OS
LIBROS SON PARA VALENTES
A
verdade é que nunca gustei moito de todos eses discursos sobre a
importancia do libro, das boas lecturas, e todo aquilo...Sempre
pensei que falar da importancia da lectura era como ter que explicar
a importancia de comer, de beber. De respirar.
Porque
de nada serve unha lectura se non nos atrapa. De nada serve un libro
que non nos namora. Que non nos marabilla, que non nos amosa outros
mundos, que non nos emociona. De que serve unha historia se non nos
arrastra dentro da treboada, se non nos fai chorar ante unha vida que
se apaga, se non nos fai rir ata desencaixarnos a mandíbula, se non
nos arrebata, se non nos calma...? Esas son as boas lecturas, as que
nos levan máis alá destas catro paredes. E eses son os bos libros,
os que nos converten en mellores persoas, máis grandes, máis
capaces, máis vivas.
Todos
sabemos que para cada un de nós hai un amor. Un que nos cambiará a
vida, que lle dará sentido á nosa existencia, e nada máis debemos
estar dispostos a ser valentes , a dar un paso adiante e dicirlle a
esa persoa "Ei, ti, gústasme! Podo darche un bico?" Do
mesmo xeito, eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un
que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae
adiante, como se avanza. Ou, polo menos como poñerlle o rabo ás
cereixas...
Para
todos hai un libro. Ou dez. Ou mil. Outra cousa é que esteamos
dispostos a abrilos. Que me dicides, valentes, atrevédesvos?
Pedro Feijoo
Pedro
Feijoo neste marabilloso texto escrito para a celebración do Día Mundial do
Libro e dos Dereitos de Autor 2016 e que foi un agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia , lánzanos un reto. Imos ser eses valentes e ímonos atrever!!!
Que
libro me atrapou ?
Que
libro me namorou?
Que
libro me marabillou?
Que
libro me amosou outros mundos?
Que
libro me emocionou?
Que
libro me fixo chorar?
Que
libro me fixo rir ás gargalladas?
Que
libro me calmou?
O libro que me namorou foi "Be yourself" de María Cadepe, porque fala de como podes triunfar sendo ti mesma e sen máscaras. E o libro que me atrapou foi "Naufragio en la 338" de Loreto Sesma, xa que son varios poemas que falan do mundo real e dos seus acontecementos e ás veces sentíame identificada.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
EliminarEu non o lin pero ten boa pinta xd
EliminarO libro que me atrapou foi "Ciudades de papel" porque, como había misterio e vinganza, tiñas curiosidade de saber como seguía.
ResponderEliminarO libro que me amosou outros mundos e que me marabillou foi "Ana, la de Tejas Verdes" porque a nena orfa era moi valente e tiña moita imaxinación.
Que libro me atrapou?
ResponderEliminarO libro que me atrapou foi Assasins Cread III porque narra como era a Idade Media e támen porque parece que a estás vivindo en primeira persoa. Comparándoo co xogo pouco ten que ver. Gonzalo Bermúdez Gómez.
Danme ganas de lelo co que dixeche agora.
EliminarSi, ese libro é bastante entretenido.
EliminarComparto a túa opinión sobre estre libro ,pero teño que decir que ese libro non se titula así.
EliminarCal me fixo rir ?
ResponderEliminarLa risa os hará libres , de Dani Mateo porque é enxeñoso , dando unha divertida opinión das cousas da vida , do día a día , e dos erros que cometemos . Pero sempre dando toques humorísticos , e por desgraza , algunhas veces son máis reais que ficticios . Daniel Martínez Ferreiro .
Eu non o lin pero ten boa pinta.
EliminarO libro que me namorou foi EL BESO DE MEDIANOCHE. Namoroume porque parece que fala dun tema pero fala doutro. Gústame moito a historia dunha rapaza que sobrevive a mordida dun vamnpiro cuha nena pequerrecha no colo.
ResponderEliminarO libro que me fixo chorar e me amosou outros mundos foi CHAMÁDEME SIMBAD. Xa que o neno se entristece co que lle pasa ao seu avó. Amosoume outro mundo porque se ve como un neno entende ao seu avó que padece Alzhéimer.
Os libros que me fixeron rir foron SABOR A TI e NO CORAZÓN DO BOSQUE, xa que son moi divertidos. No corazón do bosque trata dunha nena que acudira as fragas do Eume co colexio e ao chegar a casa decátase de que ten un trasno na mochila. E Sabor a ti tamén me fixo rir porque aparecen unhas frases moin graciosas.
O libro que me levou a outro mundo foi "El niño con el pijama de rayas" porque ese neno leváballe de comer a outro que ía morrer queimado e ao final por querer estar co neno que estaba atrapado el tamén morreu.
