Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

xoves, 1 de decembro de 2022

25N -Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Inspirándose no lema das bibliotecas "Escribir a biblioteca" propuxemos ao alumnado a creación de frases e lemas para celebrar este día. 

O resultado, as frases e lemas creados,  vimos escrito nas pancartas e postais que o alumnado de plástica encargouse de decorar para levar na andaina.  

No acto da celebración, ademais de repartir os postais contra a violencia cara as mulleres,  puidemos escoitar tres alumnas do grupo de oratoria que aproveitaron para crear e ler un discurso alusivo ao tema. 





mércores, 23 de novembro de 2022

No cole en pixama! Día dos Dereitos da Infancia e Adolescencia. Día do Pixama


O último venres, día 18 de novembro, vimos como os alumnos e alumnas do Centro  lucían os seus pixamas, participando na iniciativa promovida pola ACOUGO para celebrar Día dos Dereitos da Infancia e Adolescencia. 

Para esta celebración,  a Biblioteca organizou unha exposición co material elaborado no desenvolvemento da proposta multidisciplinar  “Escribir o pixama” a cal contou coa implicación dos departamentos de Plástica, Lingua e Literatura Galega, Castelá,  Inglés e Francés. Podedes ver os detalles do proxecto picando en "Proxecto "Escribir o Pixama". 

O resultado do proxecto pode ser visto na exposición do Día do Pixama, en primaria e secundaria. Son paneis onde están representados nenas e nenos cos seus pixamas decorados, flotando por encima dos contos infantís escritos polo alumando nos distintos idiomas impartidos no centro. 

 , 


Día dos Dereitos da Infancia e Adolescencia. Día do Pixama


Todos de pixama no cole!

O venres, 18 de novembro, o alumnado, profesorado e persoal no docente está convidado a vir en pixama para participar na iniciativa promovida pola ACOUGO co fin de celebrar Día dos Dereitos da Infancia e Adolescencia. 
Para esta celebración,  a Biblioteca propón o desenvolvemento do proxecto “Escribir o pixama” e organizará unha exposición co material elaborado durante as clases de Plástica, Lingua e Literatura Galega, Castelá,  Inglés e Francés.
Os obxectivos son:
Difundir e destacar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO).
Traballar a escrita.
Traballar coa linguaxe visual e a ilustración.
Crear de maneira colaborativa un panel que represente  as  nenas e nenos cos seus pixamas decorados, flotando por encima dos contos infantís escritos polo alumando nos distintos idiomas impartidos no centro. 


xoves, 3 de novembro de 2022

Día de Neira Vilas

O día 3 de novembro celebramos no CPI o Día do escritor  Neira Vilas, que dá nome á nosa Biblioteca, e queremos celebrar tan importante data divulgando o talento galego.



mércores, 2 de novembro de 2022

UNHA PONTE DE MEDO









"Na biblioteca despedimos o mes de outubro con importantes celebracións!"

O Departamento de Galego brindounos con un magnífico traballo realizado polo alumnado do 1º e 2º da ESO para celebrar o Día das Escritoras e o  Día das Bibliotecas. Trátase de unha selección de portadas de libros das escritoras galegas coas sinopses. O libro-catálogo está en exposición na entrada da nosa biblioteca, onde pode ser manipulado.  Agora será máis fácil escoller un exemplar! 



sábado, 29 de outubro de 2022

Unha maravillosa visita

 Os alumnos e alumnas do 1º da ESO fixeron unha visita á biblioteca onde recibiron os seus carnés e unha charla dada polas profesoras Lidia e Bea sobre como encontrar os libros e información sobre o material que temos dispoñible.