Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
domingo, 19 de abril de 2015
xoves, 12 de marzo de 2015
23 de ABRIL , mes do LIBRO
Don
Quijote de la Mancha é unha novela escrita por Miguel de
Cervantes . Ten dúas partes, a primeira foi publicada en 1605 co
título de “ El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha ” e a
segunda parte apareceu en 1615 baixo o título de “ El ingenioso
caballero don Quijote de la Mancha ”.
Neste ano 2015 celebramos o IV Centenario da publicación
da Segunda Parte
O Equipo da Biblioteca en colaboración co
Departamento de Lengua Española
convídavos a participar na conmemoración
desta data .
As actividades que desenvolveremos son :
1.-Unha exposición sobre El Quijote visto por representantes da cultura.
2.-Unha exposición sobre El Quijote desde a óptica do alumnado de 3º de ESO.
E ademais ofrecémosvos a posibilidade de que poidades acceder ó texto de
EL QUIJOTE dun xeito diferente. Premede na imaxe e adentrádevos no mundo
dos cabaleiros da man de Cervantes.
Outra opción é coñecer a obra desde unha óptica divertida , con cómics, puzzles,
debuxos para colorear, receitas de cociña ...
Se premedes na imaxe teredes ó voso dispor actividades moi, moi LÚDICAS !!!
martes, 10 de febreiro de 2015
O ENTROIDO E AS MATEMÁTICAS
Este ano o Entroido do noso centro é moi, moi especial !!!
O Equipo de Dinamización da Lingua propúxolle á MEQUIÑA colaborar coa Biblioteca e poñer de moda AS MATEMÁTICAS !!!
Esta é a nosa MEQUIÑA !!! É a número 1 !!!
Estas son as súas propostas !!!
1º día : NÚMEROS
2º día : FIGURAS XEOMÉTRICAS
luns, 2 de febreiro de 2015
TALLER LÚDICO
ENTROIDO 2015
O Equipo da Biblioteca convídavos a participar no concurso de...
MÁSCARAS
DE
ENTROIDO !
Tedes á vosa disposición todo o material necesario . Só debedes poñer en marcha a vosa imaxinación e creatividade !!!
A actividade desenvolverase entre os días 6 e 11 de febreiro .
xoves, 8 de xaneiro de 2015
Premios da Cultura
Neira Vilas, o PEN e a Galería Trinta, Premios da Cultura
Agapi, Cándido Pazó, o Festival de Ortigueira, David Mackenzie e Marcelo Macías, galardoados
O
escritor Xosé Neira Vilas, a Galería Trinta, o actor Cándido Pazó,
o Festival de Ortigueira, a Asociación Galega de Produtoras
Independentes (AGAPI), o profesor David Mackenzie, o Grupo Marcelo
Macías e o Centro PEN Galicia son os galardoados deste ano cos
Premios da Cultura Galega, que constitúen un recoñecemento
colectivo á traxectoria e á calidade do traballo de persoas e
entidades a prol do desenvolvemento cultural.
Conformado
por representantes das principais institucións culturais e
profesionais independentes, baixo a presidencia do conselleiro de
Cultura, Xesús Vázquez, o xurado dos premios reuniuse onte na
Cidade da Cultura para determinar, entre un total de preto de 40
candidaturas, os galardóns das oito modalidades que conforman os
premios: Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Patrimonio
Cultural, Proxección Exterior, Música, Audiovisual e Lingua.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









