QUE PASOU?
Despois dunha lectura dramatizada do relato "O Suso" de Méndez Ferrín , o alumnado de 4º de ESO debía argumentar o final, o porqué dese final. Déronse moitas variables , ides ver como botaron a andar a súa imaxinación .
Eis as súas respostas.
O rapaz, Manolito, estaba
soñando con que estaba a dar unha volta con Suso polo lado do río a
ver a un neno afogado, pero ao final cando os rapaces estaban a tirar
as pedras dicíndolle que Suso morrera, Manolito estaba aínda medio
durmido e por iso veu ao Suso como o neno afogado.
Tamara Sánchez
As miña teorías son
tres :
- Que todo foi un soño de Manolito ata a mañá que o veñen a buscar os seus amigos.
- Que o fantasma de Suso levou a Manolito ao lugar da súa morte.
- Que ocorre unha catástrofe que acaba coa vida de todos os habitantes da zona e as persoas que viviran vidas incompletas , ben sexan os rapaces, acceden a outra dimensión e alí os rapaces seguen coa súa vida sen darse de conta da ausencia dos adultos e entón Suso decátase de todo e descobre como abandonar esa dimensión polo que pouco antes de partir dálle unha pista a Manolito sobre o que está a ocorrer.
Daniel Silva
Manolito prediciu a morte
do seu amigo a noite na que sucedeu.
Uxía Balo
Suso quería humillar a
Manolito asustándoo, pero parécelle saír mal a xogada e acaba
afogando no río.
Rubén Cereijo
O subconsciente de
Manolito fíxoo dirixirse ata alí porque algo dentro del lle fixo
darse conta diso, xa que ás veces a conexión cunha persoa é tan
forte que se crean lazos máis alá do imaxinable.
Lorena Arteaga
Creo que o acontecido foi
un soño froito da imaxinación de Manolito, o cal lle produciu unha
gran angustia. Por outra banda, pode ser que o Suso se quixese
suicidar e que alguén fose testigo diso.
Lucía Gontán
O Suso decidiu suicidarse
e avisa a Manolito para que se sinta confuso. Ou Manolito soña todo
o ocorrido. Pero, tamén sofre episodios nos que ve que alguén morre
, nun futuro cercano, e no que el mesmo aparece.
Daniel Pazos
A alma de Suso abandonou
o seu corpo e foi buscar a Manolito para que recollera o seu corpo e
se fixera cargo del. Ou tamén pasa o mesmo que o conto de Pedro e o
Lobo: Suso foi animar a Manolito de que había un afogado, e como era
mentira caeu á auga e afogou e apareceu na beira pola que buscaba
Manolito.
Marina Ferradás
O que realmente sucedeu é
que Manolito estaba aturdido polo sucedido, e despois de meterse na
cama non sabía se o que sucedera era certo. Ou Manolito tivo un soño
predicindo a morte do seu compañeiro , Suso.
Darian Lamego
Creo que Manolito se
deitou e soñou todo, aínda así, o Suso morrera aquela noite e eu
penso que todo foi coincidencia. Outra teoría, é que Manolito
afogou ao Suso no río e logo conta a historia da súa maneira
deixando estas incógnitas abertas sen resolver.
Adrián Bermúdez
A miña teoría é que o
Suso foi chamar por Manolito para ver un afogado, pero o afogado non
existía. Cando chegaron alí o Suso díxolle que se separaban para
buscalo e nese momento o Suso tirouse ao río para suicidarse e así
asegurarse de que encontraban o corpo.
Carme Mouriño
Foi un soño no que
Manolito viu que o seu compañeiro Suso afogara e el pensou que
sucedeu de verdade, ata que os rapaces o viñeron espertar pola mañá.
Martín Pereiras
Pode ser que fose verdade
e unha noite Suso foi chamar por Manolito. Suso díxolle que foran ao
río porque afogara un rapaz, e cando chegan alí Suso mándalle que
o busquen por lugares diferentes. Entón Suso tírase ao río ,
suicidándose, e Manolito a quen atopa afogado é a Suso. Este tiña
todo planeado e querían que atopasen o seu corpo. Manolito asustado
vaia para a casa e dinlle ao día seguinte que morreu Suso.
Fátima Carro
Penso que Manolito soñou
todo. Ou tamén sabía que o Suso ía morrer porque tivo unha visión.
Alicia Díaz
Manolito tivo un soño no
que o Suso morrera e ese soño fíxose realidade .
Fátima Méndez
Penso que Manolito tivo
un pesadelo co Suso e esa mesma noite o Suso cadrara que morrera,
como se Manolito o previra co soño. E todo foi unha coincidencia.
Iago Martínez
O Suso levou a Manolito
adrede ao río dicíndolle que había unha persoa afogada, pero o que
está facendo o Suso é predicirlle os acontecementos. Tamén puido
ser que Manolito soñara o que pasara ,algo que pola mañá resultou
ser unha predición.
Sara García
Manolito confunde a
realidade. Primeiro, non é o Suso quen chama por el senón ao revés.
Segundo, Manolito leva ao Suso ameazado , por iso leva a cabeza
gacha. Terceiro, Manolito ten medo non do ambiente senón do que vai
facer que é matar a Suso, quizais por envexa. Por último , Manolito
séntese culpable tras cometer o asasinato, pero á vez orgulloso tan
e como o demostra cando todos os rapaces chaman por el pola mañá.
Marcos Agrelo
Ningún comentario:
Publicar un comentario