Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

sábado, 28 de novembro de 2015

Xosé Neira Vilas

                   O Equipo da nosa Biblioteca "Xosé Neira Vilas"  e os seus usuarios lamentan profundamente a perda de Xosé Neira Vilas . 

                   A nosa tristeza é infinita. Fóisenos un home sinxelo, humilde, traballador e un xenio das Letras Galegas.  

                 Temos a inmensa honra de manter viva a súa presenza no nome da nosa Biblioteca . 

                   Grazas, e mil grazas !!!!
                  


                    

venres, 20 de novembro de 2015

UN SAMAÍN DE MEDO!



         Unha ano máis decoramos a nosa Biblioteca e ademais foi escenario dunha sesión de lectura dramatizada co alumnado de 1º de ESO . O texto seleccionado foi o titulado Precísase fantasma de Arthur Conan Doyle que forma parte dos relatos de pantasmas de Steven Zorn.


       A continuación o alumnado respondeu a un cuestionario de xeito colaborativo ( grupos de catro alumnos) sobre a historia narrada.






                     Mesmo houbo debate sobre as posibles respostas!



 E os gañadores foron:
-Iván Liñares
-Rubén Ferreiro
-Raúl Castro
-Álex García
                                     NORABOA!

luns, 26 de outubro de 2015

Galicia Le


O Equipo da Biblioteca INFORMA !!!
GALICIA LE
É unha plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas mediante descarga ou con diferentes dispositivos : tableta, teléfono móbil, ordenador persoal, lector de libro electrónico.
Ofrece dous catálogos :
1.-obras en galego
2.-obras en castelán
A temática dos libros é diversa : ficción, informática, historia...

Que ofrece este servizo ?
Ofrece o préstamo de dous libros por catálogo durante 21 días.
Como se accede ao servizo ?
Accédese como usuario con carné dunha biblioteca da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Se non es usuario podes facerte socio/ a da biblioteca municipal facilitando os teus datos persoais, teléfono e unha conta de correo electrónico.

xoves, 3 de setembro de 2015

           Comezamos unha nova andaina !!! Unha andaina chea de aventuras, de exploracións, de descubertas... !!! 

O Equipo da Biblioteca quere compartir con todos vós o LEMA das Bibliotecas Escolares do curso 2015-16 :
 "Biblioteca escolar, base de exploracións" 

     O lema chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.


xoves, 4 de xuño de 2015

PRÉSTAMOS EN VERÁN !!!



 

 O Equipo da Biblioteca informa :
durante os meses de xullo e setembro seguirá activo o servizo de préstamo para todos os usuarios .

Podedes pasar de luns a venres : de 10 a 13 horas .

Feliz verán e felices lecturas !!!