Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

sábado, 30 de setembro de 2017

O PERGAMIÑO VINDEL, UNHA XOIA DA NOSA LITERATURA


       





 Chega a Galicia
        o Pergamiño Vindel 



 
The Morgan Library & Museum de Nueva York, cedeulle á Universidade de Vigo o Pergamiño Vindel, un manuscrito escrito a catro columnas en tinta negra, vermella e azul que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax, o trobador da ría de Vigo.

Este texto da literatura medieval galego-portuguesa estará exposto no Museo do Mar de Galicia durante cinco meses.

O pergamiño Vindel do século XIII é a única mostra musicada ( só a última cantiga non está acompañada de pentagramas ) que se conserva do cancioneiro profano da Idade Media xunto co Pergamiño Sharrer que recolle sete composicións de Don Dinís, rei de Portugal.

O seu nome débese ao libreiro Pedro Vindel (1865-1921) que o atopou fortuitamente en 1914 mentres desmontaba as gardas dun exemplar do texto De officiis de Cicerón, un volume do século XIV coa encadernación do século XVIII, é dicir, facía de forro !

        Cantiga de amigo de  Martín Códax          
                                   
    

mércores, 13 de setembro de 2017


O Equipo da Biblioteca dávos a benvida !
Comezamos unha nova andaina e cun novo lema para este curso escolar 2017/2018 : "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" .
Ralph W. Emerson ( século XIX, político e pensador estadounidense) :
“ O PENSAMENTO É A SEMENTA DA ACCIÓN “.

Un lema que nos invita a desenvolver o noso pensamento crítico, que nos invita a aprender a pensar... Como ? Pois, a través de contos, de lecturas de ficción, de investigacións, da poesía, co cine, do teatro, da música, das actividades compartidas...
O motor que nos vai guiar é a curiosidade, a capacidade de asombro e a necesidade de buscar respostas a tantos e tantos misterios e fenómenos que nos rodean.
Se queredes acompañarnos as portas están abertas e xuntos atoparemos as respostas !