Hai uns anos tivemos a honra de recibir a visita de Xosé
Neira Vilas. Compartiu con nós unha charla afable, agarimosa e
mostrou o seu agradecemento porque lle deramos o seu nome á nosa
Biblioteca.
Compartimos
con el moitos e bos momentos , era unha persoa boa e xenerosa e así
nolo demostrou. Fomos honrados en darlle o seu nome á nosa
Biblioteca, agasallounos con libros tanto seus como doutros autores,
fomos os primeiros en ver a película de debuxos animados “Meimiño”
nunha estrea especial para o noso alumnado na súa Fundación.
e o
alumnado de 5º de Primaria, hoxe alumnado de 1º de ESO, foron
actores e actrices nunha curtametraxe titulada Querido
Tomás, a petición persoal de
Xosé Neira Vilas.
En
novembro sosprendeunos o seu falecemento e hoxe somos nós dun xeito
moi humilde os que honramos a súa figura e lle rendemos unha pequena
e sentida homenaxe.
Unha homenaxe dos alumnos e alumnos do CPI
Antonio Orza Couto que sempre foron obxecto de atención pola súa
parte. Sempre pensou en nós!!!
O noso abecedario na súa honra comezaba deste xeito :
X
de
XENIO que nunca cansaba...
O
de
OBRA.
Máis de 6o obras...
S
de SEMPRE
escribiu en galego...
É
de É
un escritor que sempre tivo en conta ao lector...
N
de NENOS
. Os nenos foron protagonistas das súas obras ...
E
de EU
. "Eu son Balbino...
I
de INVESTIGADOR. Unha
das facetas de Xosé Neira Vilas foi investigar...
R
de ROMANO,
a Casa do Romano...
A
de AGORA . Agora
o Balbino tería de todo...
V
de VIDA. Unha
vida con Anisia Miranda...
I
de INNUMERABLES
foron os recoñecementos á súa figura...
L
de LABREGO ."Son
autenticamente labrego...
A
de APAIXONADO.
Xosé Neira Vilas consagrouse de maneira apaixonada á súa
vocación...
S
de SERENIDADE. A serenidade
e a paz - despois de longos anos na emigración - deulla a súa
aldea, a súa casa do Romano en Gres...
Aquí tedes o noso ABECEDARIO creado na V Semana Cultural 2016
Ningún comentario:
Publicar un comentario