Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

mércores, 31 de outubro de 2018

MERGULLÁMONOS NO SAMAÍN

Estamos quentando motores para o Samaín, que este ano sabedes que será máis ben Samagosto. Aínda que a celebración principal será o día 6 de novembro, a Biblioteca xa puxo as galas para recibilo con decoración propia e as máscaras elaboradas para o concurso de Halloween e o alumnado de música de 4º de ESO xa está a tope coa ambientación dos vosos relatos de medo. Ademais fixemos unha selección de lecturas de terror para que pasedes unha noite de Samaín totalmente terrorífica. 
Estades preparados???










venres, 26 de outubro de 2018

CARTEL CLUB DE LECTURA

Mirade que tremendo cartel nos fixeron os alumn@s de 3º de ESO xunto coa súa profesora Ana en E. Plástica! Moitísimas grazas!!
Agora só falta que tod@s vos animedes a participar no Club de Lectura 😉. Agardámosvos na Biblioteca!!


martes, 23 de outubro de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA



Queremos celebrar este 24 de outubro, día da Biblioteca, facéndovos partícipes dos fondos da nosa biblioteca. Na mesa expositor da entrada do edificio de Secundaria hai uns exemplares de libros que van ser expurgados así que, que mellor que cadaquén leve o que máis lle interese?!
Simplemente tedes que escoller o exemplar (ou exemplares) que vos interesen e levalos para a vosa biblioteca persoal.

Botade un ollo e apurade antes de que se rematen!!

domingo, 14 de outubro de 2018

QUENTANDO PARA O SAMAÍN

QUEREDES PASALO DE MEDO?
SACADE O STEPHEN KING QUE LEVADES DENTRO E ESCRIBIDE UN RELATO DE MEDO, CANTO MÁIS TERRORÍFICO MELLOR.

ENTREGÁDEO NA BIBLIOTECA ATA O 26 DE OUTUBRO E OS MELLORES LERANSE O DÍA DO SAMAÍN CUNHA AMBIENTACIÓN MOI ESPECIAL DA MAN DOS ALUMNOS DE MÚSICA DE 4º.
ANIMÁDEVOS!