ResponderEliminarBrais Mujico García
Spoiler á vista
Eliminarjajajajaja
EliminarQue libro me atrapou?
ResponderEliminarPercy Jackson: "El ladrón del rayo" de Rick Riordan. Atrapoume porque me gusta o tema dos deuses e ao ler este seguín coa lectura de toda a saga.
Que libro me marabillou?
"Los juegos del hambre" de Suzanne Collins. É un libro que ao principio non o entendes e tes que lelo ata o final. É unha triloxía que lin enteira porque e unha historia interesante.
O libro que me emocionou foi "El niño con el pijama de rayas" porque trata un tema inxusto (encerrar a persoas con distinta cultura) e porque morre un neno por axudar a outro.
ResponderEliminarO libro que me fixo coñecer outros mundos foi "Chamádeme Simbad" porque conta vida dunha persoa cunha enfermidade como o alzhéimer.
Noelia Souto Taboada
Estou de acordo coa túa opinión xa que a min tamén me emocionou o libro "El niño con el pijama a rayas" e "Chamádeme Simbad", tamén me encantou.
EliminarO libro que me amosou novos mundos foi "Nun lugar chamado guerra" porque nos ensina o valor que teñen algunhas persoas para viaxar a un lugar onde hai guerra e poden sobrevivir ante tantas desgrazas.
ResponderEliminarO libro que me emocionou foi "El niño con el pijama de rayas" porque conta unha historia moi emotiva na que os nenos sofren sen motivo por axudarse o un ao outro e morren tan pequechos sen ter culpa de nada.
Estou de acordo coa túa opinión xa que cando o lin tamén me ensinou o valor que teñen algunhas persoas para viaxar aos lugares que están en guerra.
EliminarEu non o lin pero ten boa pinta
EliminarQue libro me fixo rir ás gargalladas?
ResponderEliminarO libro que me fixo rir e me gustou moito foi " Charlie y la fábrica de chocolate " porque me parece que o neno protagonista divertíase e pasábao ben aínda así sendo pobre como era e tivo a gran sorte de tocarlle o gran premio que se sorteaba.
A min non me parece moi divertido xa que o rapaz é pobre e vive nunha condicións inaceptables.
EliminarO libro que me namorou foi "Chamán" de Noah Gordon porque é un libro que explica a vida dun rapaz xordo que quere ser médico coma o seu pai a pesar da súa incapacidade auditiva e dos falares da xente conségueo.
ResponderEliminarO libro que me atrapou foi "El Ocho" de Katherine Neville porque narra a historia dunha rapaza que vive unha aventura polo mundo xogando a un xogo proposto por súa nai que agocha as pezas do seu xadrez por diferentes paises do mundo e para conseguilas necesita gañar todas as partidas que se lle van propoñendo.
O libro que me marabillou foi "Dragal" de Elena Gallego Abad porque me fascinou pola súa capacidade de mostrar un mundo máxico, misterioso de tempos pasados e cargado de misterio e aventuras.
O libro que me ensinou novos mundos foi?
ResponderEliminar"Nun lugar chamado guerra" porque me ensinou como era a guerra de verdade.
Eu non o lin pero ten boa pinta
Eliminar"El niño del pijama de rayas" fíxome chorar porque foi como se o autor creara un mundo para eles dous e ao final ese mundo fose eterno, xa que están xuntos ata a morte.
ResponderEliminarO libro que me atrapou foi "El niño con el pijama de rayas", porque dende o primeiro momento me fascinou e quixen rematalo canto antes para saber o final, ensinándome outras caras do mundo.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarO libro que me atrapou foi "Dragal", xa que é de misterio e tiven que lelo para descubrir as aventuras dos protagonistas que me transportaron a un tempo medieval.
ResponderEliminarO libro que me atrapou foi "Territorio Comanche" porque me pareceu moi entretido e ensinoume a verdade sobre a dureza da guerra.
ResponderEliminarO libro que me amosou outros mundos foi a saga completa de "Star Wars" en cómic. Son batallas entre os malos(O imperio) e os bos (os rebeldes e os jedis). O principal da historia en conxunto é que o imperio quere acabar con todo e os rebeldes impídeno.
O libro que me atrapou foi "Skullduggery Pleasant" porque é unha historia que me entretivo, e pareceume divertido xa que a historia trata dunha rapaza que coñece a un esqueleto que fala e ten maxia.
ResponderEliminarO libro que me atrapou foi "El misterioso incidente del perro a medianoche" porque é un libro no que os seus capítulos son tan diferentes como que non teñen nada que ver un co outro, e a intriga dáche ganas de continuar lendo para saber como vai rematar a historia.
ResponderEliminarParece un libro moi especial e direfente, ten moi boa pinta.
