O escritor Fernando Aramburu foi distinguido co Premio Nacional de Narrativa pola súa novela Patria
O
xurado destacou a profundidade psicolóxica dos personaxes, a tensión
narrativa e a integración dos puntos de vista.
Patria
é
a historia metafórica dos anos máis escuros de Euskadi, un libro
centrado nun lugar simbólico de todos os sitios que sufriron esas
décadas de dor.
A
Bittori mátanlle o marido - O Txato - despois de facerlle a vida
imposible no pobo con pintadas,
ameazas.
A Miren, o seu álter ego, encérranlle a Joxe Mari, o fillo
terrorista, nunha afastada prisión andaluza. A dor, a covardía, a
morte ... móvense arredor dos personaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario