O
alumnado de Cultura Clásica de 3º de ESO tamén se sumou ao lema
deste ano de PLAMBE: “ Aprender a pensar desde a Biblioteca
Escolar”.
Nesta
ocasión, o alumnado realizou unha investigación sobre os inicios do
pensamento racional e da filosofía, o nacemento da ciencia
(matemáticas, física e astronomía) e da medicina, os comezos da
educación nun sistema regrado, a aparición do teatro como xénero
lúdico e educativo e os primeiros enxeños e inventos.
Os
resultados destas investigacións plasmáronse nuns pósters
explicativos que se expuxeron nos corredores máis próximos á
Biblioteca e que os propios alumnos se encargaron de presentar aos
compañeiros durante as horas de clase da semana.
EXPOSICIÓN NOS CORREDORES |
Ningún comentario:
Publicar un comentario