EliminarTen boa pinta.É interesante a forma na que relaciona os capítulos.
EliminarQue ganas de lelo!
O libro que me atrapou foi "Chamádeme Simbad", porque a medida que avanza a historia vaite enganchando pola historia do rapaz(ao que o seu avó lle chama Simbad)polo punto de vista do neno de ver a enfermidade do seu avó e de axurdalo a superala.
ResponderEliminarO libro que me emocionou foi "Bajo la misma estrella" de Jonh Green xa que a historia dos protagonistas é moi dura porque teñen cáncer e ademais pola maneira de contar as súas historias.
O libro que me amosou outros mundos foi "El Lazarillo de Tormes" porque me ensinou o mundo medieval, non tiña nin idea da pobreza que había nesa época, da escaseza de comida e bebida, de como falaban... A parte diso tamén ten escenas cómicas e dramáticas.
ResponderEliminarA min tamén me gustou xa que ten diversas historias e ademais fíxome rir moito
EliminarO libro que me atrapou foi "Pel de lobo" porque me enganchou dende o principio e quixen rematalo canto antes para saber o que ía ocorrer, ademais trata de temas que na vida real están prohibidas como matar os lobos.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
EliminarEu penso e que e bastante predecible o final do libro.
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarO libro que me amosou outros mundo foi "El Pequeño Principito" de Antoine de Saint-Exupéry, que narra a historia dun piloto que se estrela e coñece a un principiño doutro planeta ó que lle vai contando as súas aventuras polos planetas.
ResponderEliminarQue libro me atrapou ?
ResponderEliminarO libro que me atrapau foi "Ángeles Caídos" de Susan Lee,porque amosa un mundo tan incrible e fantástico e a trama é tan misteriosa que te ten en suspense ata o final da historia e te deixa con ganas de máis.
Que libro me fixo chorar?
O libro que me fixo chorar foi "Bajo la misma estrella" de John Green (témolo na biblioteca) , porque ha historia dá tantos xiros e empatizas tanto cos personaxes , que nos momentos tristes , que son moitos, non podes parar de chorar.
Que libro me fixo rir ás gargalladas?
"O teorema de Katherine" tamén de John Green (encóntrase na biblioteca) , fíxome rir ás gargalladas porque trata todos os temas da historia dunha maneira tan divertida que é imposible non rir.
Que libro me namorou?
O libro que me enamorou foi "Out of play" porque é unha trama moi nova que trata temas como a desintoxicación , mulleres que destacan sobre os homes nun deporte que está encasillado como " só para chicos " , etc.
Que libro me marabillou?
O libro que me marabillou foi "Maybe Someday" porque trata unha historia de amor entre dúas persoas mozas , pero que cada un ten problemas para afrontar a vida . O protagonista masculino é xordo e a protagonista feminina foi traizoada e botada do seu apartamento.
Que libro me amosou outros mundos?
O libro que amasou otros mundos é " Lux" unha historia sobre alieníxenas e humanos , que trata a morte , os segredos e o prohibido.
Que libro me emocionou?
O libro que me emocionou foi " La lección de Agust " ( encóntrase na biblioteca) porque me encantou que tratara o tema dun neno con discapacidade e que narrase o seu primeiro ano de colexio.
Madre mía Alba, un pouquiño grande, pero ben feito
EliminarDi que si rubi
Eliminarestou de acordo co meu compañeiro ruben tanto en canto e un pouquiño grande ;)
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarQue libro me amosou outros mundos?
ResponderEliminarO libro que me amosou outros mundos foi "Los hombres que susurran a las máquinas" de Antonio Salas, porque fala do mundo dos hackers, estafadores e a policía, e como grupos de neonazis e terroristas usan a rede para comunicarse e difundir as súas ideoloxías.
O mellor libro que lin ata o momento foi " Violet y Finch " xa que ao lelo sentinme cómoda, namoroume completamente a historia que narra e fíxome ver o mundo do suicidio con outros ollos.
ResponderEliminarCreo que o máis importante dun libro é o que che faga sentir en cada unha das súas páxinas ata rematar o libro.
Que libro me atrapou?
ResponderEliminarO libro que me atrapou foi "Noites de voraces Sombras" pola historia e a situación na que viviu o tío da protagonista, xa que este este tivo que exiliarse a Arxentina por motivos políticos.Por dicilo así trasladoume a esa época.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar"El Príncipe de la Niebla" foi o mellor libro que lin, porque tíñao todo, unha boa historia, personaxes de todo tipo, tramas... "Chamádeme Simbad" tamén me gustou porque era unha "simulación" do Alzéimer. "Historia de una escalera" foi divertido porque era o clásico vecindario no cal ocorrían cousas graciosas.
