24 DE OUTUBRO , DÍA DAS BIBLIOTECAS
O día 24 de outubro é o Día da Biblioteca e conmemórase desde 1997 en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada no 1992 durante o conflito dos Balcáns. | |||||||||
A biblioteca é o lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura e un instrumento de mellora da formación e convivencia humana.
E este ano celebrámolo poñendo en valor O PENSAMENTO E OS LIBROS ! E así ...
|
A
Biblioteca convídavos a PENSAR !
Como
? Pois co cine, música, teatro, libros !
Desta volta imos PENSAR a través dos LIBROS !
Existe
un LIBRO para TODO ! Para vivir aventuras, para emocionarse, para
viaxar, para evadirse, para ensinar... Pero, tamén hai libros que
son capaces de cambiar a túa visión da vida.
Son
moitos os libros que nos fan REFLEXIONAR e rompen as fronteiras da
nosa forma de PENSAR !
Aquí
vos deixamos unha pequena mostra deses libros que poden activar o
voso PENSAMENTO !
Juan Salvador Gaviota de Richard Bach
Hai quen obedece as súas propias regras, hai quen encontra pracer en superarse a si mesmo, hai quen adiviña o que está máis alá do que ven os seus ollos, hai quen prefire voar a comprar e comer...

Cometas en el cielo de Khaled Hosseini
Nesta
novela aprendemos ensinanzas da man de Amir -un neno rico de Kabul- e
Hassan -fillo dun dos empregados do pai de Amir-. Son dous nenos que
a pesar de vir de contextos diferentes manterán unha amizade, pero
sometida a toda clase de probas.
El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher

El
monje que vendió su Ferrari de
Robin Sharma
Julian
Mantle é un exitoso avogado que despois de vivir unha vida chea de
estrés e gobernada polos cartos decide abandonalo todo ao sufrir un
infarto e comezará unha viaxe que o levará a enfrontarse aos
grandes misterios da vida.
El Alquimista de Paulo Coelho


Historia
que xira en torno á amizade de dúas mulleres afganas que proveñen
de dous mundos diferentes. Porén as súas vidas entrelazaranse non
só por obra do azar, senón tamén por todos os sucesos que tiveron
lugar en Afganistán durante los últimos trinta anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario