Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Amosando publicacións coa etiqueta EU RECOMENDO .... Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EU RECOMENDO .... Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de abril de 2022

RECOMENDAMOS AS NOSAS LECTURAS NO DÍA DO LIBRO



Queres estrearte como booktuber? Envíanos un vídeo ao correo da biblioteca (bibliotecaforte@gmail.com) coa recomendación dun dos teus libros favoritos, explicando que ten que o fai tan especial. Recompilaremos todos os vídeos que nos enviedes e publicarémolos para descubrir lecturas para desfrutar este Día do Libro.

Se o teu non é o vídeo e prefires a fotografía, envíanos a foto dun libro que mereza ser recomendado e explícanos os motivos da túa elección. Pode ser a través do correo ou do Instagram co hashtag #amiñalecturarecomendada e etiquetándonos (@biblioforte).

Animádevos, tedes ata o 20 de abril!


venres, 2 de xuño de 2017

OS PROFES TAMÉN LÍAN


    Os nosos MESTRES trouxeron unha fotografía de cando pequenos acompañada dun libro que lles gustara moito sendo moi noviños. 

QUE IDEA TAN ORIXINAL !


 

martes, 11 de outubro de 2016

O PAPAGAIO


                             Estamos de noraboa!

Acaba de nacer 'O Papagaio', un xornal en galego para o alumnado de Primaria e Secundaria.


  Chega ás nosas mans un novo xornal en galego, en papel, dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria. Terá dez números, un ao mes, e descansará os meses de verán.
  Tratará temas de actualidade relacionados coa ciencia, a tecnoloxía, a ecoloxía, a historia, a arte, a cultura... E tamén terá unha sección de banda deseñada e unha tira humorística.

Está á nosa disposición na rede . Premendo na imaxe accederemos ao primeiro número.



https://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html



venres, 19 de decembro de 2014

Un verano para morir

Un verano para morir de Lois Lowry

  " Os protagonistas demostras que cambiar de vida axuda a ser independente e
mellorar como persoa ".

Alba Vidal ( 2º de ESO B ) 

Asesinato a pleno sol

Asesinato a pleno sol de Kevin Emerson

"  É un libro de aventuras , que engancha e explica todo con moito detalle ".


Noelia Souto ( 2º de ESO B )

Las lágrimas de Shiva

Las lágrimas de Shiva de César Mallorquí

" Interesante, con intriga . Ás veces resulta divertido e por veces dá un pouco de medo ".

           Sofía Pérez ( 2º de ESO )  

xoves, 18 de decembro de 2014

Percy Jackson y el ladrón del rayo

Percy Jackson y el ladrón del rayo de Rick Riordan ( Saga de cinco libros )

 "  Entretido, de fácil lectura, actual . Con acción, suspense y momentos dramáticos  además de cómicos ". Aprendemos mitología griega ".


                                                 Adrián Vilanova ( 4º de ESO )

mércores, 17 de decembro de 2014

Eu recomendo ...

     Os nosos alumnos recomendan  !!!

     
         
    Neste espazo anotaremos os títulos e os seus comentarios.


         Xa sabedes, de vez en cando ide botando unha ollada xa que a lista vai medrar e medrar !!!