ResponderEliminarO libro que me marabillou foi o de "El Alquimista" co mundo que me ensinou e as diversas maneiras de pensar de cada personaxe.
ResponderEliminarO libro "El Hobbit" foi un libro que consequiu transladarme a un mundo de fantasía medieval e que me iniciou neste mundo da literatura.
"Percy Jackson" foi un libro que me atrapou coa súa historia de deuses gregos ambientada na actualidade
Ten boa pinta "El Hobbit", pero prefiro as películas.
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarA dicir verdade, non teño un libro específico que me atrapase, pois todos os que leo deben de cumprir esa función. Normalmente, se un libro non me atrapa nas primeiras frases e me fai querer saber que pasa ao final, non o acabo.
ResponderEliminarEntre eses libros cabe destacar "Las ventajas de ser un marginado", no cal me namorei do personaxe e da súa forma de pensar (tendo un problema psicolóxico).
Un libro que me marabillou en canto á historia e en como está relatado, é "Los juegos del hambre", unha distopía na que unha serie de adolescentes se deben de matar entre eles; todo está relacionado cunha crítica á sociedade actual.
"Bajo la misma estrella" foi ese libro que me fixo cavilar como sería ter cáncer e poder vivir dunha maneira totalmente normal.
Algo parecido sentín cos libros ambientados na 2º Guerra Mundial, "El niño con el pijama de rayas" e "El diario de Anne Frank", que me emocionaron e me fixeron chorar pola cruel realidade vivida naquela época non tan lonxana ao meu parecer.
Polo contrario, con "El guardián entre el centeno", boteime unhas cantas risas debido ás reflexións e ocorrencias do mítico protagonista Holden Caulfield.
En resumo, os libros son como viaxar, porque cada viaxe e cada lectura é diferente e apórtache algo distinto.
Eu vin a peli de Las ventajas de ser un marginado e está moi ben
EliminarOpino que a película de "Los juegos del Hambre" é mellor que o libro, e que se a película Sinsajo Parte 1 xa foi aburrida e non facían nada, o libro debe ser MOI aburrido.
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarO libro que realmente me atrapou foi "O Corazón de Xúpiter", aínda que foi un dos últimos que lin. É un libro moi interesante, xa que mestura diversos temas como é o caso das drogas,alcol, acoso escolar, amor, amizade, literatura e astronomía. Trátase dun libro que indirectamente te leva á nosa realidade, á realidade da época.
ResponderEliminarPor outra badna, un dos libros que realmente me gustou e me emocionou foi "Bajo la misma estrella". É un libro bonito, pero moi duro, xa que trata o tema da leucemia, mesturado con amor e partes moi divertidas.
"Maravilloso desastre" é unha novela romántica. Nela relátase a historia de amor entre dous rapaces, que pasan por bos e malos momentos na súa relación.
Haberá cuestión de medio ano lin un libro titulado "A praia dos afogados". Esta foi unha lectura que me marabillou completamente, xa que trata dun asasinato sen resolver, no que as pistas que van aparecendo con frecuencia inculpan a persoas erróneas, producindo en ti unha sensación de desacougo.
"El niño con el pijama de rayas" foi un dos libros máis duros e que máis me fixo chorar. Relata a historia dun neno xudeu que se atopa nun dos moitos campos de concentración que había na época. Pola contra, un libro que me fixo rir ás gargalladas é "A esmorga", xa que aínda que realmente se trata dun interrogatorio ante o xuíz, nos relatos que o protagonista narra aparecen moitas escenas cómicas, que te fan rir ben por como as conta ou pola historia en si
Estes libros marcáronme: "Chamádeme Simbad", con este libro sentinme identificado porque ao personaxe sucédelle que un dos seus familiares ten "alzheimer"; "O crepúsculo e as formigas" porque me ensinou outro modo de ver as cousas e non só ler, senón pensar tamén no que liches; "Como entrenar a tu vikingo" foi un dos libros cos que máis me rin porque era moi divertido e a saga "Gol" sempre lía algún deses libros antes de ir xogar cando era pequeno porque me poñía nervioso e eses libros calmábanme.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar"El príncipe de la niebla":Gustoume este libro pola súa Historia que me atrapou olvidándome da realidade e trasladándome a outro lugar con total credibilidade.
ResponderEliminar"No corazón do bosque":É un libro que me encantou polo mundo de fábula que nos amosa.Sen dúbida é un libro para deixarte levar e evadirte da realidade.
"La máquina del tiempo":Gustoume este libro pola historia que se conta da realiade de épocas pasadas, pero contada por roedores.
"Bajo la misma estrella":Esta é unha historia que te traslada á crúa realidade dunha enfermidade e ao duro da vida.
