Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de marzo de 2020

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Dende a Biblioteca sumámonos á celebración desta xornada tan especial para todas as mulleres e colaboramos co profesorado do centro e os diferentes equipos de dinamización para realizar actividades que poñan en valor a necesidade de concienciar a toda a comunidade educativa sobre a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.
No edificio de Secundaria poderedes contemplar varias exposicións:

"Blasfemia": impactantes fotografías de Sara Pardo Lareo (ex-alumna do noso centro) que non deixarán indiferente a ninguén.






"A muller galega nun mundo de homes": rendemos homenaxe a varias mulleres galegas
 que se fixeron un oco en ámbitos reservados case en exclusiva para os homes.

 
































Ilustracións, citas, letras de cancións, poemas... propostos polo alumnado en diferentes materias:





Mulleres anónimas e figuras relevantes: De xeito simbólico, as escaleiras do centro están decoradas cos nomes de mulleres relevantes e anónimas que, paso a paso, foron subindo un chanzo tras outro para acadar as metas que se propuxeron.







 E, para poñerlle un pouco de música a este día, deixámosvos unha fermosa canción de Guadi Galego, titulada "Matriarcas" :

 

venres, 9 de marzo de 2018

8 de marzo

              O alumnado de 3º de ESO 
celebra o 
8 de marzo.

 Tres mulleres únicas e diferentes: 
Louise Bourgeois
Frida Kahlo

  Yayoi Kusama

        Na aula de Plástica os alumnos plasmaron a visión que tiñan da obra artística destas tres mulleres e  na aula de Lingua Galega realizaron un traballo de investigación arredor da vida e obra artística de cada unha delas.

       A obra artística de Yayoi, Louise e Frida é autobiográfica, marcada polos avatares da vida e a súa relación cos homes. Defenderon por enriba de todo o seu papel como mulleres e artistas e a ARTE foi a canle de comunicación que lles permitiu expresarse libremente. 






luns, 13 de marzo de 2017

8 de marzo , MULLER E MÚSICA

           O lema deste ano das Bibliotecas escolares é A biblioteca , territorio das Artes. Unha desas artes, a MÚSICA tivo un espazo significativo na celebración do Día Internacional da Muller.
          O alumnado da materia de Música de 3º e 4º de ESO realizou un traballo de investigación coordenado pola profesora Lina González e aquí podedes ver o magnífico resultado.


               Ademais tamén participaron  os alumnos de Cultura Clásica de 3º de ESO cunha exposición sobre as Mulleres na Antigüidade.




venres, 10 de marzo de 2017

Día da muller traballadora


Día da muller traballadora
       Compartimos actividade co equipo de Normalización e Dinamización para dar a coñecer e acordarnos de mulleres que polo seu labor foron precursoras doutras moitas.


sábado, 19 de marzo de 2016

MULLERES AVENTUREIRAS E EXPLORADORAS



             O día 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller cunha exposición sobre mulleres aventureiras e exploradoras . Elas foron as protagonistas da investigación que os alumnos de 4º de ESO realizaron ao longo do segundo trimestre. Descubriron que realizaron tarefas duras e difíciles nun mundo de homes e foron pioneiras en sectores moi diferentes.


          
                  Velaquí tedes o resultado. Noraboa a todos polo magnífico traballo!

xoves, 12 de marzo de 2015



                 8 de marzo         
http://issuu.com/bibliotecacurrunchodosaber/docs/8_de_marzo_2015


 Durante estes días conmemoramos o 8 de marzo cunha exposición sobre AS MULLERES na RAG. Nela constátase que o número de membros femininos da Real Academia Galega é moi reducido. 
        
                        


      Outra das actividades foi realizada polo alumnado de 1º de ESO . 
 Queredes saber cal é a súa MULLER ESPECIAL ? 


Aquí vos deixamos unha mostra !!!