Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Amosando publicacións coa etiqueta LEMA 2017-18. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LEMA 2017-18. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de abril de 2018

A CONCURSAR !!!


                O Equipo de Dinamización inicia a finais de abril o concurso   Investigamos e xogamos .

           Os Departamentos Didácticos aportaron frases célebres de persoeiros de diferentes áreas do coñecemento : Historia, Filosofía, Literatura, Arte... e todas elas versan sobre o lema "Pensar desde a Biblioteca Escolar ".

       Nos corredores e escaleiras do Centro haberá distribuídos 22 paneis que conteñen  as palabras das frases, pero desordenadas; o alumnado debe organizar correctamente a frase, averiguar o nome do autor ou autora e a área do coñecemento na que destacou.
         

  Na busca dos datos poden navegar na Rede ou utilizar os fondos bibliográficos da nosa Biblioteca. 

 


              Os gañadores recibirán o premio durante a Semana Cultural o día 18 de maio.







xoves, 5 de abril de 2018

INVENTIGANDO...


   
 
O alumnado de Cultura Clásica de 3º de ESO tamén se sumou ao lema deste ano de PLAMBE: “ Aprender a pensar desde a Biblioteca Escolar”.



Nesta ocasión, o alumnado realizou unha investigación sobre os inicios do pensamento racional e da filosofía, o nacemento da ciencia (matemáticas, física e astronomía) e da medicina, os comezos da educación nun sistema regrado, a aparición do teatro como xénero lúdico e educativo e os primeiros enxeños e inventos.


Os resultados destas investigacións plasmáronse nuns pósters explicativos que se expuxeron nos corredores máis próximos á Biblioteca e que os propios alumnos se encargaron de presentar aos compañeiros durante as horas de clase da semana.


                   
EXPOSICIÓN NOS CORREDORES

mércores, 24 de xaneiro de 2018

O PENSAMENTO NO HUMANISMO E NA ILUSTRACIÓN

            O Departamento de Xeografía e Historia participou no lema deste ano de PLAMBE : "Aprender a pensar desde a Biblioteca Escolar". 
           O alumnado desta materia de 3º de ESO  realizou un traballo de investigación sobre pensadores e pensadoras do  Humanismo e o de 4º de ESO sobre pensadores e pensadoras da  Ilustración en Galicia e en Europa. 
        Nesta exposición pódese descubrir a maneira de PENSAR  de persoeiros tan relevantes como Maquiavelo, Erasmo de Rotterdam, Luisa Sigea de Velasco, Olimpia Fulvia Morata, Rousseau, Adam Smith, Pai Sarmiento, Pai Cernadas de Castro...
          Os traballos foron expostos posteriormente nos corredores do Centro para toda a Comunidade Educativa e aquí tedes unha mostra nun mosaico de imaxes.

xoves, 19 de outubro de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA


           24 DE OUTUBRO , DÍA DAS  BIBLIOTECAS 
            O día 24 de outubro é o Día da Biblioteca e conmemórase desde 1997 en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada no 1992 durante o conflito dos Balcáns.   


            A biblioteca é o lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura e un instrumento de mellora da formación e convivencia humana. 
              E este ano celebrámolo poñendo en valor O PENSAMENTO E OS LIBROS !   E así ...

    A Biblioteca convídavos a PENSAR !
    Como ? Pois co cine, música, teatro, libros !

          Desta volta imos PENSAR a través dos LIBROS !

  Existe un LIBRO para TODO ! Para vivir aventuras, para emocionarse, para viaxar, para evadirse, para ensinar... Pero, tamén hai libros que son capaces de cambiar a túa visión da vida.
Son moitos os libros que nos fan REFLEXIONAR e rompen as fronteiras da nosa forma de PENSAR !
  Aquí vos deixamos unha pequena mostra deses libros que poden activar o voso PENSAMENTO !  

Juan Salvador Gaviota de Richard Bach

Hai quen obedece as súas propias regras, hai quen encontra pracer en superarse a si mesmo, hai quen adiviña o que está máis alá do que ven os seus ollos, hai quen prefire voar a comprar e comer...

 
El principito de Antoine de Saint-Exupéry
Esta obra traducida a máis de 100 idiomas, narra a historia dun aviador que tras sufrir un accidente no deserto del Sáhara encontra un neno que vén dun asteroide. Contaralle a historia da súa viaxe a través de varios planetas en busca dun verdadeiro amigo, ata chegar á Terra onde finalmente entenderá o verdadeiro sentido do amor e da amizade. 
 

Cometas en el cielo de Khaled Hosseini

Nesta novela aprendemos ensinanzas da man de Amir -un neno rico de Kabul- e Hassan -fillo dun dos empregados do pai de Amir-. Son dous nenos que a pesar de vir de contextos diferentes manterán unha amizade, pero sometida a toda clase de probas.

El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher

Este libro chega ao corazón e resulta ser unha experiencia que expande a mente. Posúe unha profundas ensinanzas sinxelas e humildes a través dunha prosa chea de beleza.


El monje que vendió su Ferrari de Robin Sharma

Julian Mantle é un exitoso avogado que despois de vivir unha vida chea de estrés e gobernada polos cartos decide abandonalo todo ao sufrir un infarto e comezará unha viaxe que o levará a enfrontarse aos grandes misterios da vida.

El Alquimista de Paulo Coelho

Santiago, un mozo pastor que tras soñar varias noites que descobre un tesouro escondido nas pirámides de Exipto, decide emprender unha longa viaxe que o levará a encontrarse co seu destino.


Mil soles espléndidos de Khaled Hosseini
Historia que xira en torno á amizade de dúas mulleres afganas que proveñen de dous mundos diferentes. Porén as súas vidas entrelazaranse non só por obra do azar, senón tamén por todos os sucesos que tiveron lugar en Afganistán durante los últimos trinta anos.





 

mércores, 13 de setembro de 2017


O Equipo da Biblioteca dávos a benvida !
Comezamos unha nova andaina e cun novo lema para este curso escolar 2017/2018 : "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" .
Ralph W. Emerson ( século XIX, político e pensador estadounidense) :
“ O PENSAMENTO É A SEMENTA DA ACCIÓN “.

Un lema que nos invita a desenvolver o noso pensamento crítico, que nos invita a aprender a pensar... Como ? Pois, a través de contos, de lecturas de ficción, de investigacións, da poesía, co cine, do teatro, da música, das actividades compartidas...
O motor que nos vai guiar é a curiosidade, a capacidade de asombro e a necesidade de buscar respostas a tantos e tantos misterios e fenómenos que nos rodean.
Se queredes acompañarnos as portas están abertas e xuntos atoparemos as respostas !