Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

sábado, 25 de outubro de 2014

SAMAÍN 2014 ( TALLER LITERARIO)


         O escritor  Xabier P. Docampo  ofrécenos un poema final na súa obra Cando petan na porta pola noite onde nos revela os seus MEDOS. Aquí volo presentamos .


EU TEÑO MEDO...
Cando petan na porta pola noite.
A estar só cando non quero estar só.
A estar no medio de moita xente
A quedar só no mundo
A non morrer nunca
A morrer pronto
A morrer estupidamente nunha estrada
A quedar inútil
A tolear
A que lles pase algo aos meus
A que os que quero non me queiran
A perder o gusto polas cousas que me gustan
A ter que vivir sempre nunha cidade
A que non haxa flores
A que non haxa animais en liberdade
A non poder mirar as estrelas pola noite
A non poder mirar a paisaxe no outono
Ao mar (desde o mar)
A mirar un día para o ceo e non ver un paxaro
A que non haxa troitas nos ríos
A ter que ir á guerra
Á guerra, aínda que non teña que ir
Ás almas miserables
Aos que sempre din a verdade
Aos que menten sempre
A pasar fame
Aos contos de medo
Ás películas de medo
A ir ao dentista
A montar en avión
A non ter medo a nada
A ter moito medo
Cando pasa moito tempo sen que ninguén pete na miña porta
A...




Ningún comentario:

Publicar un comentario