E por último, "No culpes al Karma de lo que te pasa por gilipollas":Este é un libro que conta a historia dunha rapaza que narra a súa vida con moito humor,este é un libro par divertirse e pasalo moi ben.
Que libro me atrapou?
ResponderEliminarUn dos libro que mais me atrapou foi "El príncipe de la niebla" porque foi un libro que me enganchou dende o principio debido á súa elaborada trama.
Que libro me amosou outros mundos?
"Caperucita en Manhattan" foi un dos libros de entre outros moitos o que máis cousas me amosou e as que aprendín e aparte diso tamén me emocionou.
Que libro me fixo rir ás gargalladas?
"Un baul cheo de piratas" foi un dos libros co que máis me rin porque era pequeno e eses tipos de libro gustábanme moito.
Responder
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarDos libros que lin e responden ás preguntas son:
ResponderEliminarAtrapoume "El Príncipe de la niebla" polo seu misterio e intriga constantes.
Namoroume "Luces de Septiembre" pola encantadora historia na que se absorve ao lector.
Gustoume e marabilloume "Memorias dun Neno Labrego" pola sinceridade e a humildade da historia dende os ollos de Balbino.
"Os Megatoxos" amosoume outro mundo, o dos templarios e as viaxes no tempo con superpoderes os cales me podían cando era pequeno.
"El niño con el pijama de rayas" fíxome chorar, xa que a morte final dos dous rapaces e as condicións puxéronme moi triste.
Os libros que detiñan o meu cu inquieto de pequeno eran a colección de libros de "Gerónimo Stilton" xa que me gustaban as historias daquel simpático rato.
"Asfixia". Esta novela politemática é capaz de somerxirte nun mundo futuro no cal te encontras só e o teu único amigo é nin máis nin menos que a túa querida memoria, os recordos. Cando te dás de conta xa non hai volta atrás, estás enganchada/o e quererás seguir lendo e lendo, porque neste libro nada é o que parece, poderás facer as túas propias suposicións, máis sorprenderaste dos camiños que toma a autora.
ResponderEliminar"Ve y pon un centinela" é unha novela que se sitúa na década dos cincuenta, cando comezaron as tensións raciais nos EStados Unidos. Este libro, a pesar de ser difícil de ler e de seguir merece a pena, está pragado de ensinanzas morais que che farán ver o mundo con outros ollos. Harper Lee e o seu libro marabilláronme totalmente.
E por último: "El mundo azul. Ama tu caos" é unha novela que te emociona e que che agarra a alma. Está escrita dunha maneira simple, pero fai que, dalgunha maneira máxica, che faga sentir, que é o que busca un bo libro, facernos sentir algo.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarQue libro me atrapou?
ResponderEliminarUn dos libro que mais me atrapou foi "El príncipe de la niebla" porque foi un libro que me enganchou dende o principio debido á súa elaborada trama.
Que libro me amosou outros mundos?
"Caperucita en Manhattan" foi un dos libros de entre outros moitos o que máis cousas me amosou e as que aprendín e aparte diso tamén me emocionou.
Que libro me fixo rir ás gargalladas?
"Un baúl cheo de piratas" foi un dos libros co que máis me rin porque era pequeno e eses tipos de libro gustábanme moito.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarO libro que me atrapou foi ''La invención de Hugo Cabret'' porque conta a historia dun rapaz orfo que vive entre as paredes dunha estación de ferrocarrís en París. Este libro conseguiu atraparme posto que cando o empecei a ler xa quería saber o misterio que agochaba o autómata do rapaz.
ResponderEliminar''Noite de voraces sombras'' foi un libro que me namorou posto que me gustou moito a historia entre Sara e Daniel, ademais de que me encantou o final. Este é un deses libros que volverías a ler e nunca te cansarías del.
''La elegancia del erizo''. Este libro non é que me marabillara, simplemente me gustou. Paloma é filla dunha familia de alta sociedade que viven en París. Ela decide suicidarse nun momento determinado xa que non atopa o sentido de vivir no estilo de vida que leva. É un libro que propón reflexións profundas sobre a sociedade actual. Ademais revélanos que podemos sobrevivir grazas á amistade, ó amor e á arte.
O libro de ''3333'' gustoume bastante porque cando o les eres capaz de imaxinar que ti es o protagonista dese conto e que estás no futuro (nese caso).
''El niño con el pijama de rayas'' emocionoume moito e fíxome chorar porque é unha historia moi triste e inxusta, debido ás continuas discriminacións e étnias.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarTodos os libros que lin, atrapáronme porque os que empecei tívenos que acabar de ler, porque penso que sempre se lle ten que dar unha oportunidade porque pode ter un final bo.
ResponderEliminarO libro que me namorou foi "EL hombre que escuchaba a los caballos " porque penso que foi capaz de transmitir os seus sentimentos ao papel e amosar todo que de verdade vivíu.
