Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
mércores, 31 de maio de 2017
VERSIONANDO A ARTE !
Presentámosvos o Proxecto de Versionando a ARTE !!! FANTÁSTICO TRABALLO
VERSIONAMOS A ARTE ! PhotoPeach
luns, 29 de maio de 2017
SELFIES LECTORES
Co fin de potenciar a lectura en familia, propuxemos una
nova tarefa dende a biblioteca. Esta vez, tratouse de facer un selfie
en familia no momento que se lle adica á lectura na casa.
GRANDES SELFIES !!!! GRATAS LECTURAS !!!!
mércores, 24 de maio de 2017
MARCADORES PERSOAIS
Cada titoría fixo o deseño propio duns marcadores para
ir á Biblioteca co fin de sinalar o espazo onde se sacou un libro
para logo volver a colocalo no seu sitio.
O deseño e o coloreado eran de estilo libre para logo
plastificalos e que duren un tempo.
martes, 23 de maio de 2017
ENCONTRO CON HAKAN CASARES
Desde
o ano 1963 celebramos o Día das letras Galegas, un día no que
homenaxeamos a unha figura senlleira do mundo da cultura galega. Este
ano congratulámonos coa presenza no noso centro de Hakan Casares Berg, fillo de
Carlos Casares a quen lle dedicamos este 17 de maio.
Nunha
entrevista Hakan sinalaba que se sentía orgulloso e satisfeito de
que a Real Academia Galega decidise dedicarlle a seu pai o Día das
Letras Galegas do ano 2017 e nós sentimos o mesmo orgullo e
satisfacción porque o seu fillo compartira con nós a vida e obra dun
grande das nosas letras e da nosa cultura.
Dise que
ás veces unha imaxe vale que mil palabras, e pode ser porque unha
fotografía de Carlos Casares recolle a súa participación no 1º
Día das Letras Galegas de 1963 dedicado a Rosalía de Castro, unha
imaxe do pasado que se fai presente e é hoxe cando nós lle rendemos
a el , ao contador de historias , a nosa sincera homenaxe.
| Encontro con Hakan Casares |
A nosa homenaxe especial foi pórlle o nome de Carlos Casares á Sala de Lectura da nosa Biblioteca.
Hakan Casares mostrouse emocionado e agradecido por este detalle en memoria de seu pai e nós igualmente xa que a presenza do contador de historias permanecerá para sempre entre nós.
venres, 19 de maio de 2017
Encontro literario
O alumnado de 3º e 4º da ESO compartiu con María Lorenzo e Manuel Iglesias Turnes a maxia da escrita e descubriron algúns dos seus segredos sobre a creación literaria. Unha tarde amena na que os nosos mozos e mozas se achegaron ao mundo de quen escribe desde moi noviña e de quen comezou a facelo algo máis tarde.
Aquí vos deixamos unha mostra deste encontro.
xoves, 18 de maio de 2017
Taller de modelado
O alumnado de 3º de ESO mostrou grandes dotes para o modelado en barro no taller impartido por Diego Vidal, ex alumno do noso centro . Aquí vos deixamos a proba do seu magnífico traballo. Foron uns grandes artistas do barro !
xoves, 11 de maio de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




