Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Amosando publicacións coa etiqueta CONCURSOS E CERTAMES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONCURSOS E CERTAMES. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de novembro de 2018

A TRACA FINAL... O SAMAGOSTO!!

Por fin chegou a tan esperada celebración do Samagosto e non decepcionou!
En Infantil e Primaria os rapaces elaboraron uns contos de medo


e a continuación pasaron polo Túnel do Samaín:
Logo de comer unhas castañas todos xuntos, o alumnado de Secundaria fixo unha lectura dos mellores relatos de medo presentados na Biblioteca cunha estupenda ambientación en directo dos alumn@s de Música de 4º de ESO. Fabuloso resultado e noraboa a tod@s!!


mércores, 25 de maio de 2016

GAÑADORES

        Eis os nosos premiados! Grazas pola  vosa participación e noraboa a todos!

Premiados da actividade do Samaín da lectura dramatizada de Precísase fantasma!
Premiados no Concurso : Quen é o noso persoeiro enigmático? Manuel María

xoves, 21 de abril de 2016

HOMENAXE A MANUEL MARÍA

      O Equipo da Biblioteca iniciou o ano cunha actividade enigmática : a colocación de pezas dun crebacabezas polos corredores que se correspondían coa súa sinatura - tan característica - a súa imaxe e do seu nome coa finalidade de que os rapaces se preguntaran que podía ser aquilo que cada semana se ía distribuíndo polas paredes .

  Velaquí unha pequena mostra.





        

Na primeira semana de abril situamos unha imaxe do persoeiro enigmático.


Na zona de 1º e 2º de ESO , o noso persoeiro é ben noviño.
Na zona de 3º e 4º de ESO o noso persoeiro xa é un adolescente.


Homenaxe a MANUEL MARÍA on PhotoPeach

luns, 11 de abril de 2016

CONCURSO


A nosa Biblioteca = base de exploracións 




Ao longo de varias semanas ides investigar e xogar! A nosa BIBLIOTECA será unha vez máis base de exploracións .

Atoparedes unhas imaxes relacionadas cun PERSOEIRO GALEGO nun PANEL situado na entrada do Centro. Nel aparecerán 6 cuestións que poderedes resolver navegando na Rede ou utilizando o material bibliográfico que está á vosa disposición na nosa Biblioteca.


Ao resolver as preguntas que aparecen con cada imaxe saberedes máis sobre el . Desvelaremos a súa identidade na Semana Cultural !

As instruccións tédelas expostas no vestíbulo do Centro e no panel de últimas noticias ao ladiño da Biblioteca.
 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!!!
 

luns, 24 de novembro de 2014

CONCURSOS E CERTAMES


 Os nosos alumnos e alumnas participaron no1º certame de relatos “Xosé Neira Vilas “ 
convocado polo Concello de Boqueixón a través do departamento de Educación e cultura. 
   Este ano o tema xiraba arredor da figura dos AVÓS .

Tedes á vosa disposición na Biblioteca a publicación 
que recolle os relatos premiados.