Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións

xoves, 13 de febreiro de 2020

TEMPO DE ENTROIDO!

Está chegando o Entroido ao noso CPI. Dende a Biblioteca dámoslle a benvida con esta presentación elaborada polo Equipo de Dinamización sobre esta celebración tan importante na nosa terra. Nela atoparedes información variada sobre a festa e poderedes coñecer diferentes personaxes típicos destas datas en toda Galicia.




Ademais, toda a comunidade educativa pode desfrutar dunha colorida exposición (situada no vestíbulo do edificio de Secundaria) sobre as máscaras máis representativas das catro provincias galegas:


venres, 1 de marzo de 2019

E ASÍ RECIBIMOS O ENTROIDO

Logo de traballar durante tanto tempo, chegou por fin o día do Entroido!!! Así o recibimos na Biblioteca en colaboración co Equipo de Extraescolares e o departamento de Plástica:




luns, 18 de febreiro de 2019

AMBIENTAMOS A BIBLIO PARA O ENTROIDO

Achégase o Entroido e desde a Biblioteca, logo de realizar os obradoiros de elaboración de atranques e regueifas, queremos pedir a vosa colaboración para crear ambiente. Pedímosvos que elaboredes algún gorro relacionado coa temática dos Xenerais da Ulla e o entreguedes na Biblio, onde os expoñeremos durante estas semanas.
Algúns alumn@s de 1º de ESO xa se puxeron mans á obra, así que vos deixamos unha mostra para darvos inspiración.
Animádevos!!

mércores, 13 de febreiro de 2019

VAN CHEGANDO OS XENERAIS!

Como o eixe central que nos artella este curso é o tema dos Xenerais do Ulla, que nos toca moi de preto, na Biblioteca, xunto co departamento de Xeografía e Historia queremos ir quentando motores de cara o Entroido cunha exposición sobre a figura histórica dos Xenerais elaborada polo alumnado de 4º de ESO. Podedes atopala no taboleiro de entrada á Biblioteca.

Non tardedes en visitala!!




martes, 10 de febreiro de 2015

O ENTROIDO E AS MATEMÁTICAS


         

Este ano o Entroido do noso centro é moi, moi especial !!!  

    
 
  O Equipo de Dinamización da Lingua propúxolle á MEQUIÑA colaborar coa Biblioteca e poñer de moda  AS MATEMÁTICAS !!!


                             Esta é a nosa MEQUIÑA !!! É a número 1 !!!


                                       
                            Estas son as súas propostas !!!

                         1º día : NÚMEROS



                         2º día : FIGURAS XEOMÉTRICAS










    

luns, 2 de febreiro de 2015

TALLER LÚDICO

                                         ENTROIDO 2015



    O Equipo da Biblioteca convídavos a participar no concurso  de...

 MÁSCARAS 
DE
 ENTROIDO !




Tedes á vosa disposición todo o material necesario . Só debedes poñer en marcha a vosa imaxinación e creatividade !!!

      A actividade desenvolverase entre os días 6 e 11 de febreiro .