O libro que me marabilloui foi "Corazón para dos", mostra que realmete o órgano que decide os nosos gustos e a nosa forma de ser é o corazón en non o cerebro como todos pensamos.
O libro que me amosou outros mundos foi "El principito" porque mostra o planeta no que vivía, e sobretodo dá a coñecer o seu mundo interior, que eu creo que é o mais importante das persoas.
O libro que me emocionou foi "Eleanor y park". Fíxome sentir impotente ao non poder axudar aos protagonistas.
"Buscando a Alaska" foi o libro que mais me fixo chorar e o que realmente fixo que me encariñara cos protagonistas, era como se os coñecera en persoa.
"Moonkid and Liberty" fíxome rir moito porque os personaxes xon moi peculiares, pero aínda así non deixan de sser boas persoas.
O libro que me calmou foi un libro que lin na miña infancia, máis ben léronmo. Titúlase "Me marcho adiós".É un conto moi triste por que vai dun mono pequeno que decide marchar da súa cas, a súa nai déixao ir porue sabe que vai acabar volvendo a pesar de todo o orgulloso que é el. O mono cando se viu só comezou a aprezar todo o que tiña e todo o que os eus pais o coidaban e o querían, ao final (como a nai xa predicía) regreso coa súa familia. Este conto marcoume moito, aínda que apenas tiña cinco anos fixo que me dera conta do valor das cousas non materiais como é o amor e o calor do fogar. Deime conta, con apenas cico anos da cantidade de cousas de valor que tiña.
Marina Ferradás Rodríguez
Que libro me atrapou?
ResponderEliminarO libro que me atrapou sen dúbida foi "Cell" de Stephen King. A verdade é que non son unha afeccionada ás historias de zombies, pero esta historia encantoume. Este libro consegue atrapar entre as súas follas aos lectores e tamén produce medo debido á angustia e a desesperación dos personaxes.
Que libro me marabillou?
O libro que me marabillou foi "Noite de Voraces Sombras" de Agustín Fernández Paz. Debido a que está moi ben narrado e o vocabulario que utiliza non é moi difícil, máis ben é fácil de comprender. Os temas principais son o amor e as aventuras. Tamén é un libro interesante xa que aprendemos como estaba Galicia e España durante a Guerra Civil.
Que libro me fixo chorar?
O libro que me fixo chorar foi "El Príncipe de la Niebla" de Carlos Ruíz Zafón. Este libro mezcla intriga e misterio, sen dúbida recoméndoo para aquelas persoas que lle gustan as aventuras e o misterio nunha soa novela. Esta novela pareceume moi bonita e triste, xa que ó final acaba mal para un dos personaxes protagonistas.
Que libro me fixo rir ás gargalladas?
O libro que me fixo rir ás gargalladas foi "No Corazón do Bosque" de Agustín Fernández Paz. É unha historia de seres fantásticos (trasnos) que viven nas fragas do Eume. No libro os temas principais son: a convivencia coa familia, a amizade, a soidade, os conflitos dentro da aula...Sen dúbida divertinme un montón lendo este incrible conto.
Libros que me atraparon foron, sen dúbida algunha, "No corazón do bosque" e "Noite de voraces sombras".
ResponderEliminarO primeiro conta a historia dunha rapaza que vai de excursión ás fragas do río Eume. Alí, un trasgo métese na súa mochila e pouco a pouco comezan a consolidar unha amizade cada vez máis grande.
No segundo apréciase moi ben a vida durante a Guerra Civil española a través dunha serie de cartas que Sara encontra, e que pertencían ao seu tío Moncho, xa falecido.
"El hombre que susurraba a los caballos", unha historia de superación na que unha rapaza intenta recuperar a confianza en si mesma a través dos cabalos. Ao principio é un pouco triste, mais, despois, todo cambia.
"Matilda" e "El príncipe de la niebla", libros que me marabillaron.
O primeiro conta a historia de Matilda, unha rapaza que devora libros desde moi pequeniña; sen dúbida, un dos libros que me encantou na infancia e que non deixará de facelo coa idade.
No segundo, Max e a súa familia múdanse a unha casa un tanto peculiar e comenzan a ter lugar acontecementos estraños. Nel predomina a intriga, a cal te leva a querer avanzar máis e máis na lectura.
"3333" e "Mutacións xenéticas", desas historias que te levan a outros mundos.
O primeiro, conta a historia dun rapaz do ano 3333 que chega ao século XXI.
No segundo, un neno e o seu avó investigan como, mediante mutacións xenéticas, poden facer que os animais evolucionen máis rápido, ata o punto de poder comunicarse con eles; un moi bo libro desde o meu punto de vista.
