Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

martes, 20 de decembro de 2016

Nadal 2016

https://issuu.com/issuu-reader3-embed-files/latest/document-page-reader.html

                         O Equipo da Biblioteca deséxavos un Bo Nadal 2016 ! 
                         Neste tempo de lecer as lecturas son unha boa compañía.

                         E se clicades en RECOMENDACIÓNS NADAL 2016  accederedes ás nosas recomendacións .

luns, 7 de novembro de 2016

OS NOSOS PEQUENOS PÁSANO DE MEDO !!!



        No mes de outubro- un ano máis- ,  o Equipo da Biblioteca buscou libros de temática axeitada para celebrar o Samaín , unha festa pagá para celebrar as colleitas, o final do outono e o comenzo do inverno.
     Decorou a biblioteca con cadros, esqueletes, e fixo unha pequena exposición de libros.



    

Un marcapáxinas de ARTE E MEDO


     O alumnado de 1º de ESO botou a voar a súa imaxinación e elaborou un marcapáxinas persoal terrorífico .

     Se clicades neste enlace poderedes ver os seus traballos.  METE MEDO A ARTE QUE TEÑEN !!!



venres, 4 de novembro de 2016

Samaín e Halloween van da man !


   
 
   O Departamento de Inglés celebrou o Samaín cunha exposición de cabazas moi especial. O tema central foi AS ARTES _lema das Bibliotecas Escolares_ na que o alumnado tiña que deixar voar a súa imaxinación .
    Aquí vos ofrecemos unha mostra das súas OBRAS DE ARTE .

                   Happy Halloween e Feliz Samaín!








martes, 11 de outubro de 2016

O PAPAGAIO


                             Estamos de noraboa!

Acaba de nacer 'O Papagaio', un xornal en galego para o alumnado de Primaria e Secundaria.


  Chega ás nosas mans un novo xornal en galego, en papel, dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria. Terá dez números, un ao mes, e descansará os meses de verán.
  Tratará temas de actualidade relacionados coa ciencia, a tecnoloxía, a ecoloxía, a historia, a arte, a cultura... E tamén terá unha sección de banda deseñada e unha tira humorística.

Está á nosa disposición na rede . Premendo na imaxe accederemos ao primeiro número.



https://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html



NOVIDADES

O EQUIPO DA BIBLIOTECA “XOSÉ NEIRA VILAS” INFORMA ...

                      TEDES Á VOSA DISPOSICIÓN AS SEGUINTES NOVIDADES ! 








sábado, 10 de setembro de 2016

LEMBRANZAS



GRANDE ENTRE OS GRANDES, ASÍ ERA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ !

      Foi un gran contador de historias que engaiolou a pequenos e a maiores.
       Transportounos a un mundo literario que fixemos noso : unhas veces tenro e sensible e outros medorento e misterioso ou dramático.
     Este xenio das nosas Letras conseguiu atrapar ao lector desde a primeira ata a última páxina de cada un dos seus libros. 
    Grazas por compartir con nós as túas historias! Grazas por deixarnos un gran tesouro _ os teus libros _ !

   Aquí vos ofrecemos unha pequena mostra da súa obra






venres, 9 de setembro de 2016


Comezamos curso! E estreamos un novo lema :
Biblioteca escolar, territorio das Artes
Xa vedes como os lectores e lectoras estamos convidados a explorar novos mundos : música, cine, fotografía, pintura, arquitectura, danza, escultura...!
O Equipo da Biblioteca anímavos a que vos acheguedes a todas estas artes! Este ano toca ser ARTISTAS !
Aquí vos deixamos o cartel de Minia Regos! Unha beleza, a que si !




xoves, 23 de xuño de 2016

LIBROS MÁIS EMPRESTADOS

Estes foron os libros máis emprestados ao longo deste curso na nosa Biblioteca! 

  1. El mundo azul. Ama tu caos.
  2. Corazón de mariposa.
  3. Chica de 15.
  4. Bajo la misma estrella.
  5. Buscando a Alaska. 
  6. Palabras de Caramelo.
  7. Wonder, la historia de Julián.
  8. O corazón de Xúpiter.
  9. Moonkid e Liberty.






