Estamos de noraboa!
Acaba de nacer 'O Papagaio', un xornal en galego para o alumnado de Primaria e Secundaria.
  Chega
ás nosas mans un novo xornal en galego, en papel, dirixido ao
alumnado de Primaria e Secundaria. Terá dez números, un ao mes, e
descansará os meses de verán. 
  Tratará
temas de actualidade relacionados coa ciencia, a tecnoloxía, a
ecoloxía, a historia, a arte, a cultura... E tamén terá unha
sección de banda deseñada e unha tira humorística. 
Está á nosa disposición na rede . Premendo na imaxe accederemos ao primeiro número.

 
Ningún comentario:
Publicar un comentario