"El jinete del silencio" conta a historia dun rapaz que nace morto, pero ao que un cabalo resucita. Ten síndrome de Asperger e atopa todas as solucións aos seus problemas nestes animais, é dicir, nos cabalos. Un libro moi fermoso, e co que me emocionei en numerosas ocasións.
"Bambie", o libro da miña infancia, que conta a historia dun cervatiño. Recordo que sempre choraba cando os cazadores mataban á súa nai.
"Bajo la misma estrella" conta a historia de amor entre dous mozos con cáncer. Un gran libro, co que todos somos incapaces de chorar.
Liberdade, amor e amizade son só algúns dos temas de "Ciudades de papel", un libro cun final inesperado, pero moi bonito desde o meu punto de vista.
O libro que me atrapou foi: "Los Juegos del Hambre: Sinsajo". É un libro que forma parte dunha trioloxía chamada: Los Juegos del Hambre e que te atrapa dende o primeiro momento. Trata temas como a fame, a pobreza, a traizón ou o control do goberno, os cales están presentes na sociedade actual.
ResponderEliminarO libro que me namorou e me fixo rir ás gargalladas foi "El Superzorro". Este foi un libro que lin cando era pequena, un dos primeiros, e que me namorou. Xa que a historia que conta do zorro que arrisca a súa vida para darlle de comer aos seus fillos é moi bonita, tamén hai partes que son graciosas como a maneira de roubarlle a comida aos tres granxeiros.
O libro que me marabillou foi "El príncipe de la niebla". "El príncipe de la niebla" foi un libro que nos mandaron ler en 1º da ESO e que me gustou moito xa que parecía que te metías na historia e ías enlazando todos os sucesos, pero ó final foi moi intrigante xa que un personaxe,Caín,deixaba moitas dúbidas para resolver.
O libro que me amosou outros mundos foi "El mundo azul:ama tu caos". Segundo ía lendo o libro íame imaxinando a illa na que vivían todos eses nenos que escaparan do hospital para facer alí todo o que quixesen antes de morrer, tamén me fixo imaxinar os rituais de despedida, onde durmían...
O libro que me emocionou foi "Corazón de mariposa". É un libro que trata un tema moi serio como é a anorexia, e a vida dunha rapaza que se quere suicidar porque o noivo a deixou. É un libro duro que fala sobre os problemas da anorexia, e que ao principio faise complicado de ler, pero despois acostúmaste e parece que te metes na pel da protagonista.
Todos os libros que lin, atrapáronme porque os que empecei tívenos que acabar de ler, porque penso que sempre se lle ten que dar unha oportunidade porque pode ter un final bo.
ResponderEliminarO libro que me namorou foi "EL hombre que escuchaba a los caballos " porque penso que foi capaz de transmitir os seus sentimentos ao papel e amosar todo que de verdade vivíu.
O libro que me marabilloui foi "Corazón para dos", mostra que realmete o órgano que decide os nosos gustos e a nosa forma de ser é o corazón en non o cerebro como todos pensamos.
O libro que me amosou outros mundos foi "El principito" porque mostra o planeta no que vivía, e sobretodo dá a coñecer o seu mundo interior, que eu creo que é o mais importante das persoas.
O libro que me emocionou foi "Eleanor y park". Fíxome sentir impotente ao non poder axudar aos protagonistas.
"Buscando a Alaska" foi o libro que mais me fixo chorar e o que realmente fixo que me encariñara cos protagonistas, era como se os coñecera en persoa.
"Moonkid and Liberty" fíxome rir moito porque os personaxes xon moi peculiares, pero aínda así non deixan de sser boas persoas.
O libro que me calmou foi un libro que lin na miña infancia, máis ben léronmo. Titúlase "Me marcho adiós".É un conto moi triste por que vai dun mono pequeno que decide marchar da súa cas, a súa nai déixao ir porue sabe que vai acabar volvendo a pesar de todo o orgulloso que é el. O mono cando se viu só comezou a aprezar todo o que tiña e todo o que os eus pais o coidaban e o querían, ao final (como a nai xa predicía) regreso coa súa familia. Este conto marcoume moito, aínda que apenas tiña cinco anos fixo que me dera conta do valor das cousas non materiais como é o amor e o calor do fogar. Deime conta, con apenas cico anos da cantidade de cousas de valor que tiña.
Marina Ferradás Rodríguez
Que libro me emocionou?
ResponderEliminar"El secreto de mi madre" emocionoume porque contan como se agachaban as persoas no nazismo, como tiñan que escapar e non se podían fiar de ningúen, isto fíxome reflexionar sobre ese tema.
Que libro me fixo chorar?
