Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

venres, 24 de outubro de 2014

TAL DÍA COMO HOXE ...


 

 24 DE OUTUBRO 



DÍA  INTERNACIONAL 
         DA 
   BIBLIOTECA


 
 A Asociación Española de Amigos
 del Libro Infantil y Juvenil , 
apoiada polo Ministerio de Cultura 
propón esta data en recordo da destrución
 da Biblioteca de Sarajevo, 
incendiada o 1992 durante o conflito
 dos Balcáns na noite do 25 ó 26 de agosto.


Para conmemorar esta data , transcribimos as palabras do escritor David Otero dedicadas á BIBLIOTECA, lugar máxico !!!

BIBLIOUTUBRO



Velaí un bibliomés deste biblioano.

Velaí un tempo biblio para espazos cheos de libros (que é dicir tamén bibliotecas). Por iso nelas, nas bibliotecas, desde as lectoras e os lectores, conxúganse os espazos e os tempos no facer primoroso da lectura. Ler, polo tanto, dinamizarase en xerundio e así tamén nese modo e ser farase cos verbos amar, querer, pensar, vivir e tantos outros propios de ser quen somos en mundo noso de Lingua(s) e de Cultura(s).

Outubro celébrase, sinálase, como o mes da biblioteca e así en especial o día vinte e catro con maior acento, acerto e intensidade, sen que por iso facelo xa dea desculpa (licenza) a non facelo ata o día vinte e catro do ano que vén. Os días da biblioteca, xa que logo, serano todos os do ano enteiro en pleno amor libre á lectura e aos soportes (libros en especial) que a facilitan e a estimulan, mediando nese exercicio do pensamento tan propio, persoal, como auténtico, que nos define e determina como lectoras e como lectores.

Ler é un facer afirmativo de liberdade, porque apetece, porque nos engaiolaron na animación a facelo, porque temos argumentos e así nos peta e dá a gana.

Ler, libro, lectura, levan consigo esencialmente (do contraio é outra cousa) o desexo libre de facelo. Esa frescura onde gozar de literatura vivible, viva e activada, posta en Lingua e Cultura propia (galega pois) e integrada coas outras moitas Linguas e Culturas dos demais Pobos nas que queiramos ler e disfrutar.

A lectura farase alí onde nos sintamos ben.
Buscaranse os soportes de ler alí onde nos sintamos ben.
Pois así tamén será na biblioteca onde nos sintamos ben. Probemos e comprobemos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario