Chega
a Galicia
o Pergamiño Vindel
The
Morgan Library & Museum de Nueva York, cedeulle á Universidade
de Vigo o Pergamiño
Vindel,
un manuscrito escrito a catro columnas en tinta negra, vermella e
azul que contén as sete cantigas
de amigo
de Martín
Códax,
o trobador da ría de Vigo.
Este
texto da literatura medieval galego-portuguesa estará exposto no
Museo do Mar de Galicia durante cinco meses.
O
pergamiño Vindel do século XIII é a única mostra musicada ( só a
última cantiga non está acompañada de pentagramas ) que se conserva do
cancioneiro profano da Idade Media xunto co Pergamiño Sharrer que
recolle sete composicións de Don Dinís, rei de Portugal.
O
seu nome débese ao libreiro Pedro Vindel (1865-1921) que o atopou
fortuitamente en 1914 mentres desmontaba as gardas dun exemplar do
texto De officiis de Cicerón, un volume do século XIV coa
encadernación do século XVIII, é dicir, facía de forro !
Cantiga de amigo de Martín Códax
Ningún comentario:
Publicar un comentario