O alumnado de 3º e 4º de ESO celebran un Día das Letras 2016 diferente e moi poético !
O noso homenaxeado, Manuel María,
escribiu Bando , poema que forma parte de Documentos personaes , que comeza así :
Publícase
por orde da alcaldía
as
rosas do xardín municipal.
Desde
agora as pombas teñen
que
pedir licenza para voar.
Prohíbeselle
á lúa
andar
ceiba de noite polo ceo.
A primeira proposta era adaptar o texto escrito polo noso poeta cambiando os versos da primeira prohibición por permisos!!!
A segunda proposta era crear outro poema coas prohibicións ao xeito de Manuel María .
Velaquí tedes o primeiro dos traballos!!!
PERMÍTENSE
POR ORDE DO ALUMNADO DE 4º de ESO ...
que
a xente se poida expresar libremente sen ser cuestionado por ninguén
que
os profesores non manden tantos deberes en época de exames
que
os cans teñan dereito a entrar en lugares públicos
que
haxa máis vacacións
que
as guerras se convirtan en festas
que
toda persoa sexa feliz
que
os pais deixen saír as fins de semana
que
todos sexamos diferentes ao convivir
que
se acabe a fame no mundo
que
nunca máis exista a pobreza
que
acaben as guerras
que
as persoas non sexan discriminadas
que
os rapaces e rapazas menores de idade teñan voz e voto en temas
políticos
que
todo o mundo teña auga
que
todas as persoas teñan dereito á educación
que
as persoas deixen voar a súa imaxinación e desexen cousas que
realmente queren
que
nos poñan cadeiras máis cómodas
que
non estea prohibido non facer exames
que
se valore polos actos e non pola aparencia
que
se actúe por altruísmo e non por interese
que
se poida saír da clase nas horas de garda
que
non se critique a xente
que
o horario sexa só de mañá
que
non existan as fronteiras
que
cando falte a profesora de educación física, se poida facer a clase
igual
que
en clase de matemáticas calen todos
que
a xente chore cando o precise
que
exista a igualdade entre xéneros
que
haxa unha clase cada día para facer os deberes
que
cada dúas clases haxa un tempo de descanso
que
a confianza sexa dada e coidado por todos
que
os soldados solten as súas obras e abracen os contrarios
que
cada un sexa como queira por dentro e por fóra
que
todos teñamos acceso á educación
que
ninguén de nós quede sen teito
que
se poña fin ao maltrato animal
que
disfrutemos da vida con alegría
que
chova cando hai que estudar para os exames
que
os recreos duren máis tempo
que
os libros pesen menos
que
os días duren 48 horas para poder durmir 24
que
os alumnos leven libros e apuntamentos ao exame
que
haxa un día máis na fin de semana
que
se nos teña máis en conta
Os
nosos alumnos de 3º de ESO crearon un Poema-Bando
coas súas prohibicións dun xeito moi particular. Na Biblioteca tiña todo disposto para botar a andar a súa imaxinación e ser Manuel María por un día!
Prohíbese
por orde do alumnado de 3º do Forte...
roubarlle
as esmolas ós curas
romper
material escolar coa mente
pensar
cousas inapropiadas
levantarse
cedo a fin de semana e festivos
chorar
nos enterros
facer
exames e deberes
estar
aburrido nas horas de lecer
que
a auga afogue as plantas
que
as nubes choren tanto
que
o vento ante con tanta présa
que
no Forte non haxa diversión
durmir
a sesta pola semana
tomar
o sol os días de calor
andar
a correr porque así vivirás máis
alongar
as clases e acurtar os recreos
chorar
os sete días da semana
que
faga menos de 20º
chover
en inverno
peitearse
os luns
poñer
exames nos aniversarios dos alumnos
estudar
polas tardes
que
a xente vaia ao super antes de que remate as súas reservas
contar
chistes malos
durmir
en clase , menos a Caneda que descansa a vista
facer
presentacións orais
empezar
o paquete de galletas ata que caduquen
facer
frío e moita calor
estar
triste
non
dedicar unha hora ao día a rir
faltar
ás festas
Ningún comentario:
Publicar un comentario