Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Amosando publicacións coa etiqueta VENRES MATEMÁTICOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VENRES MATEMÁTICOS. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de xaneiro de 2015

VENRES MATEMÁTICOS




               Durante o 2º trimestre continuamos cos nosos VENRES MATEMÁTICOS !

  

 Desta volta , o Equipo da Biblioteca
 proponvos enigmas, xogos matemáticos,
 problemas de lóxica ... 

      Poñede a proba o voso enxeño !!!
  Comezamos o 16 de xaneiro de 2015 !  

venres, 31 de outubro de 2014

VENRES MATEMÁTICOS !!!


SUDOKU (sū = número, doku = só).

                         O sudoku é un crebacabezas
    matemático que se popularizou 
    en Xapón en 1986. 

 En 1984 o periódico xaponés Monthly Nikolist 
publicou unha sección de pasatempos chamada
 Sūji wa dokushin ni kagiru (数字は独身に限る)
 "os números deben estar sós" 
(literalmente dokushin (独身) = "célibe, solteiro") ).
 Foi Kaji Maki, presidente de Nikoli, 
quen lle puxo o nome. 
 
        O nome abreviouse a Sūdoku (sū = número, doku = só).

En que consiste este pasatempo matemático ?

       Consiste en encher unha cuadrícula de 9x9 celas
        divididas en subcuadrículas de 3x3 coas cifras 
        do 1 ó 9 a partir dalgúns números xa dispostos 
        nalgunhas celas.Non se pode repetir ningunha cifra 
        na mesma fila, columna ou subcuadrícula.  
 
 
       Cada venres atoparedes sudokus 
          ( distribuídos por nivel de dificultade )
  no espazo lúdico da Biblioteca.


 
 O Equipo de Dinamización da Biblioteca invítavos 
        a participar nos venres matemáticos !!! 


domingo, 12 de outubro de 2014

LEMA 2014-15

  
     Este curso o lema das Biblioteca Escolares de Galicia é  :

Biblioteca Escolar ... Matemático !!!

             


Participade nas propostas do Equipo da Biblioteca !!!

A primeira vai de números , como non  !!!




   A partir do día 7 de novembro celebraremos  os VENRES MATEMÁTICOS !!!


    Neste primeiro trimestre imos entrar no mundo dos números do 1 ó 9 cun 


             Pasade pola Biblioteca , teredes sudokus á vosa disposición !!!