Desde
o ano 1963 celebramos o Día das letras Galegas, un día no que
homenaxeamos a unha figura senlleira do mundo da cultura galega. Este
ano congratulámonos coa presenza no noso centro de Hakan Casares Berg, fillo de
Carlos Casares a quen lle dedicamos este 17 de maio.
Nunha
entrevista Hakan sinalaba que se sentía orgulloso e satisfeito de
que a Real Academia Galega decidise dedicarlle a seu pai o Día das
Letras Galegas do ano 2017 e nós sentimos o mesmo orgullo e
satisfacción porque o seu fillo compartira con nós a vida e obra dun
grande das nosas letras e da nosa cultura.
Dise que
ás veces unha imaxe vale que mil palabras, e pode ser porque unha
fotografía de Carlos Casares recolle a súa participación no 1º
Día das Letras Galegas de 1963 dedicado a Rosalía de Castro, unha
imaxe do pasado que se fai presente e é hoxe cando nós lle rendemos
a el , ao contador de historias , a nosa sincera homenaxe.
Encontro con Hakan Casares |
A nosa homenaxe especial foi pórlle o nome de Carlos Casares á Sala de Lectura da nosa Biblioteca.
Hakan Casares mostrouse emocionado e agradecido por este detalle en memoria de seu pai e nós igualmente xa que a presenza do contador de historias permanecerá para sempre entre nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario