Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

xoves, 31 de outubro de 2019

PREPARANDO O SAMAGOSTO E O MES DE NEIRA VILAS

Na biblio xa estamos preparando o Samagosto que se celebrará a semana que vén. Temos seleccionadas xa unha serie de lecturas escalofriantes que vos xearán o sangue... Ademais a decoración dos espazos vai avanzada, co noso alumnado colaborador e o alumnado de Plástica traballando a todo trapo. Achegádevos!

Tamén vos lembramos que a semana próxima tamén imos comezar o mes de Neira Vilas, ao que lembramos con moito agarimo. Como inicio teremos unha exposición coas súas obras e unha lectura dramatizada do seu relato Pantasmas do libro Cartas a Lelo, a cargo de alumnado de 1º de ESO coincidindo co Samagosto. Iremos colgando máis novas!!








venres, 25 de outubro de 2019

ESCAPE ROOM NO DÍA DA BIBLIOTECA

Seguimos de celebración na Biblioteca!! Tod@s @s que se achegaron onte á biblio levaron algún agasallo e o alumnado de 1º de ESO participou nunha escape room relacionada coa busca de información e o funcionamento e organización da biblioteca. Pasaron un rato estupendo e conseguiron saír a segundos. Ben feito!

                        



xoves, 24 de outubro de 2019

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA

Feliz Día da Biblioteca!

Para celebralo Alejandra, Andrea e Arón, do equipo de dinamización da biblioteca elaboraron este vídeo no que realizan unha investigación sobre os hábitos de lectura e o uso da biblio por parte da comunidade educativa. 

Desfrutádeo!





Ademais, tod@s @s que vos acheguedes pola Biblioteca hoxe durante o recreo teredes un agasallo. Non o perdades!


venres, 4 de outubro de 2019

NOVO CURSO, NOVO LEMA!

Ola a tod@s!

Benvidos a este novo curso escolar 2019-20. Como primeira toma de contacto queremos compartir con vós o lema das Bibliotecas Escolares deste ano: Biblioteca Escolar, viveiro de cidadanía que nos vai acompañar durante todo este curso e que vai ser o fío conductor das actividades que realicemos.
Aquí tedes o fabuloso cartel realizado polo ilustrador Óscar Villán e no que podedes ver diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. Disfrutádeo e que realicemos todas elas e algunha máis durante este curso!