Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

venres, 31 de outubro de 2014

VENRES MATEMÁTICOS !!!


SUDOKU (sū = número, doku = só).

                         O sudoku é un crebacabezas
    matemático que se popularizou 
    en Xapón en 1986. 

 En 1984 o periódico xaponés Monthly Nikolist 
publicou unha sección de pasatempos chamada
 Sūji wa dokushin ni kagiru (数字は独身に限る)
 "os números deben estar sós" 
(literalmente dokushin (独身) = "célibe, solteiro") ).
 Foi Kaji Maki, presidente de Nikoli, 
quen lle puxo o nome. 
 
        O nome abreviouse a Sūdoku (sū = número, doku = só).

En que consiste este pasatempo matemático ?

       Consiste en encher unha cuadrícula de 9x9 celas
        divididas en subcuadrículas de 3x3 coas cifras 
        do 1 ó 9 a partir dalgúns números xa dispostos 
        nalgunhas celas.Non se pode repetir ningunha cifra 
        na mesma fila, columna ou subcuadrícula.  
 
 
       Cada venres atoparedes sudokus 
          ( distribuídos por nivel de dificultade )
  no espazo lúdico da Biblioteca.


 
 O Equipo de Dinamización da Biblioteca invítavos 
        a participar nos venres matemáticos !!! 








Ningún comentario:

Publicar un comentario