                          Pode ser unha boa opción levalos para o verán! Agardan por vós!

luns, 13 de xuño de 2016

PINTAMOS, CREAMOS CONTOS E XOGAMOS

          CREAMOS HISTORIAS E PINTAMOS PEDRAS

      Este curso, un proxecto de biblioteca foi “ Contos pintados en pedra”. Consistía en inventar un conto, escribilo e, despois, facer os debuxos en relación co mesmo,(personaxes, paisaxes, etc) en pedras ou calquera material substituto. Estaba aberto a todos os nenos de EI e EP. 

Eis unha mostra dos traballos realizados. Os noso pequenos son uns artistas!


                                                                As formiguiñas traballadoras
Un día unas formigas andaban a traballar. Un morcego sempre as distraía falando, pero elas seguían a traballar. Un día a formiga maior dixo:
-hoxe é día de Praia pero non iremos.
Pero…as formigas x aforan a correr á Praia. A maior dixo:
-non sei, non sei que pasará! Bueno, eu non vou porque senón…pasará algo.
Máis tarde chegaron súas irmáns con Lola, a formiga traballadora nas mans, “irmáns, Lola afogou, sentímolo. Non vaiades nunca á Praia. Por iso eu non vou. ”
Lola con repouso curará e despertará. Ó día seguinte, Lola curou pero as demais estaban durmindo. Lola foi de viaxe, camiñou e camiñou…despois atopou a una formiga e preguntoulle:
-como te chamas?
-Lorenzo. E ti?
-Lola
Leváronse ben e un día casaron e tiveron un fillo.


                                                                       El bosque secreto
A una niña llamada Lucía le llevaron a un bosque del que todos hablaban. No decían nada agradable. Se decía que había grandes fieras, monstruos, tenebrosos animales…pero como Lucía era muy aventurera, no le importó.
Al llegar, se alojó en una pequeña cabaña con una amplia habitación. Ni siquiera acomodó sus cosas en la cabaña, cogió una pequeña mochila donde metió agua, una chaqueta y comida y salió corriendo a explorar el bosque.
No veía nada, ni malo ni bueno, pero en cuanto se dio la vuelta, vió que un pequeño brillo brotaba de entre los árboles y ¡como no! se metió entre ellos y se llevó una sorpresa: era un lugar lleno de pequeños y adorables animales, los cuales la recibieron bien. Lucía pasó todo lo que quedaba del día allí, y se prometió no decírselo a nadie así, podría estar sola con los animales.




 



E tedes máis mostras do seu magnífico traballo!!! Os nosos contos on PhotoPeach

XOGANDO A SER POETAS!!!


 POEMA-BANDO

A partir do poema de Manuel María, Bando, tomamos a licencia de facer algo semellante no colexio. Cada aula tiña un modelo do orixinal e, a partir del, tratábase de crear o propio bando en cada grupo de alumnos dende Infantil A ata 6º de EP para logo expoñelo nun atril á entrada do cole e que todos tiveran a oportunidade de lelos e recrearse na creatividade e imaxinación dos compañeiros.

Aquí vos deixamos unhas mostras dos poemas dos nosos pequenos.







BANDO 1º
Prohíbese por orde da clase de 1º,
que saian as flores na primavera.
Dende agora os paxaros deixarán de voar
e soamente poderán ir en bicicleta.
Prohíbese comer torta nos aniversarios.
Pagarán máis impostos as perosas
que no seu nome leven vogáis.
Prohíbese poñer sinais nas calzadas.
Pódese rir soamente nos exames.
Está fora de Lei cantar na ducha.
Dase este bando en tal e cual
pra que se cumpra
de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado.

 
BANDO de 2º A


Prohíbese por orde dos nenos e nenas de 2ºA
levar deberes para a casa e
ter o pupitre recollido e ordenado.
Piden que utilice e aprenda as táboas o carpinteiro,
que aprobemos o curso sen facer exames.
Prohibido comprar, reutilizaremos todo.
Por suposto, queda prohibido o diñeiro
pagaremos todo coas palabras “por favor” e “grazas”.
Prohibido portarse ben,
para que está o semáforo vermello?
Dase este bando en maio de 2016
para que se cumpra
de orde de 2º.
Firmado e rubricado.
Os alumnos e alumnas de 2º de E.P.
 
