Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

mércores, 13 de abril de 2016

23 DE ABRIL



                                                  OS LIBROS SON PARA VALENTES

   A verdade é que nunca gustei moito de todos eses discursos sobre a importancia do libro, das boas lecturas, e todo aquilo...Sempre pensei que falar da importancia da lectura era como ter que explicar a importancia de comer, de beber. De respirar.
   Porque de nada serve unha lectura se non nos atrapa. De nada serve un libro que non nos namora. Que non nos marabilla, que non nos amosa outros mundos, que non nos emociona. De que serve unha historia se non nos arrastra dentro da treboada, se non nos fai chorar ante unha vida que se apaga, se non nos fai rir ata desencaixarnos a mandíbula, se non nos arrebata, se non nos calma...? Esas son as boas lecturas, as que nos levan máis alá destas catro paredes. E eses son os bos libros, os que nos converten en mellores persoas, máis grandes, máis capaces, máis vivas.
  Todos sabemos que para cada un de nós hai un amor. Un que nos cambiará a vida, que lle dará sentido á nosa existencia, e nada máis debemos estar dispostos a ser valentes , a dar un paso adiante e dicirlle a esa persoa "Ei, ti, gústasme! Podo darche un bico?" Do mesmo xeito, eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou, polo menos como poñerlle o rabo ás cereixas...
  Para todos hai un libro. Ou dez. Ou mil. Outra cousa é que esteamos dispostos a abrilos. Que me dicides, valentes, atrevédesvos?
                                                                              Pedro Feijoo

       Pedro Feijoo neste marabilloso texto escrito para a celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor 2016 e que foi un agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia , lánzanos un reto. Imos ser eses valentes e ímonos atrever!!!

Que libro me atrapou ?
Que libro me namorou?
Que libro me marabillou?
Que libro me amosou outros mundos?
Que libro me emocionou?
Que libro me fixo chorar?
Que libro me fixo rir ás gargalladas?
Que libro me calmou?

23 de abril

  
O Equipo da Biblioteca ofrécevos a proposta de lecturas do mes do Libro.

Preme aquí  e podes consultala. Que vos sexa proveitosa!!!

       RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE ABRIL

https://issuu.com/home/docs/recomendaci__ns_de_abril_2016/edit/

MANUEL MARÍA

                               As Letras Galegas 2016 está dedicado a Manuel María.




               O Equipo da Biblioteca iniciou o ano cunha actividade enigmática : a colocación de pezas dun crebacabezas polos corredores que se correspondían coa súa sinatura - tan característica - a súa imaxe e do seu nome coa finalidade de que os rapaces se preguntaran que podía ser aquilo que cada semana se ía distribuíndo polas paredes .


Máis tarde apareceron unhas fotos  misteriosas.




Agora podemos ver a composición completa do noso personaxe enigmático. Velaí a tedes! MANUEL MARÍA on PhotoPeach

martes, 12 de abril de 2016

LIBROS


QUE PASOU?

Despois dunha lectura dramatizada do relato "O Suso" de Méndez Ferrín , o alumnado  de 4º de ESO debía argumentar o final, o porqué dese final. Déronse moitas variables , ides ver como botaron a andar a súa imaxinación .


Eis as súas respostas. 


O rapaz, Manolito, estaba soñando con que estaba a dar unha volta con Suso polo lado do río a ver a un neno afogado, pero ao final cando os rapaces estaban a tirar as pedras dicíndolle que Suso morrera, Manolito estaba aínda medio durmido e por iso veu ao Suso como o neno afogado.

                                                                                                Tamara Sánchez

As miña teorías son tres :
  • Que todo foi un soño de Manolito ata a mañá que o veñen a buscar os seus amigos.
  • Que o fantasma de Suso levou a Manolito ao lugar da súa morte.
  • Que ocorre unha catástrofe que acaba coa vida de todos os habitantes da zona e as persoas que viviran vidas incompletas , ben sexan os rapaces, acceden a outra dimensión e alí os rapaces seguen coa súa vida sen darse de conta da ausencia dos adultos e entón Suso decátase de todo e descobre como abandonar esa dimensión polo que pouco antes de partir dálle unha pista a Manolito sobre o que está a ocorrer.

