Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

luns, 17 de decembro de 2018

LECTURAS PARA O NADAL

Chegamos ao final deste trimestre e con el ao Nadal. Desde a Biblioteca queremos recomendarvos unhas lecturas estupendas que vos van a animar estas vacacións e que xa tedes dispoñibles en préstamo. Non dubidedes en facer os vosos comentarios cando as rematedes.
Felices Festas!!






luns, 12 de novembro de 2018

A TRACA FINAL... O SAMAGOSTO!!

Por fin chegou a tan esperada celebración do Samagosto e non decepcionou!
En Infantil e Primaria os rapaces elaboraron uns contos de medo


e a continuación pasaron polo Túnel do Samaín:
Logo de comer unhas castañas todos xuntos, o alumnado de Secundaria fixo unha lectura dos mellores relatos de medo presentados na Biblioteca cunha estupenda ambientación en directo dos alumn@s de Música de 4º de ESO. Fabuloso resultado e noraboa a tod@s!!


mércores, 31 de outubro de 2018

MERGULLÁMONOS NO SAMAÍN

Estamos quentando motores para o Samaín, que este ano sabedes que será máis ben Samagosto. Aínda que a celebración principal será o día 6 de novembro, a Biblioteca xa puxo as galas para recibilo con decoración propia e as máscaras elaboradas para o concurso de Halloween e o alumnado de música de 4º de ESO xa está a tope coa ambientación dos vosos relatos de medo. Ademais fixemos unha selección de lecturas de terror para que pasedes unha noite de Samaín totalmente terrorífica. 
Estades preparados???










venres, 26 de outubro de 2018

CARTEL CLUB DE LECTURA

Mirade que tremendo cartel nos fixeron os alumn@s de 3º de ESO xunto coa súa profesora Ana en E. Plástica! Moitísimas grazas!!
Agora só falta que tod@s vos animedes a participar no Club de Lectura 😉. Agardámosvos na Biblioteca!!


martes, 23 de outubro de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA



Queremos celebrar este 24 de outubro, día da Biblioteca, facéndovos partícipes dos fondos da nosa biblioteca. Na mesa expositor da entrada do edificio de Secundaria hai uns exemplares de libros que van ser expurgados así que, que mellor que cadaquén leve o que máis lle interese?!
Simplemente tedes que escoller o exemplar (ou exemplares) que vos interesen e levalos para a vosa biblioteca persoal.

Botade un ollo e apurade antes de que se rematen!!

domingo, 14 de outubro de 2018

QUENTANDO PARA O SAMAÍN

QUEREDES PASALO DE MEDO?
SACADE O STEPHEN KING QUE LEVADES DENTRO E ESCRIBIDE UN RELATO DE MEDO, CANTO MÁIS TERRORÍFICO MELLOR.

ENTREGÁDEO NA BIBLIOTECA ATA O 26 DE OUTUBRO E OS MELLORES LERANSE O DÍA DO SAMAÍN CUNHA AMBIENTACIÓN MOI ESPECIAL DA MAN DOS ALUMNOS DE MÚSICA DE 4º.
ANIMÁDEVOS!



luns, 24 de setembro de 2018

BENVIDA AO NOVO CURSO 2018-19!



Ola a tod@s!

Comezamos un novo curso cheo de novos proxectos e, que mellor que facelo con música?

Para abrir boca o alumnado de 3º de Primaria a 4º de ESO e o resto da comunidade educativa puidemos gozar cun recital músico-poético da man do cantautor Manoele de Felisa, que fixo unha homenaxe musical aos poetas galegos e co que presentamos o lema da Biblioteca deste curso:"Poéticas diversas na biblioteca escolar".