 BANDO DE 2º B
Prohíbese, por orde dos nenos de 2º B
Non pegar para non lastimar.
Dende agora, para a aprender e mellorar
Tampouco replicar para non cansar.
Con amor e sen torpeza
Imos coidar a natureza.
Para disfrutar, o mundo queremos coidar.
Obrigamos a soñar para non pásalo mal.
Repartimos bicos e abrazos todo o ano
e nin cansamos nin fai daño.

            BANDO DE 3º DE Primaria          

Prohíbese por orde dos nenos e nenas de 4º de Primaria:

Que os alumnos e alumnas vaian ao colexio a partir dos 10 anos.
Piden que non se fagan exercicios,
nin se traian mochilas nas costas.
Prohibido asistir ás clases dentro das aulas,
para que temos patio de recreo?
As aulas servirán a partir de hoxe
para pintar ou durmir.
Por suposto, queda prohibido ler e estudar.
Tamén escribir, debuxar ou calquera actividade
que precise goma e lapis.
Acabouse non ir de excursión
todas as semanas,
ou facer educación física poucas horas
á semana.
Os luns queda terminantemente prohibido vir .
Prohibido vir en autobús,
teremos que camiñar.
Dende hoxe os paxaros
non poderán usar as súas ás para voar
terán que ir en avión ou helicóptero.
Prohibido
Non se poderán vivir coa familia
nin os peixes nadar no río sen licencia.
Prohibidísimo que os pais nos manden
comer verdura e froita, pero sobre todo,
que as nubes non saian no verán.
Prohibido usar pantalón longo,
gomas do pelo e moito menos
cazadora!
Está fóra da lei facer calquera deporte
e usar a imaxinación,
rir das cousas graciosas
e facer amigos.
Prohibido as estrelas no ceo
e bailar.
Prohibido durmir, ese tempo é
para xogar.
Prohíbese ter mozo ou moza.
Os reloxos non poderán marcar a hora,
así que terán que marchar a outro planeta.
Prohibido falar en galego, en castelán e inglés,
vamos, que non fales!
Non se permite plantar máis árbores,
nin ningunha flor por bonita que sexa.
Só poderán traballar os nenos e nenas de 0 a 3 anos,
así que haberá que mirar que se fai.
O sol é un pesado que non nos deixa durmir,
prohibímoslle que saia e
pensarémonos se o temos que eliminar.
Nin de broma se poderán ter animais en casa
nin chamarse Xosé ou Uxía .

Dáse este bando en maio de 2016
para que se cumpra
de orde de 4º.
Firmado e rubricado.

Os alumnos e alumnas de 4º de EP






MINIBOOK

         Día do libro
   Con motivo do Día do Libro, 23 abril, elaboramos un minilibro cunha tira de papel tamaño A3 e a portada e contraportada de cartolina. Escribimos un lema nel e cada neno decorouno á súa maneira.



 



LEMOS COS NOSOS PADRIÑOS


      APADRIÑAMENTO  ( INFANTIL 5 -5º EP )
Esta actividade consistiu en agrupar os nenos de 5 anos de EI cos nenos de 5º EP. Cada neno pequeno tiña un maior que lle ensinaba un conto. Ían amosándollo, lendo, compartindo comentarios e, sobre todo, fortalecendo o gusto pola lectura. Esta actividade durou todo o curso e facíase una vez por semana na biblioteca, segundo dispoñibilidade, o una aula de Infantil.








LIBROS LUPA

LEMOS DUN XEITO ORIXINAL!!! 

 O proxecto consistía en representar un conto (ou varios)  coñecido en varias láminas de acetato, tanto letra coma debuxos.
Logo desa lámina íase colocando una cartolina negra e así tantas láminas como cartolinas para ir formando un libro por aula. Para poder lelo, métese entre a lámina e a cartolina negra, unha lupa feita con cartolina branca a efecto contraste. A lupa vai enganchada no canutillo do libro con cordón de longo suficiente para poder pasalo páxina tras páxina.




xoves, 9 de xuño de 2016

LIBROS PARA O VERÁN!!!

Aquí vos deixamos a nosa proposta de lecturas para o verán ! 

Podedes consultar tamén as suxestións dos vosos compañeiros neste blog !

mércores, 25 de maio de 2016

GAÑADORES

        Eis os nosos premiados! Grazas pola  vosa participación e noraboa a todos!

Premiados da actividade do Samaín da lectura dramatizada de Precísase fantasma!
Premiados no Concurso : Quen é o noso persoeiro enigmático? Manuel María