Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

martes, 22 de febreiro de 2022

LOITANDO CONTRA A VIOLENCIA

 O prometido é débeda, e o alumnado de 2º xa rematou os seus "Violentovirus", virus compostos por diferentes formas de violencia que existen na nosa sociedade. Como non hai virus sen vacina, crearon tamén unha vacina ou unha cura que podemos usar para poder erradicalos. Poñede as máscaras antes de miralos!





Ademais, co gallo do Día Internacional contra o uso de Nenos Soldado, o alumnado de 1º da ESO fixo unha presentación para concienciarnos desta problemática:







martes, 15 de febreiro de 2022

UN 14 DE FEBREIRO CHEO DE AMOR, CARTAS E LECTURA

Este ano o centro volcouse na celebración de San Valentín. O alumnado de 1º da ESO confeccionou uns corazóns cheos de poesías románticas de variados autores que tod@s puidemos desfrutar diante da Biblioteca:


Ademais o equipo da biblioteca seleccionou lecturas de todos os xéneros relacionadas co amor e a amizade:


E toda Secundaria esperaba ansiosa recibir algunha carta do buzón do amor e a amizade. Houbo sorpresas para todxs!







mércores, 2 de febreiro de 2022

DÍA DE CASTELAO E DA ILUSTRACIÓN

Neste 30 de xaneiro celebramos o Día de Castelao e o Día da Ilustración. Diante da biblioteca de Secundaria tedes unha selección de títulos que seguro vos resultarán moi interesantes. Pasádevos a desfrutalos!



martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Desde a semana pasada estivemos traballando sobre a paz, os tipos de violencia e como evitala. Comezamos cunha exposición realizada polo alumnado voluntario da biblioteca, que seleccionou materiais do máis variado sobre o tema:





Ademais, sumámonos á celebración do centro do día 28 poñendo cancións relacionadas coa paz e a non violencia. Podedes ver o resumo do acto no seguinte vídeo.

Por último, o alumnado de Valores Éticos de 1º e 2º están realizando uns posters sobre o tema que poderedes desfrutar en breve.

Entre tod@s podemos acabar coa violencia!



mércores, 26 de xaneiro de 2022

MALETAS FACENDO O CAMIÑO


Xa están en marcha as maletas viaxeiras do Camiño de Santiago en Ed. Infantil. Velaquí tedes unha pequena mostra. Moi boa viaxe!!


luns, 20 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

 Desde a biblioteca queremos propoñervos estas lecturas para que desfrutedes deste Nadal cun bo libro na man.

Animádevos a descubrilas e pasade un MOI BO NADAL!!



BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS


Desde a biblioteca queremos informarvos de que un ano máis o noso centro quedou adherido á iniciativa de "Voluntariado na biblioteca escolar", dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias.

O alumnado voluntario de Secundaria realizará unha serie de tarefas en relación coa biblioteca (deseño e realización de actividades, formación de usuarios...), por suposto axustándose aos protocolos que a situación sanitaria esixe.

Esta iniciativa lévase a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social e favorece actitudes de colaboración e solidariedade, colaborando na formación dunha cidadanía crítica e comprometida.