Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

luns, 7 de novembro de 2016

Un marcapáxinas de ARTE E MEDO


     O alumnado de 1º de ESO botou a voar a súa imaxinación e elaborou un marcapáxinas persoal terrorífico .

     Se clicades neste enlace poderedes ver os seus traballos.  METE MEDO A ARTE QUE TEÑEN !!!



venres, 4 de novembro de 2016

Samaín e Halloween van da man !


   
 
   O Departamento de Inglés celebrou o Samaín cunha exposición de cabazas moi especial. O tema central foi AS ARTES _lema das Bibliotecas Escolares_ na que o alumnado tiña que deixar voar a súa imaxinación .
    Aquí vos ofrecemos unha mostra das súas OBRAS DE ARTE .

                   Happy Halloween e Feliz Samaín!








martes, 11 de outubro de 2016

O PAPAGAIO


                             Estamos de noraboa!

Acaba de nacer 'O Papagaio', un xornal en galego para o alumnado de Primaria e Secundaria.


  Chega ás nosas mans un novo xornal en galego, en papel, dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria. Terá dez números, un ao mes, e descansará os meses de verán.
  Tratará temas de actualidade relacionados coa ciencia, a tecnoloxía, a ecoloxía, a historia, a arte, a cultura... E tamén terá unha sección de banda deseñada e unha tira humorística.

Está á nosa disposición na rede . Premendo na imaxe accederemos ao primeiro número.



https://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html



NOVIDADES

O EQUIPO DA BIBLIOTECA “XOSÉ NEIRA VILAS” INFORMA ...

                      TEDES Á VOSA DISPOSICIÓN AS SEGUINTES NOVIDADES ! 








sábado, 10 de setembro de 2016

LEMBRANZAS



GRANDE ENTRE OS GRANDES, ASÍ ERA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ !

      Foi un gran contador de historias que engaiolou a pequenos e a maiores.
       Transportounos a un mundo literario que fixemos noso : unhas veces tenro e sensible e outros medorento e misterioso ou dramático.
     Este xenio das nosas Letras conseguiu atrapar ao lector desde a primeira ata a última páxina de cada un dos seus libros. 
    Grazas por compartir con nós as túas historias! Grazas por deixarnos un gran tesouro _ os teus libros _ !

   Aquí vos ofrecemos unha pequena mostra da súa obra! 






venres, 9 de setembro de 2016


Comezamos curso! E estreamos un novo lema :
Biblioteca escolar, territorio das Artes
Xa vedes como os lectores e lectoras estamos convidados a explorar novos mundos : música, cine, fotografía, pintura, arquitectura, danza, escultura...!
O Equipo da Biblioteca anímavos a que vos acheguedes a todas estas artes! Este ano toca ser ARTISTAS !
Aquí vos deixamos o cartel de Minia Regos! Unha beleza, a que si !




xoves, 23 de xuño de 2016

LIBROS MÁIS EMPRESTADOS

Estes foron os libros máis emprestados ao longo deste curso na nosa Biblioteca! 

  1. El mundo azul. Ama tu caos.
  2. Corazón de mariposa.
  3. Chica de 15.
  4. Bajo la misma estrella.
  5. Buscando a Alaska. 
  6. Palabras de Caramelo.
  7. Wonder, la historia de Julián.
  8. O corazón de Xúpiter.
  9. Moonkid e Liberty.






                          Pode ser unha boa opción levalos para o verán! Agardan por vós!