Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

mércores, 12 de novembro de 2014

CINE E MATEMÁTICAS


 

 Aquí vos ofrecemos unha mostra de películas relacionadas co lema deste ano : AS MATEMÁTICAS .



Seis persoas, descoñecidas entre si, espértanse unha mañá nun espazo pechado en forma de cubo.
O cubo está formado por compartimentos cúbicos que forman á súa vez un cubo nai de dimensións xigantescas. Estes habitáculos poden ser de dous tipos: libres ou con trampas, dependendo do numero de serie que posúa. Esas series de números teñen unha relación lóxica que tratan de resolver os ocupantes do cubo.




A moi oscarizada película dirixida por Ang Lee en 2012 ten grandes resabios místicos, pero quizais o maior deles non se pon explicitamente de manifesto: o irracional trascendente PI.
A aparición de PI é moi anecdótica pero non por iso deixa de ser moi interesante: a maxia dun número inagotable poucas veces se percibe con tanta forza.
Grazas a PI o noso protagonista cambia o seu apodo escatolóxico por outro menos burlesco.

Por outra parte, a película é para disfrutar cos efectos visuais en tres dimensións e para descartar a pobre trascendencia mística: para trascendencia de verdade está en PI… e ben definida.



Na escola, Mattia estudara que entre os números primos (os que só son divisibles por si mesmos ou pola unidade) hai algúns moi especiais, aos que os matemáticos chaman números primos xemelgos: son parellas de números primos que están case xuntos, pois entre eles só se interpón un número par. Son números como o 11 e o 13, o 17 e o 19, ou o 41 e o 43. Mattia pensaba que Alice e el eran así, dous curmáns xemelgos, sós e perdidos, xuntos pero non o bastante para tocarse de verdade... Adaptación cinematográfica do bestseller internacional "A soidade dos números primos", de Paolo Giordano. 




 
 A película de enredos e tópicos varios, como corresponde ao xénero, está protagonizada por unha moza á que lle gustan as matemáticas. Moitas escenas transcorren durante a clase e será ata a profesora de matemáticas a que faga de psicóloga para arranxar as cousas cando se desbocan.
Tamén asistiremos a un dos concursos de problemas con descoidada tradución ao español (ecuación por expresión cando hai que calcular un límite e similares). As imaxes si son máis rigorosas.


"Donald no País das matemáticas" é un magnífico curto de Walt Disney. Nel, Donald aventúrase nun mundo de fantasía, cuxo destino é un lugar incrible relacionado coas Matemáticas, onde as árbores teñen raíces cadradas e os ríos rebosan números. 
Tamén pasea por un mundo de "Inventos modernos" e atopa moito máis do que nunca imaxinou... O simpático Donald non pasará de meterse en leas grazas a, entre outros inventos, a empaquetadora automática ou a cadeira para perruqueiros. 







Simpática e colorista comedia musical nos inicios deltechnicolor. Unha trama inxenua pero efectiva para cine familiar e a deliciosa cor dos inicios fan moi agradable unha película previsible.
Un profesor dun ríxido internado inglés abandona a aula para ser pallaso e amar á bela acróbata dun circo italiano.







Un director, parece que de gran prestixio, dá un concerto en EEUU e recibe a noticia da morte da súa nai. Máis tarde un descoñecido chega cun libro e unha fotografía. Nese momento prodúcese un flashback que nos transporta á Francia dos anos 40.
En 1949, Clément Mathieu, profesor de música en paro, empeza a traballar como vixiante nun internado de reeducación de menores. Especialmente represivo, o sistema de educación do director Rachin apenas logra manter a autoridade sobre os alumnos difíciles. O mesmo Mathieu sente unha íntima rebeldía ante os métodos de Rachin e unha mestura de desconcerto e compaixón polos mozos. Nos seus esforzos por achegarse a eles, descobre que a música atrae poderosamente o interese dos alumnos e entrégase á tarefa de familiarizarlos coa maxia do canto, á vez que vai transformando as súas vidas para sempre.



 
Unha carta en xaponés coa fórmula de Euler na lingua universal das matemáticas.









É un bo momento para recordar dous momentos matemáticos: a brutal certeza do fundimiento e os cálculos que o enxeñeiro fai coa axuda da regra de cálculo.
A curiosidade do momento é que o único cambio -salvo a conversión 3D- sexan os correspondentes aos estrelados ceos nocturnos. Cameron atende así a petición dun coidadoso astrónomo: non vale calquera ceo, debe poñerse a imaxe estelar real que se axusta á latitud, hora e data do fundimiento





Unha mente marabillosa é un drama intensamente humano sobre un auténtico xenio, inspirado na vida do matemático John Forbes Nash Jr. O atractivo e altamente excéntrico Nash fixo un descubrimento asombroso ao comezo da súa carreira e fíxose famoso en todo o mundo. Pero o seu fulgurante ascenso á estratosfera intelectual sufriu un drástico cambio de curso cando a brillante mente de Nash viuse atacada pola esquizofrenia. Enfrontándose a un reto que destruíse a calquera outro, Nash loitou por recuperarse coa axuda da súa devota esposa Alicia. Tras varias décadas de penalidades logrou superar a súa traxedia e recibiu o premio Nobel (de Economía, recorda que non existe o de Matemáticas) no ano 1994. Hoxe en día Nash é un lenda viviente que segue entregado ao seu traballo.











Ningún comentario:

Publicar un comentario