Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

xoves, 13 de novembro de 2014

A VOZ DA BIBLIOTECA


Anisia Miranda na Costa da Morte»

Neira Vilas traza unha homenaxe á súa compañeira reunindo un feixe de textos nos que recupera a intensa relación que tiñan coa Costa da Morte

03 de noviembre de 2014
En Xosé Neira Vilas vida e literatura son un mesmo universo. Van aparecendo tomos da súa obra que son como capítulos, como chantos dun longo camiño, como partes dun todo. A testemuña foi cobrando un peso fundamental na traxectoria do escritor nado en 1928 en Vila de Cruces, na parroquia de Gres, como é o caso das crónicas de América ou a súa memoria da emigración. É mais, hoxe dificilmente se entende a Galicia contemporánea, e sobre todo a do exilio, sen a achega de Neira Vilas. Pero tamén é importante a rica historia persoal do autor de Memorias dun neno labrego, ou o percorrido polo seu pasado, a súa nenez, no que leva da man á súa muller, a escritora Anisia Miranda. Precisamente, no caso que nos ocupa, recén saído do prelo, a esposa, falecida no 2009, é protagonista. Neira Vilas traza unha homenaxe á súa querida compañeira reunindo un feixe de textos nos que recupera a intensa relación coa Costa da Morte que mantiveron el e a súa dona dende a primeira vez que visitaron a comarca, en 1981, recén chegados de Cuba. No volume Con Anisia Miranda na Costa da Morte está o seu amor polas xentes desta terra, as súas literaturas, a súa paisaxe, a súa historia, os seus encontros e paseos, as creacións do alemán de Camelle, os oleiros de Buño, as illas Sisargas, as palilleiras, os faros...

Ningún comentario:

Publicar un comentario