Grande actuación para o comezo dun gran curso. Moitas grazas por acompañarnos!


martes, 5 de xuño de 2018

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

           Un ano máis deixamos as nosas recomendacións lectoras para o verán !
           O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESÉXALLES A TODOS OS USUARIOS UN FELIZ VERÁN !


luns, 14 de maio de 2018

PEDRO PÉREZ


             O noso persoeiro deste ano é  Pedro Pérez , un estremeño que estivo moi vinculado a Boqueixón por exercer de veterinario durante anos. 
            A súa entrega aos habitantes deste Concello, en especial a Ponte Ledesma foi tal que creou unha Fundación que leva o seu nome.
         O obxectivo de dita Fundación é o apoio á formación universitaria de estudantes boqueixoneses preferentemente de  medicina ou veterinaria.

Quen foi Pedro Pérez e que vinculación tivo con Boqueixón .
A Fundación de Pedro Pérez





Documentos relacionados coa Fundación

MARÍA VICTORIA MORENO


    O alumnado de 4º de ESO realizou un traballo de investigación sobre a figura homenaxeada este 17 de maio. 
      Descubriron a María Victoria Moreno e ofrecéronlle á Comunidade Educativa unha mostra do seu labor no ámbito literario, educativo  e tamén no plano persoal.
       Aquí volo deixamos !

sábado, 12 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

      A VII Semana Cultural vén de ser inaugurada por MARILAR ALEIXANDRE. 
 
 


      

    A RAG  encargoulles a Marilar e Fina Casalderrey elaborar a biografía de María Victoria Moreno, a figura homenaxeada este 17 de maio de 2018. 

        O noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o universo persoal e literario de María Victoria. 

        


        
         
        

xoves, 10 de maio de 2018

RENOVAMOS A NOSA BIBLIOTECA

       O espazo da biblioteca para os nosos pequenos ten un aire novo... Vaia cambio ! Mirade como mudou !







domingo, 29 de abril de 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018


       

      O 17 de maio homenaxeamos a figura de María Victoria Moreno, unha estremeña que optou por Galicia e a súa lingua.
            
        Ofrecémosvos nesta ligazón material diverso sobre  esta muller que dedicou a súa vida á docencia e á escrita. Con esta proposta da Real Academia Galega podedes achegarvos á súa vida, á súa profesión e ao seu pensamento. 
                         Primavera das Letras 
              


venres, 20 de abril de 2018

A LER ...

    



      O noso clube comeza outra aventura lectora. Agora eliximos Wonder, la lección de August. 

   Adentrarémonos nas vivencias de August, un neno de 10 anos que naceu co síndrome de Treacher Collins. 

A CONCURSAR !!!


                O Equipo de Dinamización inicia a finais de abril o concurso   Investigamos e xogamos .

           Os Departamentos Didácticos aportaron frases célebres de persoeiros de diferentes áreas do coñecemento : Historia, Filosofía, Literatura, Arte... e todas elas versan sobre o lema "Pensar desde a Biblioteca Escolar ".

       Nos corredores e escaleiras do Centro haberá distribuídos 22 paneis que conteñen  as palabras das frases, pero desordenadas; o alumnado debe organizar correctamente a frase, averiguar o nome do autor ou autora e a área do coñecemento na que destacou.
         

  Na busca dos datos poden navegar na Rede ou utilizar os fondos bibliográficos da nosa Biblioteca. 

 


              Os gañadores recibirán o premio durante a Semana Cultural o día 18 de maio.







xoves, 5 de abril de 2018

INVENTIGANDO...


   
 
O alumnado de Cultura Clásica de 3º de ESO tamén se sumou ao lema deste ano de PLAMBE: “ Aprender a pensar desde a Biblioteca Escolar”.



Nesta ocasión, o alumnado realizou unha investigación sobre os inicios do pensamento racional e da filosofía, o nacemento da ciencia (matemáticas, física e astronomía) e da medicina, os comezos da educación nun sistema regrado, a aparición do teatro como xénero lúdico e educativo e os primeiros enxeños e inventos.


Os resultados destas investigacións plasmáronse nuns pósters explicativos que se expuxeron nos corredores máis próximos á Biblioteca e que os propios alumnos se encargaron de presentar aos compañeiros durante as horas de clase da semana.