                                                                                                         Daniel Silva


Manolito prediciu a morte do seu amigo a noite na que sucedeu.

                                                                                                            Uxía Balo

Suso quería humillar a Manolito asustándoo, pero parécelle saír mal a xogada e acaba afogando no río.

                                                                                                        Rubén Cereijo


O subconsciente de Manolito fíxoo dirixirse ata alí porque algo dentro del lle fixo darse conta diso, xa que ás veces a conexión cunha persoa é tan forte que se crean lazos máis alá do imaxinable.

                                                                                                          Lorena Arteaga


Creo que o acontecido foi un soño froito da imaxinación de Manolito, o cal lle produciu unha gran angustia. Por outra banda, pode ser que o Suso se quixese suicidar e que alguén fose testigo diso.

                                                                                                           Lucía Gontán


O Suso decidiu suicidarse e avisa a Manolito para que se sinta confuso. Ou Manolito soña todo o ocorrido. Pero, tamén sofre episodios nos que ve que alguén morre , nun futuro cercano, e no que el mesmo aparece.

                                                                                                        Daniel Pazos


A alma de Suso abandonou o seu corpo e foi buscar a Manolito para que recollera o seu corpo e se fixera cargo del. Ou tamén pasa o mesmo que o conto de Pedro e o Lobo: Suso foi animar a Manolito de que había un afogado, e como era mentira caeu á auga e afogou e apareceu na beira pola que buscaba Manolito.
Marina Ferradás
O que realmente sucedeu é que Manolito estaba aturdido polo sucedido, e despois de meterse na cama non sabía se o que sucedera era certo. Ou Manolito tivo un soño predicindo a morte do seu compañeiro , Suso.

                                                                                                           Darian Lamego


Creo que Manolito se deitou e soñou todo, aínda así, o Suso morrera aquela noite e eu penso que todo foi coincidencia. Outra teoría, é que Manolito afogou ao Suso no río e logo conta a historia da súa maneira deixando estas incógnitas abertas sen resolver.

                                                                                                           Adrián Bermúdez


A miña teoría é que o Suso foi chamar por Manolito para ver un afogado, pero o afogado non existía. Cando chegaron alí o Suso díxolle que se separaban para buscalo e nese momento o Suso tirouse ao río para suicidarse e así asegurarse de que encontraban o corpo.

                                                                                                             Carme Mouriño


Foi un soño no que Manolito viu que o seu compañeiro Suso afogara e el pensou que sucedeu de verdade, ata que os rapaces o viñeron espertar pola mañá.

                                                                                                              Martín Pereiras


Pode ser que fose verdade e unha noite Suso foi chamar por Manolito. Suso díxolle que foran ao río porque afogara un rapaz, e cando chegan alí Suso mándalle que o busquen por lugares diferentes. Entón Suso tírase ao río , suicidándose, e Manolito a quen atopa afogado é a Suso. Este tiña todo planeado e querían que atopasen o seu corpo. Manolito asustado vaia para a casa e dinlle ao día seguinte que morreu Suso.

                                                                                                             Fátima Carro


Penso que Manolito soñou todo. Ou tamén sabía que o Suso ía morrer porque tivo unha visión.

                                                                                                                 Alicia Díaz


Manolito tivo un soño no que o Suso morrera e ese soño fíxose realidade .


                                                                                                              Fátima Méndez


Penso que Manolito tivo un pesadelo co Suso e esa mesma noite o Suso cadrara que morrera, como se Manolito o previra co soño. E todo foi unha coincidencia.

                                                                                                         Iago Martínez


O Suso levou a Manolito adrede ao río dicíndolle que había unha persoa afogada, pero o que está facendo o Suso é predicirlle os acontecementos. Tamén puido ser que Manolito soñara o que pasara ,algo que pola mañá resultou ser unha predición.


                                                                                                                 Sara García

Manolito confunde a realidade. Primeiro, non é o Suso quen chama por el senón ao revés. Segundo, Manolito leva ao Suso ameazado , por iso leva a cabeza gacha. Terceiro, Manolito ten medo non do ambiente senón do que vai facer que é matar a Suso, quizais por envexa. Por último , Manolito séntese culpable tras cometer o asasinato, pero á vez orgulloso tan e como o demostra cando todos os rapaces chaman por el pola mañá.