"El niño con el pijama de rayas" fíxome chorar porque deixa ver como eran os campos de concentración e como morreu o neno inocente, fillo dun dos que dirixían os campos. Transladoume a eses tempos, nos que a xente que estaba neles se sentía impotente, e os dirixintes tiñan sangue frío.
Que libro me atrapou?
"Pel de lobo" atrapoume dende o principio, porque me gusta como está escrito este libro e porque sentinme tan metida no libro que cheguei a ter medo varias veces, enganchoume totalmente e disfrutei moito con el, porque me produciu unhas sensacións de medo real.
"El príncipe de la niebla" atrapoume xa que os personaxes gustáronme moito, e fíxome sentir medo, tristeza e felicidade, foi un libro que me quedou gravado no momento no que o lin, xa que ata entón non lera libro así, senón que eran máis infantís. Este foi moi intenso, e sen dúbida encantoume moitísimo.
Que libro me amosou outros mundos?
"El mundo azul. Ama tu caos" fíxome pensar como sería saber que vas morrer nuns días e que che dan a libertade de facer o que queres, nun lugar marabilloso. Fíxome tamén chorar, porque cada protagonista desta historia ten un problema moi grande, porén intentan disfrutar ao máximo do tempo que lles queda, e despiden aos seus comopañeiros que marchan dunha forma especial.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarQue libro me atrapou?
ResponderEliminar"O misterio dos fillos de Lúa" é un libro moi especial para min, xa que foi o primeiro que lin eu pola miña conta, aínda que estaba recomendado para tres anos máis da idade que eu tiña, a narración que facía o protagonista enganchoume tanto que comecei a ler todo o que tiña á man, iso foi o mellor do libro. "Los juegos del hambre" foi un libro que me atrapou dende que o collín nas mans; era o libro de moda, non tiña moitas esperanzas postas nel porque supuxen que a maior parte da xente esaxeraría pero foi comezar a ler e vin o meu carácter e a miña maneira de ser totalmente reflectidos nos da protagonista; vinme incapaz de soltar o libro ata o remate.
Que libro me namorou?
"Ángel mecánicp" é o primeiro libro da trioloxía de Cazadores de sombras. Los Orígenes, o que me namorou del foi a gran variedade de personalidades dos protagonistas, e como en ningún momento perden a súa esencia, ademais a sensibilidade dun deles faite ver as cousas doutro xeito, acabas por namorarte del tamén, iso e o importante dun libro.
Que libro me marabillou?
"El abuelo que saltó por la ventana y se largó" foi un libro que me ensinou o meu mundo dende hai cen anos, coma unha clase de historia vista dende outra perspectiva, pero sobre todo marabilloume Allan, o avó de cen anos, e a súa vida que aínda que inventada, incrible; e a maneira de narrar do autor fan deste un libro difícil de olvidar.
Que libro me amosou outros mundos?
Harry Potter é unha das miñas sagas favoritas, ensínache a crueldade duns e o corazón doutros, o valor da amizade, de saber perdoar, como tras cada acción hai o seu porqué, a ser forte e a loitar, non dar nunca nada por perdido, e como as cousas de verdade permanecen.
"Durmido sobre os espellos" transportoume á realidade cubana nun abrir e cerrar de ollos, prendín moito e tamén me chocaron moitas cousas que aquí non son así e non tiña nin idea de que sucedesen noutros lugares; pero sobre todo encantoume o afán de supervivencia e os principios que se reivindican alí.
Que libro me emocionou?
"Buscando a Alaska" foi un deses libros que odias e amas ao mesmo tempo, pasas a metade do libro querendo saber que pasa e a outra metade querendo enviarlle unha carta a John Green para que cambie o sucedido.
"Crepúsculo" foi o primeiro libro "de moda" que lin, e a historia fíxome estremecer. Moitos din que é unha parvada pero lin toda a saga tres veces e cada vez gústame máis. Veste case obrigada a elexir un bando e intentas que a protagonista che faga caso, enfádaste e dache rabia como se desaroian os acontecementos.
Que libro me fixo chorar?
"Princesa mecánica" soi o último libro da miña trioloxía preferida, o final non podía ter sido doutro xeito, ademáis pola metade da historia faiche crer que pasou o peor pero todo remata solucionándose.
Que libro me fixo rir ás gargalladas?
"No culpes al Karma de lo que te pasa por gilipollas" foi o libro co que máis me rin, Laura Norton capta a túa atención dende o título ata a última liña, riste coas reflexións que fai, as ocorrencias que ten... É unha maneira xenial de desconectar.
Que libro me calmou?
El mundo azul. Ama tu caos. Albert Espinosa sempre nos fai parar a pensar e reflexionar, relentiza o tempo, todo vai máis despacio, dáste conta de todo o que pasa na vida e velo doutra maneira, aprezas máis o que tes.