                   
EXPOSICIÓN NOS CORREDORES

venres, 9 de marzo de 2018

8 de marzo

              O alumnado de 3º de ESO 
celebra o 
8 de marzo.

 Tres mulleres únicas e diferentes: 
Louise Bourgeois
Frida Kahlo

  Yayoi Kusama

        Na aula de Plástica os alumnos plasmaron a visión que tiñan da obra artística destas tres mulleres e  na aula de Lingua Galega realizaron un traballo de investigación arredor da vida e obra artística de cada unha delas.

       A obra artística de Yayoi, Louise e Frida é autobiográfica, marcada polos avatares da vida e a súa relación cos homes. Defenderon por enriba de todo o seu papel como mulleres e artistas e a ARTE foi a canle de comunicación que lles permitiu expresarse libremente. 






luns, 5 de marzo de 2018

O noso clube comparte lecturas


     Reloxos extraordinarios, o Tempo, a Morte, os Outros, Cidade Oculta... e moito misterio ocupan as páxinas desta novela de Laura Gallego.

     O protagonista, Jonathan, debe atopar un reloxo especial - o reloxo Deveraux - antes de doce horas. Está nun lugar da Cidade Antiga, pero esta cidade ten a capacidade de transformarse... 

     Os membros do noso Clube de Lectura están a pasear polas rúas desta cidade con dúas caras axudando a Jonathan a descubrir que misterio oculta o Señor Marqués e o reloxo Deveraux.


 
 
                             

venres, 23 de febreiro de 2018

Día de Rosalía

              Os nosos rapaces lembran á poetisa galega Rosalía de Castro que cumpriría 181 anos este 24 de febreiro de 2018.
            Unha escritora universal comprometida con Galicia e a súa lingua que nos deixou unha poesía persoal.

                               Esta exposición que honra a súa figura.


            

venres, 9 de febreiro de 2018

O AMOR E A AMIZADE


 
O 14 de febreiro, día de San Valentín, é coñecido como o día dos namorados ou
día do amor e a amizade.
 
Un dos símbolos deste día é un corazón, ou a cor vermella ademais dun neno alado cos ollos vendados e armado de arco e frechas que vén sendo Cupido. 
 
Na mitoloxía romana era o deus do desexo amoroso – fillo de Venus ( deusa do amor , a beleza e a fertilidade ) e de Marte ( fillo da guerra ); na mitoloxía grega chamábase Eros.

   O tema do amor é un tema universal que atopamos en lendas, mitos, novelas, poesía, pintura, cartas, música, teatro, cine... 
    Na entrada da Biblioteca realizouse unha exposición con novelas, poemarios, teatro e cine que forman parte dos nosos fondos.
      
Ante o toque do amor, todos se converten en poetas” (Platón, filósofo grego)

                    Velaquí tedes unha mostra da mesma      















mércores, 24 de xaneiro de 2018

O PENSAMENTO NO HUMANISMO E NA ILUSTRACIÓN

            O Departamento de Xeografía e Historia participou no lema deste ano de PLAMBE : "Aprender a pensar desde a Biblioteca Escolar". 
           O alumnado desta materia de 3º de ESO  realizou un traballo de investigación sobre pensadores e pensadoras do  Humanismo e o de 4º de ESO sobre pensadores e pensadoras da  Ilustración en Galicia e en Europa. 
        Nesta exposición pódese descubrir a maneira de PENSAR  de persoeiros tan relevantes como Maquiavelo, Erasmo de Rotterdam, Luisa Sigea de Velasco, Olimpia Fulvia Morata, Rousseau, Adam Smith, Pai Sarmiento, Pai Cernadas de Castro...
          Os traballos foron expostos posteriormente nos corredores do Centro para toda a Comunidade Educativa e aquí tedes unha mostra nun mosaico de imaxes.