                                                                                                                  Marcos Agrelo

luns, 11 de abril de 2016

CONCURSO


A nosa Biblioteca = base de exploracións 




Ao longo de varias semanas ides investigar e xogar! A nosa BIBLIOTECA será unha vez máis base de exploracións .

Atoparedes unhas imaxes relacionadas cun PERSOEIRO GALEGO nun PANEL situado na entrada do Centro. Nel aparecerán 6 cuestións que poderedes resolver navegando na Rede ou utilizando o material bibliográfico que está á vosa disposición na nosa Biblioteca.


Ao resolver as preguntas que aparecen con cada imaxe saberedes máis sobre el . Desvelaremos a súa identidade na Semana Cultural !

As instruccións tédelas expostas no vestíbulo do Centro e no panel de últimas noticias ao ladiño da Biblioteca.
 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!!!
 

sábado, 19 de marzo de 2016

MULLERES AVENTUREIRAS E EXPLORADORAS



             O día 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller cunha exposición sobre mulleres aventureiras e exploradoras . Elas foron as protagonistas da investigación que os alumnos de 4º de ESO realizaron ao longo do segundo trimestre. Descubriron que realizaron tarefas duras e difíciles nun mundo de homes e foron pioneiras en sectores moi diferentes.


          
                  Velaquí tedes o resultado. Noraboa a todos polo magnífico traballo!

mércores, 17 de febreiro de 2016

OS NOSOS MOZOS RECOMENDAN

        O Equipo da Biblioteca, un ano máis,  pediu a colaboración do alumnado para a adquisición de novos fondos. Deixáronnos moitas propostas e moi variadas!


      Tamén nos fixeron chegar as súas recomendacións. Velaquí están! Esperamos que vos sirvan de referencia para novas lecturas!

                          MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!!!


1º de ESO
  • A saga de Los cinco de Enid Bliton
  • Xoeliki de Abrahan Carreiro
  • Memorias dun neno galego de Xosé Neira Vilas
  • Os misterios dos fillos de Lúa de Fina Casalderrey
  • Contos por palabras de Agustín Fernández Paz
  • En septiembre llegó el desastre de José María Plaza
  • La noche de los monstruos de Manuel L. Alonso
  • Los tres cŕiculos de plata de Josep Cister
  • Colección de Geronimo Stilton


2º de ESO
  • Cometas en el cielo de Khaled Hosseini
  • Chica de casi 16 de Sue Limb
  • Divergente de Veronica Roth
  • El cazador del desierto de Lorenzo Silva
  • Caperucita en Manhattan de Carmen Martín Gaite
  • La lección de August de R.J.Palacio
  • La pirámide de fuego de Arthur Machen
  • El corredor del laberinto de James Dashner
  • Insurgente de Veronica Roth
  • Verano en vaqueros de Ann Brashares


3º de ESO
  • O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas
  • Chamádeme Simbad de Francisco Castro
  • El diario de Greg de Jeff Kinney
  • Harry Potter de J. K. Rowling
  • Palmeras en la nieve de Luz Gabás
  • Dragal de Elena Gallego
  • Pel de lobo de Xosé Miranda
  • Nata y Chocolate de Alicia Borrás
  • Donde los árboles cantan de Laura Gallego
  • Chamán de Noah Gordon
  • Saga de Percy Jackson de Rick Riordan

4º de ESO
  • A praia dos afogados de Domingo Villar
  • Ciudades de papel de John Green
  • Bajo la misma estrella de John Green
  • El alquimista de Paulo Coelho
  • Saga de la Guerra de los cielos de Fernando Trujillo
  • El príncipe de la niebla de Carlos Ruiz Zafón
  • Lucy Sullivan se casa de Marian Keyes
  • El mundo azul: ama tu caos de Albert Espinosa
  • Juego de tronos de George R.R. Martin
  • Buscando a Alaska de John Green
  • La foto de Nora de María Jeunet
  • Maravilloso desastre de Jamie McGuire
  • No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas de Laura Norton