libro na man. 

Disfrutádeas!

xoves, 28 de novembro de 2019

25N

Nesta semana do 25N conmemoramos o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Desde a Biblioteca levamos xa todo o mes de novembro a colaborar co departamento de Orientación celebrando diversos obradoiros coa temática da violencia de xénero para intentar erradicar esta lacra para a nosa sociedade. Velaquí tedes o mural que o alumnado elaborou para a ocasión:





Entre tod@s podemos cambiar esta situación!

domingo, 24 de novembro de 2019

OS DEREITOS DO NENO

Desde a Biblio tamén queremos conmemorar o día dos Dereitos do Neno, para iso tivemos varias exposicións que se poden visitar en calquera dos dous edificios. 

Para @s que non tivestes ocasión de visitalas aquí vai unha mostra:





Ademais, o alumnado de 6º visitou o Concello para explicarnos de forma sinxela en que consisten eses dereitos: